El Deportivo anunció hace meses el fin del concurso de acreedores que ponía fin a la deuda de 160 millones de euros contraída por la entidad coruñesa hace un par de décadas.
 
La llegada de Abanca al accionariado del club aceleró el proceso de reducir la deuda y dejarla en cero euros. Ahora el Juzgado Mercantil número 2 de A Coruña puso fin la primera semana de septiembre a ese concurso de acreedores que ha condicionado al club en los últimos diez años.

Comunicado completo del club

"O Auto nº 310/2024 do Xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña de data 5 de setembro de 2024 pon fin definitivamente ao Concurso de Acredores do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D

Coa publicación do Auto, que non é susceptible de recurso, ponse fin definitivamente á situación concursal do Depor iniciada en 2013.

O Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. protagonizou durante ese ano 2013 o maior e máis longo concurso de acredores do fútbol español, cunha débeda concursal superior ao CENTO SESENTA MILLÓNS DE EUROS (160.000.000 euros) previa ao convenio de acredores aprobado mediante sentenza ditada polo Xulgado Mercantil número 2 da Coruña de data 5 de febreiro de 2014 e no que se establecía que o prazo de pago dos créditos estenderíase até o mes de xaneiro do ano 2048.

A modificación do Convenio para saír da situación concursal aprobada polo Club na Xunta do pasado 19 de decembro de 2023, que posteriormente foi apoiada por unha ampla maioría dos acredores concursais, levou a cabo con arranxo ás esixencias dos arts. 317 e 401 bis do Texto Refundido da Lei Concursal co fin de asegurar definitivamente a viabilidade da Sociedade e a rápida satisfacción aos acredores concursais, grazas ao apoio do seu accionista maioritario ABANCA.

Desta forma coa sentenza de aprobación da modificación do convenio de acredores, que adquiriu firmeza o pasado 19 de maio de 2024, o Club puido pagar a súa débeda concursal sen ter que esperar as anualidades que faltaban e solicitou ante o Xulgado o pronunciamiento de cumprimento do convenio para pór fin ao concurso de acredores que arrastraba desde febreiro desde 2013, co fin de poder iniciar unha nova etapa coas súas contas saneadas na temporada do ascenso dos seus dous primeiros equipos, o masculino e o Depor ABANCA, á Segunda División (Liga Hypermotion) e á Liga F respectivamente.

Por Auto de data 26.06.2024 acordouse declarar cumprida a Proposta de Modificación de Convenio aprobada por Sentenza de data 15 de abril de 2024 do REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA S.A.D. procedendo o Club ao pago de todos os seus acredores e finalmente coa publicación do Auto de data 5 de setembro, que declara a conclusión do concurso de acredores por cumprimento e non é susceptible de recurso, péchase este triste capítulo da historia do Club que foi a situación concursal.

Con data 17 de setembro de 2024 o Xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña emitiu a Dilixencia de Ordenación dando conta da publicación do Auto mencionado no Rexistro Público Concursal e no Rexistro Mercantil, dando publicidade á conclusión do concurso e acordando definitivamente o arquivo da causa", informó el club.