Contido Patrocinado

Nunha data tan sinalada como é o día de hoxe, 25 de xullo, é o momento idóneo para resaltar que Galicia está no Top 10 das rexións máis produtoras de leite en Europa, o que a converte nun referente comunitario, e Feiraco leva axudando, nos seus máis de 50 anos de historia, a que siga sendo un referente produtor Europeo.

De principio a fin

En Feiraco comprométense a coidar todos os detalles do proceso de produción, de principio a fin. Empezando polas súas zonas gandeiras e animais, onde as súas vacas contan cun plan nutricional desde o seu nacemento (controlado por nutriólogos profesionais) e unha atención veterinaria personalizada, garantindo a súa saúde e benestar. Ademais, dispoñen de técnicos para garantir as mellores prácticas dos seus socios cooperativistas, minimizando o uso de fertilizantes nos cultivos forraxeiros, sendo a principal empresa con máis técnicos no campo do sector lácteo galego. Ao mesmo tempo, para facilitar aínda máis o labor diario dos seus gandeiros, Feiraco conta cunha Asesoría Administrativa para poder axudar aos seus socios gandeiros.

O groso das ganderías de Feiraco sitúanse na súa maioría na zona do Camiño de Santiago que vai desde Melide ata Fisterra, axudando así a coidar a paisaxe do mesmo Camiño e mantelo vivo. Asegúranse de que as súas zonas gandeiras se manteñan en Galicia, a única zona do top 20 de zonas produtoras de leite de Europa sen contaminación de Nitrato de acuíferos e con mellor calidade de auga, dándolle así máis valor á nosa terra.

A alimentación das vacas considérase un factor fundamental do seu coidado. Por iso, está composta de forraxes que proveñen principalmente da propia gandería e complétase con pensos elaborados pola propia cooperativa.

 

Vacas nunha das zonas gandeiras da corporativa.

Instalacións de Feiraco.

Os gandeiros son os xefes

Como sinalan en Feiraco, "a nosa cooperativa pertence aos socios gandeiros, eles son os xefes". Por iso, os gandeirosforman parte da toma de decisións nos proxectos da marca paraa axuda ao desenvolvemento rural galego con accións como oenvasado exclusivo do leite de ganderías dos propios socios,creando así un sistema circular. Se coidamos dos gandeiros, coidamos de Galicia! Se compras Feiraco, axudas a que o valor engadido quede en Galicia e nos seus gandeiros.

Galicia é un exemplo das vantaxes das ganderías familiares de pequenas explotacións na conservación do medio rural, que axudan a fixar poboación e a coidar da paisaxe, grave problema da nosa rexión. E en Feiraco tratan de manter esas ganderías, facéndoas eficientes cos seus servizos técnicos e garantindo a recollida do seu leite. Poden dicir orgullosos que este problema de despoboación é moito menor nos municipios onde se instalou a cooperativa e máis a produción de leite, que garantiron a renda necesaria para a supervivencia da poboación.

Feiraco, pertencente á cooperativa CLUN, controla todos os procesos e o 100% da trazabilidade do produto, desde a granxa á mesa; dándolle un gran valor engadido a características como a Orixe, a Calidade e o Coidado do produto.

Liña de produtos Yogu+ Bebible.

Sostibilidade e Innovación

Para poder continuar o camiño que Feiraco leva creando desde fai xa medio século e seguir producindo "O leite que soñamos"; a marca segue renovándose, implantando melloras tecnolóxicas que axuden ao mellor benestar dos animais e sendo responsable co medio ambiente.

En diferentes instalacións, a marca implantou as melloras tecnolóxicas dispoñibles máis punteiras para mellorar obenestar dos animais; o cal repercute directamente na calidadedo leite. Mesmo hai ganderías onde xa son as vacas as quedeciden cando se teñen que muxir.

Desde 2016, Feiraco conseguiu reducir un 20% a súa pegada de carbono na produción láctea. A motivaciónprincipal para conseguilo é converter os produtos da marca enbeneficiosos tanto para os seus consumidores como para omedio ambiente.

Para logralo, a cooperativa levou a cabo dúas grandes accións como son a mellora da eficiencia gandeira e a constante procura de mellora na calidade do leite, quepermitiu rebaixar a temperatura do tratamento térmico que se aplica para asegurar o consumo seguro do leite, o que implicaun menor gasto enerxético.

Outras accións, como colaborar coa administración pública para recuperar a biodiversidade asociada aos leitos dos ríos mantendo así a calidade da auga ou evitar filtracións asociadas a actividades agrogandeiras, son algúns dos proxectos que fai a cooperativa para conseguir o seu obxectivo, manter e conservar o bo estado de Galicia.