Xosé Ramón Gómez Besteiro leva case un ano sen parar. Dende o arquivo de todas as causas abertas contra el e o seu retorno á política fai apenas once meses, o que fora presidente da Deputación de Lugo non deixou de moverse: primeiro delegado do goberno en Galicia, máis tarde cabeza de lista do PSOE por Lugo o 23-J, e poucos meses despois candidato á Xunta de Galicia. Este lucense, que tivo a honra de ser a primeira persoa en usar o galego oficialmente no Congreso dos Deputados, atópase ante a oportunidade que a xuíza Pilar de Lara lle quitou inxustamente hai oito anos: presentarse a presidente da Xunta de Galicia.
Tras un axitado día que concluíu na Coruña cun mitin acompañado de líderes do PSOE local e do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, Besteiro atendenos á última hora da tarde co rostro feliz de quen ama a política e volve ao ruedo.
Cómo se sinte ao volver a primera líña política? Esta semana, no debate, veíasete ledo, encantado.
Si a verdade é que, bueno, o decía Zapatero, volvo como cando o deixei, coa a mesma ilusión, coa mesma ambición. Eu creo que cando disfrutas da política, salvo eses días que son máis tristes, o resto son moi alegres. Eu asúmoo así, a min gústame a política.
Cal é a súa proposta para Galicia? Que faría nos seus cen primeiros días de presidente?
Bueno, eu estou centrándome en tres pilares fundamentais. Primeiro, unha economía máis forte que xenere máis empregos. Fundamentalmente da man da reindustrialización e da enerxía. Creo que alí podemos medrar moito e ter máis capacidade que nos faga medrar catro puntos no PIB, para así chegar á media da capacidade industrial de España. Falamos dunha horquilla de case 40.000 empregos.
Pero tamén falo de dereitos, e a aplicación directa neses primeros meses que comentas creo que ten que ir principalmente dirixida á sanidade. Eu creo que o que necesita é ese foco de atención para virar a situación coa que se está atopando, sobre todo a atención primaria. Ese plan de choque da sanidade creo que debe ser unha das cuestións prioritarias. Máis emprego, máis dereitos relacionados cos servicios públicos, e tamén falo da ambición de país. Porque os vindeiros anos van a ser anos onde temos que demostrar en que posición estamos, que peso y que protagonismo queremos ter, non solamente en Galicia como comunidade, senon tamén no escenario de España e de Europa.
Aposto por que Galicia esté nos foros onde se vai discutir a financiación autonómica, onde se van decidir cousas como a nova fornada de fondos europeos, que van a vir de forma distinta a través do BEI. Ese protagonismo de Galicia para mi é esencial neste momento, incluso desde o punto de vista económico e comercial.
Falando de sanidade, o pasado domingo participou unha manifestación de defesa da sanidade pública e nela comprometeuse a que os galegos tivesen unha cita co médico de atención primária en menos de 48 horas, e non en 15 días como di que ocorre agora. Como sería posible lograrlo e cale a vosa proposta?
Estes quince anos reflexaron varias cousas. Primeiro, que as inversións non foron suficientes, por tanto evidentemente houbo unha desviación, unha falta de inversión no que é o montante da sanidade pública. Dous, creo que houbo unha mala organización. Creo que hai que replantearse cuestións como as áreas hospitalarias, se realmente produciron os efectos que se pensaban. Eu creo que non, non se produciron. E tres, o gran damnificado desta operación na sanidade pública foi a atención primária. Por tanto, inversión, organización e planificación deben ser tres conceptos que se deben conxugar para mellorar a situación. Pero evidentemente a inversión ten que ser prolongada no tempo. Pero si, ese plan é o que vai dirixido directamente a atención primaria.
Outros grandes problemas no día a día dos galegos é a vivenda, particularmente nas cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. Que medidas plantexa o PSOE para tentar solucionálo?
Bueno, eu creo que hai dúas cuestións fundamentales. Primeiro, hai parte do parque de vivendas que non está sendo utilizado, por tanto, deberíase utilizar. Nalgúns casos e porque non se pode utilizar, é dicir, necesita rehabilitación. Por tanto, as liñas de rehabilitación das vivendas é unha tarea esencial. E, dous, hai que facer máis promoción pública de vivenda. Por botar números, porque estamos en época de balance, e eu creo que é bo ter cifras para contrastar, nos últimos 15 anos, a oferta de vivenda pública foi praticamente inexistente.
En 15 anos se fixeron 5.000 vivendas. Non parece un obxetivo moi ambicioso, non? E, sin embargo, se o comparamos coas que se executaron entre 2005 e 2009, pois o resultado é de casi máis de 10.000 vivendas. Por tanto, en catro anos se construiu o dobre do que se fixo nestes últimos 15 anos. Eu creo que recuperar ese impulso de 2.500 vivendas ao ano nos permite, sobre todo en zonas que están moito máis saturadas, dar cumprimiento e acoplarnos aos plans tamén que van a desarrollarse a través do Estado para a lei de vivenda pública. Por tanto, hai que aproveitar ese impulso e esa financiación que vai a vir. Nas grandes urbes ten que haber máis promoción de vivenda pública e, noutros espacios, ten que haber máis rehabilitación de vivenda, máis posta a disposición de vivenda. Non solamente ten que ser a travé da venda, senón tamén do alquiler. Hai que facilitar, incluso fiscalmente, ese tipo de iniciativas para poñer esa vivenda a disposición.
Outro dos temas da campaña está sendo a política enerxética, as enerxías renovables, e como aproveitar os recursos que ten Galicia para eles. Cales son as ideas do PSOE neste campo?
Primeiro, apostar decididamente. Isto parece unha cuestión obvia, pero non é tan obvia, porque nos últimos quince anos, o primeiro tramo deses quince anos foi o do parón eólico en Galicia, Alberto Núñez Feijóo frenou o impulso das energías eólicas. Eu recordo que no ano 2009 éramos punteiros na producción de enerxía eólica en España. Hoxe estamos no posto número 4, paréceme. En todo caso, sendo Galicia como é un territorio enerxético, a enerxía vai moi vinculada á proximidade coa industria. É dicir, que a producción de enerxía de renovables, básicamente, que non é solamente eólica, é tamén a hídrica e a biomassa que se xunta en Galicia, nos pode poñer a niveles de case estar no 70% de producción de consumo actual hoxe, sen contar as enerxías de respaldo que hai no mix energético.
Pero o que si é verdade é que esa producción de enerxía vai atraer industrias, porque efectivamente as industrias van estar cerca de onde se xenera esa enerxía. Coa enerxía eléctrica, no seu traslado hai unha perda importante, de entre o 10 e o 15%. Por tanto, os prezos de enerxía cerca da producción van favorecer a implantación da industria.
E iso como se vai hacer? Primeiro, zonificando toda Galicia dunha forma clara e pública. Segundo, incorporando a través de sociedades públicas, non como a de Rueda, que é público-privada. Eu creo nunha sociedade pública onde non soamente interveña a Xunta de Galicia, senon tamén concellos e as propias comunidades locais. E esa sociedade que vai facer? Vai impulsar, respaldar e apoiar proxectos para entidades privadas, pero cun protagonismo desta sociedad pública, que non significa que teña que absorber todos os beneficios. Impulsaremos os proxectos que consideramos estratéxicos, e alí entra a producción de enerxía eólica, a investigación da enerxía eólica mariña e outros temas relacionados dos que hai que falar. En definitiva, para nós o impulso da industrialización vai vinculado á enerxía, é un pacto que forma parte do noso proxecto e unha das prioridades.
Outro dos temas desta campaña é o da demografía da Galicia, por dúas partes. Hai un saldo vexetativo moi malo que se compensa coa migración, e por outra parte os xoves siguen tendo que marchar de Galicia. Cales son os planes para fomentar o crecemento demográfico, que a xente non teña que marchar e que os que marcharon volvan?
Hai que producir riqueza ou atraer riqueza. Non hai outra forma de asegurar o futuro da xente nova que producindo empregos, e empregos de calidade. A discusión é que tipo de salarios se van a estar pagando en Galicia, e eu creo que a reindustrialización vai a traer consigo salarios máis altos. Nese sentido, van ser moito máis atractivos.
Pero o reto demográfico implica máis cousas. Hai dúas cuestións que creo que son retos de país. Primeiro, a implantación plena total da igualdade. En todas as esferas da Xunta de Galicia hai que traballar pensando na igualdade E dous, o reto demográfico. Non ten que haber unha consellería, todas teñen que estar implicadas en elo. Reto demográfico significa impulsar servizo públicos onde non os hai, porque se non é a pescadilla que se morde a cola. Hai que darlle unha certa volta ao calcetín, hai que impulsar servizos públicos e residencias públicas, levar a fibra óptica e internet a cada recuncho de Galicia, sobre todo á Galicia interior. Ainda que a regresión demográfica tamén se nota nas provincias da Coruña e Pontevedra, é máis intensa en Lugo e en Ourense. Somos menos, pero ademais somos maiores, e demandamos máis servizos. Iso hai que telo en conta nos costes da administración.
Falábamos antes dos médicos. Que planificación hai para a súa xubilación? Cantos operativos imos ter? Canta xente imos ter de hipotéticos pacientes? Iso requiere dunha planificación, pero sobre todo hai que levar servizos e xenerar riqueza, non hai outra receta a longo prazo. Por iso as políticas de demografía non ocupan un mandato, pero si que teñen que ser asumidas como un reto de país, porque se non, a nada que se perda impulso, o retroceso é de anos.
Dentro do plan de reindustrialización que estás a comentar, é un feito que a maior parte da población e riqueza de Galicia está no eixo de Ferrol a Tui, principalmente na Coruña, Santiago e Vigo. Dentro do que é a reindustrialización, tedes un plan por territorio para focalizar os recursos?
Si, por exemplo, no que é Lugo e Ourense, a potencia da industria agroalimentaria é fundamental. E hai outra, a industria forestal. Tanto unha como a outra teñen un problema serio. Producimos leite e levamos camiño de ser a reserva láctea de España, con máis dun 50% da producción. E en producción forestal é o mesmo. E sen embargo, parece que producimos leite e compramos iogures, producimos madeira e compramos mobles. É dicir, falta a transformación. Está saíndo moita madeira para oriente, en China estanse montando empresas transformadoras de madeira. Ese proceso hai que invertilo, e hai que invertilo non solamente desde o punto de vista industrial, se non tamén desde o sector primario. Hai que xestionar mellor o monte que temos. A productividade da nosa masa forestal é moi baixa, salvo con especies como o eucalipto, moi dirixido a un determinado tipo de industria. Pero a verdade é que esa industria do eucalipto trasládase a outros centros de producción, polo tanto o valor engadido non se queda aquí.
Co leite pasa un pouco o mesmo. Durante os últimos quince anos non houbo un espazo para un proxecto industrial galego onde se faga queixo, se faga iogur, se sintetice proteína, se faga suero… bueno, un proxecto industrial de calado. Requírese un impulso para as empresas de tipo cooperativa para que dean un salto de producción industrial. Xunto coa industria turística e o potencial loxístico e de transporte de mercancías, xuntanse moitas posibilidades nesas dúas provincias. O peso industrial non so ten que estar no corredor atlántico, senon estar tamén no interior de Galicia.
E dentro do corredor atlántico, cales son os planes para potenciar cada unha das cinco cidades?
Os PERTEs estratéxicos marcan un pouco as prioridades. Marcan as prioridades do naval en Ferrol, e non solamente do naval, senon tamén no mundo da enerxía eólica. Podemos falar do cluster da defensa nacional, da industria militar dos asteleiros, e tamén de todas as empresas asociadas. Na construcción dunha fragata poden estar traballando ata 160 empresas da zona.
A gran Coruña está moi vinculada á industria textil, agora a áreas do coñecemento e a intelixencia artificial. O mundo do sur está vinculado á empresa automovilística pero tamén ao mundo da transformación, ao naval civil e á industria manufacturera da conserva… son industrias que xa son históricas.
Unha das acusacións de Rueda ao goberno central, que leva dicindo prácticamente desde que foi investido no ano 2022, e que os fondos europeos para Galicia están bloqueados. Cal é o teu punto de vista desta polémica?
O outro día sairon unhas cifras de xestión de proxectos. Cando vemos a execución de fondos, a responsabilidade do 60% depende das comunidades autónomas. Os fondos europeos son a maior expresión de cogobernanza dos últimos 40 anos de democracia. Recíbeos o Estado pero son transferidos ás comunidades autónomas, que son responsables da súa execución. Algúns dos proxectos xa recibiron axudas e hai outros, como o de Altri que tanto sinala Rueda, que requiren dunha documentación completa.
O proxecto e o modelo de negocio entraron no Ministerio de Industria no pasado mes de decembro, tras un ano e medio, e todavía ten que ser aprobado pola Unión Europea. Eu penso que a Xunta de Galicia ten que definir cales son os proxectos estratéxicos, e evidentemente non poden ser douscentos e pico como a principio, cando vivíamos unha situación de “imos a lanzar unha carta dos Reis Magos para todo”. A Xunta ten que decidir que proxectos son estratéxicos, e cales se vinculan totalmente a financiación europea e cales apoian eles. Non sabemos que parte de financiación vai a aportar a Xunta de Galicia, alí encontramos un secretismo total. Eu creo que hai que poñer as cartas enriba da mesa. Onde haxa dilacións, se son malintencionadas hai que denuncialo, pero non se puxeron enriba da mesa o proxecto completo nin o modelo de negocio máis ala de dous papeles que se presentaron hai un ano e medio sobre unha intención.
Falando xa das eleccións e dos votos, as enquisas siguen situando ao PSOE como a terceira forza política en Galicia. Cal é a túa impresión e onde pode radicar a causa de que o PSOE non sexa neste momento a segunda forza política de Galicia?
Bueno, eu creo que estes sondeos ofrecen un dato moi relevante, que é o grado de indecisión. E ademais os procesos electorales foron evolucionando, e agora a xente decide o voto nos derradeiros días de campaña. Eu sempre pensei que era ao contrario, pero efectivamente é na última semana onde a xente termina de decidir o seu voto. Hai un 40% de xente que non ten conformada a súa idea, pero eu creo que se nicho é do partido socialista, que se tarda máis en movilizar e que tradicionalmente aposta pouco polas eleccións autonómicas. Pero eu creo que alí vai estar a clave deste proceso, e confío en movilizar ao electorado nestes dez días que quedan. Alí estará a clave, como pasou no 23 de xullo. Había sondeos que lle daban ao BNG un grupo parlamentario en Madrid e outros que lle daban unha maioría absoluta amplia ao PP máis Vox. Ao final non foi así, por tanto creo que as campañas son decisivas e eu estou entregado nesta e confío no resultado.
E dentro desta movilización do votante socialista, pensas que a situación política nacional, principalmente o tema da amnistía, vai pasar factura nos votos ao PSOE?
Eu penso que non, e vou dar o meu razonamento, que podo ter razón ou non. Eu penso que pode haber xente que esté a favor ou en contra da amnistía, e eso o entendo. Creo que nese sentido, democrácticamente, enténdoo e asúmoo. Pero hai outras políticas que tamén estarán no centro de decisión, como é votar en contra da revalorización das pensións, que é algo que ninguén entende do Partido Popular. Acepto que pode haber xente que discrepe coa amnistía e diga “non quero esa forma de facer política”, pero o que non entendo é ao Partido Popular. Non me encontrei nin co primeiro que non soubese distinguir unha situación da outra. Eu creo que a amnistía vai influir máis ben menos.
Hai outro tema das eleccións e das enquisas. Parece que se están enfocando estas eleccións como un Rueda contra Pontón, como ela como cabeza dunha coalición. Pero non estás figurando como un candidato que poida liderar un goberno. Pensas que nestes dez días de campaña podes ser capaz de acadar a primeira posición da esquerda?
Eu penso que si, porque cando a xente ten decidido que haxa un cambio, se plantea varias cousas, en maos de quen. De si hai solvencia, bos equipos, bos proxectos, de si hai ambición de país e boa conexión co Estado, e se somos capaces de influir positivamente para Galicia. Se ese analise o fan, a mirada vaise tornar directamente ao partido socialista.
Segundo, eu tamén entendo que o esquema tradicional para moita xente poda ser fomentar ese debate. Un bloque alto garantiza maiorías absolutas para o Partido Popular. Ese foi o esquema tradicional durante moitos anos. Polo tanto, eu creo que todo eso hai que revertilo nunha campaña movilizadora e sobre todo trasladando que quen pode xenerar o cambio é o Partido Socialista.
Independentemente dos postos, se hai un cambio será unha coalición como a que houbo entre 2005 e 2009, liderada polo PSOE ou polo BNG. Tedes algunha liña vermella ou simplemente non ides falar de nada ata que a xente vote?
E que así debe ser. A campaña electoral son para falarlle aos galegos, non falar en nombre dos galegos que é o que fan os partidos as veces. Os galegos falarán o 18 de febreiro, e estamos nese momento de falarlle a eles e para eles, non por eles. O 18 de febreiro dictarán sentencia e é inapelable. Nós non a imos discutir e entederemos a mensaxe.
Nestes últimos meses, fuches diputado no Congreso e tiveses a honra de falar en galego, que ademais é a túa lingua materna. Ata fai pouco, Galicia era a única comunidad autónoma na que a súa lingua propia era a maioritaria, pero a última enquisa di que o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia, senón que xa foi superada polo castelán. Cal e o teu punto de vista, como apoiarás a lingua?
Nós temos que apoiar a lingua, e dunha forma de que se fale. É importante que a nosa lingua se fale e medre. É como o consumo de pescado. Nos últimos dez anos baixou o consumo un 32%. Algo está pasando alí, e non se soluciona solamente baixando o IVE do pescado. Hai que pensar que é o que pasa, e ao galego lle pasa algo similar. Está caendo o idioma por algo que estará pasando. Ou ben non hai unha divulgación importante por parte da administración, ou non hai unha prestixiación da propia lingua, ou as veces é que separamos galegos de primeira ou de segunda a nivel de puridad lingüistica. Todo iso temos que levalo ao prisma da tolerancia e da normalidade.
É imprescindible que a administración impulse e divulgue que efectivamente é bo falar galego, e o impulse e incentive permanetemente. É unha responsabilidade porque é o noso idioma, por iso non entendín que o PP votase en contra de usalo no congreso. De alí á esixencia exclusiva e excluinte, eu creo que é un camiño que o partido socialista non vai concurrir.
Na difusión, divulgación, potenciación, lexitimiación e prestixiación do idioma? Todo. E alí nos vamos a encontrar. E ademais é o que debe facer a administración galega, pero dunha forma totalmente tolerante.
Por último, dúas curiosidades sobre o teu paso por Madrid. Primeiro, por qué non deixaches todavía de ser diputado nacional?. E segundo, de qué terías sido ministro? Porque Pedro Sánchez dixo que o rexeitaches para así ser candidato á Xunta.
Aos periodistas gústavos moito esa pregunta. De calquer cousa que tería revertido en Galicia. Porque ao final o ambiente no que vives tamén te condiciona. Admitiría calquer ministerio que tivese que ver coas actividades que se fan en Galicia. Ao marxe deso, eu non vou dicir o que me ofreceu, porque tería que desvelalo el. Eu teño que ser discreto. Eu non llo comentara a ninguén, salvo dentro da miña familia. Pero como el fixoo público, si digo que efectivamente ofreceume ser ministro, e é un orgullo, pero nese momento pesaba máis o compromiso deste proceso electoral en Galicia. Nunca sabes se tes desaproveitado unha oportunidade, pero a vida son eleccións, e eu elixin esto. Non miro para atrás, pero estou moi orgulloso de que mo tiña ofrecido.
E a outra pregunta, a semana pasada inda estiven votando cousas importantes para Galicia no congreso, presidín a Comisión de Transportes. E ademais, termínase un traballo, empézase outro. No debate dicíalle a Rueda, oiga, vostede non dimitiu de ser diputado autonómico. E o mesmo con Ana Pontón. Están os dous na diputación permanente. A min paréceme irrelevante, e paréceme ben que sigan sendo diputados. É algo normal.