Néstor Rego (BNG): "Se Galicia quere avanzar, só pode confiar en si mesma"
O candidato do BNG ao Congreso pola Coruña espera que "o bo momento" que vive o BNG tras os resultados do 28-M leve a obter grupo propio. "Eu creo que é posible", afirma
12 julio, 2023 05:00Representa a voz do nacionalismo galego en Madrid. O seu voto foi decisivo na investidura de Pedro Sánchez no ano 2020. Falamos de Néstor Rego, o candidato do BNG ao Congreso pola provincia de A Coruña, que afronta estas elecciones có obxectivo de manter a confianza de todos aqueles votantes do BNG nas eleccións municipais, e incluso poder medrar máis para así facer máis forte a voz de Galicia no Congreso.
Dende o 2020 a situación mudou e o BNG ten hoxe máis forza que hai catro anos. Así quedou claro tras o resultado do 28-M. Ese impulso do BNG nos comicios locais fan que esta nova cita electoral sexa asumida con máis ilusión. "Estamos nun bo momento", asegura Rego, que ve posible que o BNG logre representación nas catro provincias galegas e obteña un grupo propio no Congreso, o que permitiría que Galicia tivese unha voz máis forte en Madrid. A transferencia da AP-9, o AVE ou a aposta polas enerxías renovables son só algúns dos temas que tratamos con el nesta entrevista concedida a Quincemil.
Cal é o seu balance destes anos de goberno de Pedro Sánchez? Como lle foi a Galicia?
Eu creo que foi un goberno que lamentablemente decepcionou a moitas persoas polos incumplimientos tanto dos acordos asinados como dos seus propios compromisos e promesas electorais, que en moitos casos non sairon adiante ou ficaron a medias. Eu creo que iso é unha das chaves da desafección que provocou este goberno. E en relación con Galicia, o que hai que dicir e que as cousass que sairon adiante foron grazas a presión do BNG e a que seu voto foi decisivo na investidura, o que permitiu asinar un acordo que desbloqueou cuestións da axenda galega que levaban moito tempo esperando e que polo menos foron colocadas sobre a mesa, e algunas executadas ou en proceso de execución.
No caso da Coruña destaca a dragaxe da ria do Burgo, que levaba moito tempo esperando e que agora está xa en marcha, unha conexión ferroviaria co porto exterior ou os descontos da AP-9. Pero tamén é verdade que houbo incumplimientos, hai moitas cousas que continuan pendientes. O que constatamos ao longo deste tempo é que o Goberno español só atende aos problemas de Galicia se hai unha forza política como o BNG que os reclame e teña capacidad para facelos cumprir. Por iso apelamos neste momento a unha maior forza para oa BNG, cun grupo propio no Congreso. Non só se trata de arrancar compromisos a favor do noso pais e clases populares galegas, senon ter a capacidad de facelos cumprir; e iso significa mais votos no Congreso.
Que opina deste adianto electoral? Esperaba que puidese ter lugar?
O adianto electoral é unha competencia do presidente do Goberno español e que el exerceu entendo que en función do que lle interesaba o seu partido. Dende ese punto de vista, non temos moito máis que dicir. Mais é verdade que ao BNG este adianto electoral non lle preocupa, todo o contrario: parécenos que é adiantar a posibilidade de que Galicia este mais e mellor defendida, cun grupo forte no Congreso, tamén con representación no Senado. O BNG ven dunhas eleccións municipais nas que foi a forza política que más medrou, tanto en votos como en representación nas corporacións. Estamos nun bo momento e, por tanto, temos a perspectiva razoable de que ese incremento se vai producir de maneira importante nestas eleccións xerais. Que o noso pais lle vaia ben, vai depender fundamentalmente de que teña unha voz galega, libre, soberana, e con forza no Congreso.
Repite como cabeza de lista pola provincia de A Coruña. Como afronta este reto?
Con moita forza, ilusión, entusiasmo, precisamente porque se trata de dar continuidade con máis capacidade a un traballo que xa se iniciou. Nós hai catro anos comprometémonos cos galegos a tres cousas: ser a voz de Galicia no Congreso, a impulsar políticas sociais avanzadas e a servir de freo ao avance da dereita e da extrema dereita. E cumprimos. O voto do BNG foi decisivo na investidura, e iso evitou a posibilidade de acceso da dereita ao Goberno mesmo por medio dunha repetición electoral, mais é verdade que non demos un cheque en branco a ninguén, foi a cambio dun acordo en parte cumprido e en parte incrumprido; mais ao longo destes tres anos e medio non houbo problema deste país que o BNG non levase ao Congreso e puxese sobre a mesa e reclamase solucións.
Lamentamos sobre todo os incumprimentos do PSOE e de Unidas Podemos, agora Sumar, por exemplo en proxectos como non derogar realmente a reforma laboral do PP, só se derogou un punto e o máis irrelevante; de que non se derogase a reforma das pensións, senón todo o contrario, que se incrementasen novos recortes; de que non fose derogada a Lei Mordaza ou tamén, por exemplo, de que fallase no compromiso de que unha nova lei de memoria supuxese poñer fin a impunidade do franquismo, finalmente PSOE e Podemos non quixeron avanzar na derogación de dous apartados do artigo 2 da Lei de Amnistía que permitiría avanzar de maneira real en acabar coa impunidade do franquismo. Non foi así. Pero é verdade que o BNG cumpriu eses compromisos, e é o que nos da lexitimidade para dirixirnos ao pobo galego para pedirlle mais confianza no BNG para ter mais forza. Estamos convencidos que frente a esa escolla dicotómica que nos queren facer crer, de escoller entre dous bloques -o encabezado por Pedro Sánchez e o de Feijóo- vemos que en ningún destes dous bloques están os problemas de Galicia. O que se trata é de escoller o bloque que si coloca sobre a mesa as cuestións que interesan a Galicia, e ese é o BNG.
Unha das demandas pendentes é a transferencia da AP-9, que vai ter que esperar. Cando pensa o BNG que se vai poder materializar?
A transferencia da AP-9 é un deses exemplos de libro do comportamento bipolar das forzas de ámbito estatal, que votan unha cousa no Parlamento galego e fan o contrario en Madrid. A lei de tranferencia da AP-9 foi iniciativa do BNG, mais foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego, en varias ocasións, cando nese parlamento habia catro forzas políticas. Foi defendida no Congreso por un representante de cada forza política e aprobada a trámite en febrero de 2021. E a partir de aí, durante dous anos, PP e PSOE estiveron con tácticas dilatorias para ir retrasando a tramitación da lei, que era tan simple que podía ser aprobada en dous meses. De feito, mentras, o PP presentou numerosas enmendas e o PSOE, presentou menos enmendas; pero todas elas deturpaban o sentido orixinal porque cambiaba o que era a transferencia da infraestrutura pola transferencia só da xestión, en non era iso o que se aprobaba.
Nós non presentamos enmendas para ser respetuosos coa decisicón unánime da Cámara galega, e reclamamos a PP e PSOE que retirasen as sus enmendas. Non o fixeron durante dous anos, pero é verdade que o PP si accedeu a facelo no último momento, en abril deste mesmo ano, cando xa non había tempo para iniciar a tramitación; e o PSOE nin así. A responsabilidade de que non se teña producido a transferencia da AP-9 é do PP e do PSOE. E a opción de que a próxima sexa a vencida é precisamente que o BNG teña máis forza para defendelo e conseguilo.
A prolongación do AVE máis aló de Ourense é outra vella demanda pola que Galicia está a esperar.
Para nós ese retraso é un exemplo do incumplimento do Goberno español con Galicia. Nós sempre reclamos axilidade, pero non caemos nunha desa dialectiva de confrontación do PP co PSOE, cun interese electoralista. Porque non hai que centrarse só nos trens Avril, temos moitos outros problemas co transporte público, en concreto do ferroviario, e do que o PP non se acorda nunca. En concreto a modernización de toda a rede ferroviaria interna. Así, entre os proxectos que figuraban no acordo de investidura que están en execución esta, por exemplo, a modernización da liña entre Lugo e Ourense; pero tamén estaba a modernización da liña entre A Coruña e Lugo, entre A Coruña e Ferrol, a saída sur de Vigo….
E especialmente o servicio de cercanía nas áreas urbanas e metropolitanas. Este é un caso clarísimo de discriminación. Somos prácticamente a única comunidade autónoma, e dende logo a única con áreas de máis de medio millón de habitantes, que non ten servicio de cercanías. Imaxinemos simplemente nunha área como a da Coruña, coa conxestión de tráfico diario para entrar e sair da cidade, que hai un bo servizo de cercanías que boa parte desas persoas que se ven obligadas a usar un vehículo particular puideran utilizar un transporte público. Sería magnífico, por iso pedimos que se poña fin a esta discriminación.
Galicia aposta polas enerxías renovables, co desenvolvemento de parques eólicos e tamen cos avances na ecólica mariña. Pero, precisamente, o BNG mostrouse contrario a esta última polos efectos que puidera ter na pesca. Cal é o plan do BNG?
Nós cuestionamos de base un modelo que é insustentable dende o punto de vista ambiental, e ademais é un modelo agresivo e perxudicial para o noso país. Non é un modelo que esté pensado no interese social, senón nas grandes empresas do oligopolio eléctrico. Hai que saber que nós producimos máis enerxía da que consumimos e enviamos en torno a un terzo para fora, mais tamén xa producimos máis enerxía de fontes renovables (da orde de 1.000 xigavatios) da que consumimos internamente; polo que xa estaríamos cumplindo os criterios da UE para o ano 2030. Pese a iso, temos máis de 300 proxectos de enerxía eólica que afectan o noso territorio, ademais dos de eólica mariña. Nós apostamos por outro modelo, o de xeración distribuida, que é a menor escala, mais proxima os centros de consumo para evitar esas grandes líneas de evacuación e os impactos que producen. O apoio ao autoconusmo, as comunidades enerxéticas locais.. Que pasa? Que este é un modelo que favorece as grandes enerxéticas, pero faina a custe de impacto ambiental, socioeconómico (no sector da pesca, gandeiro…) e patrimonial, coa desvalorización das propiedades. Todos esos impactos nin sequera son compensados con que quede algo en Galicia, porque os beneficios van para fora, fundamentalmente para Madrid, os impostos páganos en Madrid; e aquí quedan as migallas, que é o imposto municipal e a destrucción do noso territorio. Hai que cambiar o modelo. Estamos a favor da transición ecolóxica, pero cun modelo diferente no que Galicia se beneficie. Como? Por medio dunha tarifa eléctrica galega, que baixe un mínimo dun 33% do precio da enerxía ás familias e ás empreas.
En relación a eólica mariña, partindo de que producimos mais enerxía da que consumimos e de que ainda temos 300 parques eólicos en tramitación, parécenos que non son necesarios esos parques de eólica mariña. E ademais teñen un impacto tan negativo que non compensa. Non estamos dispostos a sacrificar un sector productivo como o da pesca, do que viven millares de persoas, para maior beneficio das empresas eléctricas.
Por último, hai una cuestión que pasa moi desapercibida, a capacidade de xeración que está prevendo o Estado español excede as necesidades do propio Estado. Pretende converter o Estado español na pila enerxética de Europa. É razoable que sacrifiquemos os nosos sectores productivos para que as grandes eléctricas teñan maior beneficio portando enerxía para outros países de Europa? Pois sinceramente parécenos que non.
O BNG quere impulsar un novo sistema de financiación
Non é nada novo, e un sistema que teñen en País Vasco e Navarra dende hai moitos años. Navarra é primera comunidade autónoms e a vasca, a segunda, en estándares de nivel de vida. Consiste en que Galicia teña a capacidade de recadar todos os impostos, tamén capacidade normativa, que poida establecer as prioridades en que destinar ese recurso, e en todo caso negociar co Estado español a cuantía que debe transferir en función deses servicios que se consideran comúns. Galicia tería a chave dos cartos e iso significaría máis recursos. Entre os impostos que o Estado recauda na Galicia é o que despois devolve o noso país, hai entre 3.000 e 4.000 millóns de euros de diferencia. Tamén está o efecto sede, as empresas que operando en Galicia a pagan os seus impostos en Madrid, e iso haino que ter en conta porque é de xustiza reclamar que o que pagamos os galegos acabe rebertendo na mellora da calidade de vida dos galegos.
Tras o 28-M, o BNG ten maior presencia que fai catro anos. É un adianto do que se espera para esta eleccións? E posible ter ese grupo propio no Congreso?
Eu creo que é posible. Estamos nun bo momento. Temos non só enquisas que acompañan esa tendencia, á alza, se nón esa percepción social de que hai unha corrente de simpatía co BNG. Eso fai perfectamente crible que o BNG teña ese grupo e teña representación en todas as provincias. Se facemos unha extrapolación do resultado das eleccións municipais, automáticamente teríamos catro representantes, un por provincia, e moi preto do quinto, que sería o da provincia da Coruña. Sabemos que as extrapolacións son sempre complicadas porque as dinámicas son diferentes, pero neste caso con tal proximidade entre eleccións, podemos considerar que se unha persoa confiou no BNG no 28 de maio por que non vai seguir confiando nas do 23 de xullo. Estamos convencidos de que o vai facer. Imos traballar para afianzar esa tendencia e incluso gañar novos votantes.
Se falamos das eleccións municipais, aquí na Coruña foi moi comentada a postura do BNG por culpar o PSOE de non formar un bipartito. Cree que lle pode pasar factura o BNG na Coruna nestas eleccións?
Eu creo que non. Eu toda a información que teño tras falar con Jorquera é a única responsabilidade de que o BNG non entrase no goberno é do PSOE que denden o primero momento dixo que prefería gobernar en solitario, que é completamente lexítimo. O que non é tanto é que pretendan trasladar a responsabilidade a outros. Eu supoño que moitos votantes do BNG querían ver o BNG no Goberno da Coruña, eu estou convencido ademais de que sería magnífico porque suporía avances claros para a cidade. Pero xa se sabe que dous non acordan se un non quere. Nós en todo caso, na Coruña seguimos centrados no que é unha axenda da cidade que xa temos trasladado o Congreso. É fundamental, por exemplo, o futuro dos terreos do porto interior. Nós levamos a todos os orzamentos xerais do Estado iniciativas específicas para que o Goberno compensanse a débeda do Porto da Coruña, porque ademais parécenos inadmisible ese agravio comparativo tendo en conta que en orzamentos anteriores se consignaron más de 400 millóns de euros para condonar a débeda do porto de Valencia. E aquí estamos falando da metade, de 200 millones para compensar un débeda que non foi por ningún evento deportivo, senon pola construcción do porto exterior. Esa compensación tense que producir porque dispor de estos terreos sería fundamental para A Coruña do futuro.
O BNG foi clave na formación do Goberno de Pedro Sánchez fai catro anos. Cal vai ser a posición no caso de que necesite o apoio do BNG para a investidura? E fixarán liñas vermellas?
Non se trata de poñer liñas vermellas, senon de poñer a axenda galega sobre a mesa e esixir plazos para ir verificando o seu cumplimento. Temos a experiencia de que o PSOE pode acordar cando precisa os votos, pero tamén ten mala memoria cando nos os precisa. Por iso facemos fincapé na importancia dese grupo galego. Non se trata de que o voto do BNG sexa determinante na invesditura, e eu aseguro que se o son é evidente que de ninguna maneria o PP coa ultra dereita vai acceder o Goberno. E unha garantia do BNG que xa cumprimos no pasado. Pero queremos compromisos claros e firmes, e prazos de cumprimento co noso país. Como? Se o BNG en lugar dun diputado ten 3,4 ou 5, os seus votos serán necesarios para aprobar leis e orzamentos, e iso significa capacidade de presión para que eses compromisos se cumpran
Que aprendeu Néstor Rego nestes últimos anos?
Foron catro anos moi intensos, cun escenario moi convulso e tamén cheos de aprendizaxes. A min serviume para coñecer máis a realidade do noso pais e as alternativas e as solución que precisan. Non podo dicir que me servise para coñecer o comportamento de certas forzas políticas porque xa o tiña suficientemente aprendido, pero si para algo que é fundamental: se Galicia quere avanzar, só podo confiar en si mesma; non pode esperar a que alguén de fora resolva os seus problemas. Se Galicia quere avanzar temos que ter a capacidade de decidir por nós mesmos, porque é evidente que cando outros deciden por nós en Madrid, moitas veces, é en contra. É unha lección fundamental.