Contenido patrocinado
Convertido nun lugar que presentaba problemas de salubridade e onde periodicamente ocorrían incidentes, o Concello tomou cartas no asunto das Xubias en 2023. Naquel momento se decide derribar a estructura inhóspita, nunha actuación levada a cabo por Demoliciones Javier Ares e que contou cun orzamento de 86.000 euros.
Aquela actuación, sen que chegase a transcender nese intre, resultou co tempo clave na futura rexeneración urbana da ría do Burgo. Este 8 de xullo, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou o miradoiro das Xubias de Abaixo, epicentro deste núcleo mariñeiro, xunto ao arquitecto, Premio Pritzker 2023, David Chipperfield e Antonio Truan, en representación de Ginkgo Advisor,
A fundación de Chipperfield e o fondo Ginkgo Advisor asinaron un convenio de colaboración para impulsar dita rexeneración baixo criterios de sostenibilidade e de creación de novas zonas verdes. Así, coa colaboración dun grupo de arquitectos coruñeses, levaranse a cabo diferentes actuacións seguindo obxectivos medioambientais, sociais e urbanísticos.
Unha delas será a transformación dos antigos asteleiros da contorna nun espazo público aberto ao mar. Desde alí, crearase unha senda peonil que unirá a praia de Oza coas Xubias de Abaixo, pasando xunto ao Pazo Guyatt.
Dita senda é hoxe posible grazas á demolición do esqueleto das Xubias realizada por Demoliciones Javier Ares, impulsada polo Goberno de Inés Rey. Foi precisamente a administración local a que confirmou, ao pouco de comezar aqueles traballos, que este espazo acollería novas zonas verdes, algo que quedará patente no proxecto de rexeneración da ría.
“Para levar a cabo esta actuación, foi imprescindible comezar coa demolición daquel esqueleto, que amosa o compromiso do meu Goberno municipal con deixar atrás o abandono dun barrio tradicional e mariñeiro que gozará dun novo rexurdir grazas a este proxecto de rexeneración”, indicou a alcaldesa.
Nesta contorna, tamén cabe destacar a recuperación para o uso público dos xardíns do Pazo Guyatt, que tamén quedará integrado no conxunto desta senda peonil. As rúas incluídas no proxecto serán humanizadas mediante a súa peonalización e o regulamento do tráfico, mellorando a accesibilidade e a calidade urbana da zona.
En canto á vivenda, impulsarase un proxecto para fomentar a rehabilitación e utilización de vivendas baleiras, así como a renovación das que se atopen en estado de ruína. Este proxecto aposta tamén pola creación de novas vivendas de protección oficial, que se complementarán con novas zonas verdes de uso público.
“Estamos ante unha oportunidade magnífica para a nosa cidade, que se pon á par de moitas outras urbes portuarias europeas contando co apoio dun prestixioso arquitecto como David Chipperfield e dun fondo de inversión como Ginkgo Advisor, que foi premiado como o Mellor Fondo Ambiental Social e Gobernanza de Europa”, sinala a alcaldesa, Inés Rey, sobre o proxecto.
Con esta iniciativa, desde o Concello reafirman o seu compromiso coa sostibilidade e o benestar da cidadanía, recuperando un espazo degradado polo paso dos anos e que se transformará nunha área dinámica, ao servizo da comunidade, da man de prestixiosas firmas. O derribo do esqueleto é, polo tanto, a primeira pegada neste camiño que levará á cidade cara un novo horizonte fronte á ría do Burgo.