Después de un homicidio, lo más importante "sin comparación" para ella es un delito sexual y así lo ha dejado claro con la elaboración de un nuevo protocolo de actuación sobre este tipo de sucesos para la justicia gallega. Hablamos de Ana López-Suevos, magistrada titular del Juzgado de Instrucción número 1 de Santiago de Compostela, que hace una serie de propuestas que han sido difundidas como documento, ya que no se puede imponer a los magistrados porque no es una norma jurídica.
La autora apunta que al menos en la comisaría compostelana el comisario hizo un documento interno para que se cumpliesen las pioneras normas que propone en cuanto a estos delitos, además de que los servicios sociales también han asumido una gran mayoría de ellas. Sobre el origen de su necesidad para crear este protocolo, reconoce que lo hizo porque "había moitísimos casos de delitos sexuais e todos os actores implicados estaban a facelo mal".
Los delitos sexuales pueden comportar penas de hasta 15 años para los autores y en este contexto la magistrada alerta de que "as novas tecnoloxías e sustancias abriron un abano de delitos moi violentos e moi numerosos sobre todo en xente nova que antes non existían". "Non é que se denuncie máis, estou convencida de que estos delitos aumentaron exponencialmente", apunta.
El protocolo está adaptado a enfrentar tipologías de delitos y delincuentes que, según ella, no existían con anterioridad, y pone como ejemplo los casos de sumisión química (unas sustancias que subraya que no existían hace 50 años) y los delitos "con enorme violencia e vexación" que se producen entre personas que fijan citas a través de las redes sociales.
La magistrada, que tomó posesión en 1997 y cuyas sentencias siempre han sido íntegramente en gallego porque destaca que es el idioma en el que vive, ha detallado para Quincemil los principales puntos del protocolo elaborado por ella misma.
"Á vítima dun delito sexual se lle causa un dano psíquico tremendo"
¿Por qué decidió elaborar este protocolo, piensa que había fallos en torno a esto en el actual sistema judicial?
Eu levaba desde 2017 moi preocupada polo incremento do n´´umero de delitos sexuais, que era exponencial, e vía moitos fallos de coordinación entre a policía, a fiscalía e os xulgados. Na miña opinión iso daba lugar a investigacións ineficaces e a que se crease unha victimización secundaria ás víctimas moi intensa. Estas foron as motivacións fundamentais que me levaron a propoñer o protocolo.
O TSXG encomendou ao maxistrado Ignacio Picatoste que emitise un informe sobre o protocolo e mandáronme un acordo para felicitarme e comprometéronse a difundilo por todos os xulgados penais e de instrucción de Galicia. Difundiuse como documento pero non pode ser obrigatorio porque é un protocolo de actuación que non se nos pode impoñer aos xuíces porque non é unha norma xurídica. Na comisaría de Santiago me consta que o comisario fixo un documento interno para que se cumprise o protocolo e nos servizos sociais sí que se asumiu.
Objetivos principales del protocolo y aspectos clave para la ayuda de las víctimas
Hai unha primera parte moi técnica que ten relevancia porque é a dos médico forense. Se marcan os tempos nos que se deben facer exploracións xenitais ou non e cando se debe prescindir diso. Isto é clave, porque unha exploración xenital nunha vítima é moi dura e non se deben facer por sistema e é algo importante que debería saberse nos hospitais e na policía.
Tamén é relevante que se lle fagan as probas de enfermidades de transmisión sexual ao investigado para evitar que a vítima teña que tomar un tratamento profiláctico durísimo. A parte que ten que ver co acompañamento psicolóxico da persoa e a actuación das oficinas de atención á vítima é fundamental, porque todo iso leva a reducir a victimización secundaria.
O que persegue é evitar que a víctima declare en sede policial e sede xudicial, para que non contamine o relato e non victimizala. A parte final do documento explica como practicar unha proba preconstituída sobre todo con menores e persoas con discapacidade psíquica, algo relevante porque non se está facendo en toda Galicia.
A filosofía do protocolo é que a unha vítima dun delito sexual se lle causa un dano psíquico tremendo, pero pode superalo sempre que se lle acolla ben no procedemento, que se lle acompañe e lle sexa ofrecida asistencia terapéutica. Se todo iso non pasa, por experiencia sei que a vítima queda destruída para sempre, porque ademais do dano psíquico do delito co proceso policial e xudicial a destrúes. Unha das finalidades era evitar isto.
En el protocolo pide recuperar el de 2014 sobre actuaciones hospitalarias previas y sobre la actuación de los médicos forenses, que esto sea asumido por el Sergas y que el IMELGA asuma este protocolo también. ¿Por qué?
Esto se fixo con un grupo de traballo e esta parte foi unha achega dunha médico forense que constatou que se deixou de usar este protocolo, entonces entendimos que debería reactivarse porque é o idóneo para estos casos. Hai que marcar os tempos porque cando pasan determinados días non teñen sentido as exploracións e en determinada franxa temporal pode non ser factible a exploración xenital pero sí outro tipo de probas relacionadas cos peitos, o pescozo…
Está todo moi marcado, para que todos os profesionais saiban que teñen que chamar ao forense ou se non hai conseguir outro tipo de probas biolóxicas, para unha maior eficacia e para conseguir o ADN do autor do delito e que nos permita a posterior identificación. Tivemos un caso a semana pasada, él accedeu e a rapaza evitouse tomar unha bomba de medicación, son coma 20 pastillas ao día, e une iso a que te rematan de violar e non sabes se tes sida ou outra cousa porque o agresor négase a facer ás probas e vaise pola vía profiláctica.
Para evitar iso, propoño que se solicite consentimento en sede policial ou xudicial, que o forense realice as probas se consinte o autor e xa se lle comunican á vítima os resultados. En Santiago comezouse a facer e penso que no resto de Galicia igual.
En el protocolo propone asistencia jurídica para las víctimas. ¿En su trayectoria como magistrada se ha encontrado con casos de personas desamparadas que sufriesen abusos o que no pudiesen hacer frente al proceso judicial económicamente?
Pode haber casos nos que o Ministerio Fiscal decida non acusar, que o xuíz continúe adiante co procedemento e que o fiscal decida non acusar, polo tanto a vítima se non ten avogado e procurador non pode formular a acusación se non se recoñece a xustiza gratuita. É importante que se asigne esta asistencia xurídica gratuita desde o primeiro momento porque así teñen este apoio desde o inicio do proceso. Agora está isto recoñecido para os menores abusados e maltratados pero para os adultos non.
Non podemos facer máis que o protocolo, pero sí está asinado polo Colexio de Abogados de Santiago de Compostela, entón eles fan máis presión co Ministerio de Xustiza e cos demais colexios de avogados para introducir esta reforma legal. Isto ríxese por lei e ten que ir ao congreso, sen embargo introducimos no protocolo suxestións que nos parece importante que se asumisen.
Propone que sería bueno que el IMELGA llevase un registro de agresiones sexuales en Galicia. ¿Cómo se hace el recuento actualmente?
Temos que ver si finalmente isto se pon en marcha porque estamos a ter problemas coa protección de datos, dado que ten que haber un administrador do rexistro. Ata o momento o que se pretendía era que os médicos forenses introduxeran esa información nunha base de datos para que saltase a alarma con autores de delitos sexuais itinerantes ou manadas que repetiran a mesma dinámica en varios partidos xudiciais, e desta maneira os forenses ao acceder a esta base de datos puidesen ter esta información.
Este reconto xeral non se fai, depende de cada xulgado e non hai unificación de datos. Sobre os delitos sexuais en Galicia nos últimos anos, non é que se denuncie máis, é que estou convencida de que aumentaron exponencialmente seguro, non teño dúbida. Baséome en que a tipoloxía de delitos e delincuentes que hai agora non existían con anterioridade, o tema da sumisión química non existía nin hai un século nin hai 50 amos porque non existían nin as sustancias nin maneira de acceder a elas. Outros son os delitos sexuais que se producen en persoas que quedan a través de redes sociais con enorme violencia e vexación, algo que non existía antes da aparición das redes sociais.
O campo das novas tecnoloxias e sustancias abreu un abano de delitos moi violentos e moi numerosos sobre todo en xente moi nova que antes non existían. Hai décadas estaba o típico delincuente descoñecido que te pillaba nun descampado por exemplo, e os delitos intrafamiliares, de autores que son persoas que integran a familia ou persoas cercanas como monitores, sacerdotes, mestres…
As persoas con discapacidade psíquica tamén no ámbito familiar ou na veciñanza tamén sufren estes abusos nalgúns casos. Existe un número elevadísimo de novos delitos, teño partes de varias sumisións químicas que me chegan dunha soa discoteca. Son moi habituais as agresións sexuais en cita, o que quere dicir que quedas cunha persoa para coñecela ou manter relacións sexuais e neste contexto prodúcese o delito sexual. O grupo máis vulnerable son os máis novos e hai pouco coñeceuse o dato que este tipo de delitos onde máis aumentaron foi en Santiago.
Unha explicación para isto é porque é unha cidade universitaria. Por isto creo que a universidade debería implicarse e crear dispositivos de asistencia ou asesoramento ás víctimas e o propuxen en Santiago e noutros centros universitarios de Galicia. O ámbito universitario é un caldo de cultivo disto, porque as rapazas saen, son libres e querer disfrutar. Xente nova que queda polas redes para coñecerse ou ter sexo ás veces iso acaba en violación. Ter unhas oficinas de igualdade onse se faga un mínimo asesoramento ou promover xornadas sería o ideal e a UDC foi moi receptiva a esta proposta, en Santiago non. As rapazas están perdidas, non saben onde ir cando pasan estos temas, teñen medo de ir á comisaría…
¿Cree que una gran parte de las agresiones sexuales producidas en Galicia no se denuncian por miedo, verguenza o sensación de culpabilidad?
Sí, hai vítimas que non se identifican como tales. Por exemplo, todas aquelas que tiveron un ataque sexual por estar en situación de inconsciencia por consumo de alcohol ou drogas non se consideran vítimas porque culpabilízanse. A sensación de vergoña e falta de apoio social para continuar cosa denuncia é palpable, moitas veñen ao xulgado e non conseguimos que denuncien.
Un estudo da universidade de Cataluña, concretamente unha sondaxe entre as universitarias, concluíu que de todas as que foron vítimas de delitos sexuais só denunciou o 10%. O Estado español debería facer un estudo moi serio sobre de qué cifras estamos falando de delitos sexuais, a pouco que se faga un estudio serio ímonos asustar. O único que se rexistra é o que se denuncia na policía e nos cuarteis da Garda Civil e nos poñen en coñecemento de delitos sexuais as oficinas de atención á vítima, os servizos sociais, os institutos…
Non todos os casos se denuncian e noutros como os de persoas con discapacidade psíquica ou menores, moitos son incapaces de denunciar ata moito tempo despois da agresión. Estou segura de que a cifra total de casos é arrepiante.
Proceso psicológico que pasa la víctima tras la agresión (denuncia, contar los hechos…) y proceso psicológico de las víctimas durante el proceso judicial
Está totalmente descoidado, ata agora unha vítima vai a un cuartel ou a unha comisaría sen asistencia psicolóxica ningunha e conta diante do axente todo o horror que tivo que pasar. Ó mellor te acaban de violar e tes que contar todo iso e no xulgado o tes que repetir posteriormente con pelos e sinais e os avogados te interrogan nunha sala de vistas, cos fiscais e os xuíces e no xuízo volves a contalo.
Hai xente que non é capaz de abrir á boca sobre o que ocorreu nunha sala diante de varias persoas que che piden detalles. No protocolo introducimos que nada de declarar en comisaría, senón directamente no xulgado a vítima cunha psicóloga nunha sala aparte por videoconferencia ser ver ao xuíz. Así é un ambiente menos hostil e as dúas salas están interconectadas.
Sempre me reúno coa persoa e a psicóloga para explicarlles o que vai pasar, cales son os pasos a seguir, detallar que non vou permitir preguntas de natureza sexual ou que afecten á súa intimidade se non é relevante para o proceso. Pódense sentir cuestionadas e non admito ningún ataque á vítima polos avogados, porque ás veces confúndese o feito de defensa co de destruir á vítima. Todas estas precaucións a min me levaron á conclusión de que dentro do mal que se pasa, a vítima pode pensar "xa me liberei, quedei tranquila…" e todo o sufrimento lévase doutra forma.
En Santiago se está ultimando la denominada Sala Gesell para declaraciones de menores, ¿en qué consiste?
Trátase dunha sala acondicionada para os menores onde a vítima está coa psicóloga forense e a psicóloga de atención vítima, un ambiente menos hostil para o pequeno. O espazo está decorado para eles con motivos infantís, non sei se existe noutras cidades, pero nos xulgados de Galicia en xeral e os do rural non existe, nin tampouco oficinas de atención á vítima, en Santiago somos privilexiados.
Estas oficinas só están nas cidades grandes de Galicia e queremos que este servizo estea en todas partes, porque agora hai vítimas de primeira e de segunda.
Futuro do protocolo
Neste momento estou pendente de a ver se se implanta dalgunha das formas e actualmente estou activa dando charlas, conferencias, cursos e no tema do activismo e concienciación da envergadura do tema, porque non se coñece suficientemente a problemática na que estamos. Non teño nada claro que o protocolo váiase a implementar ou aplicar, se así fóra sería un éxito, de momento estou na liña de formación e divulgación.
Veía que había moitísimos casos de delitos sexuais e que todos facíamolo moi mal. Asusteime de cómo estábase desenvolvendo todo, un desastre: as vítimas destruídas, os autores sen localizar, as investigacións ían mal…Non se lle daba a importancia e a relevancia que ten a esta problemática, o tráfico de drogas e os robos con forza eran máis importantes por exemplo.
Depende do delito pero as penas por delitos sexuais poden ser de entre 12 ou 15 anos, por iso non entendín que as autoridades non lle desen prioridade e ten que tela total, pero non a tiña nin a ten. Non concibo que os casos queden impunes porque investiguemos mal, hai que asegurarse de que os autores destes delitos sexan condenados. Neste senso mellorouse moito porque todos os operadores destes procesos estamos máis implicados.