Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña.

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña. Cedida

Turismo

Xosé Regueira: "A provincia da Coruña está á altura de calquera destino internacional"

O vicepresidente da Deputación da Coruña presentou en Fitur 2025 a nova campaña, así como propostas, iniciativas e proxectos que teñen como obxetivo facer da provincia de A Coruña un destino turístico referencia

Temas relacionados: La Diputación de A Coruña presenta su campaña de turismo centrada en el paisaje y la gastronomía

Publicada
Actualizada

No marco dunha das feiras de turismo máis relevantes a nivel internacional, Fitur 2025, tivemos a oportunidade de conversar con Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, quen ten un firme compromiso co desenvolvemento sostible e a promoción do turismo na provincia.

Tras unhas intensas xornadas de presentacións de iniciativas, Regueira comparte con Quincemil os obxectivos acadados durante este evento, as alianzas estratéxicas establecidas e os retos que afronta o territorio nunha contorna cada vez máis competitiva. Ademais, fai un repaso das enormes potencialidades da provincia da Coruña como destino turístico de referencia e comparte unha visión optimista sobre o futuro deste sector clave para a economía e a identidade cultural da rexión.

"Galicia aínda conserva a tradición de que se pides que te abran a porta, te deixan pasar dentro a compartir experiencias coa xente"

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña

Agora que xa está a piques de concluír Fitur, cumpríronse os obxectivos polos que desde a Deputación da Coruña vos desprazastes a Madrid?

Eu creo que sí, a Deputación da Coruña ven a feira cun itinerario deseñado para o impacto que queremos que teña o territorio e para posicionar a nova campaña no escenario turístico. Eu creo que tanto dita campaña como todas as colaboracións que fixemos funcionaron ben.

Estes días o pabellón de Galicia tivo un bullicio constante e incesante de persoas que viñan a coñecer o que se está desempeñando e preparando para o escaparate turístico. Foi un carrusel continuo de presentacións que se mantiveron como referentes absolutos. Temos a sorte de ter un territorio con moito producto e un sector profesional que axuda moito a diversificar esta semente xa plantada, que agora hai que ver cómo evoluciona paralelamente ao escenario xeopolítico.

Foron moitas as propostas presentadas estes días, recibistes xa algún tipo de feedback por parte das persoas asistentes sobre como foron acollidas?

A xente esta preguntando e os medios especializados en turismo tamén están interesados, polo que todo indica que imos seguir medrando e que todo vai funcionar. Tanto ao propio director de Turismo de Galicia como a mín nos chegou un feedback que indican que o negocio e a súa rentabilidad vai medrar e ademais creemos que se está a ampliar a temporada turística, sobre todo no sector senior.

"Todo o que ten a provincia de A Coruña é moi dificil de encontrar noutros destinos, por iso eu creo que estamos á altura de calquer outro destino internacional"

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña

Supoño que é imprescindible que unha provincia con tanto potencial turístico como a da Coruña teña presenza nun evento coma este... Acadáronse aliñanzas ou acordos estratéxicos durante Fitur 2025 para impulsar o turismo na rexión?

Sí, a verdade e que incluso a nivel político se estivo traballado porque tivemos reunións con outras deputacións tanto de Galicia como de outros territorios, tamén con turoperadores... Eu creo que hai interese polo que se está facendo, sobre todo no plano gastronómico. Por iso, todo indica que a semana que ven en Madrid Fusión viviremos días intensos e nos reuniremos con xente especializada en gastronomía.

E que na provincia da Coruña temos de todo: cultura, gastronomía, natureza, historia, deporte, lece...

Sí, a gastornomía é o envoltorio perfecto para posicionar todos os demais productos e por iso quixemos darlle a volta ao claim e falar diso e tamén da paisaxe cultura, ecolóxica, cultural.... Ademais Galicia aínda conserva a tradición de que se pides que te abran a porta, te deixan pasar dentro a compartir experiencias coa xente. Sempre que vaias con respeto, claro. A experiencia turística é impresionante. 

Aínda que as grandes cidades (A Coruña, Santiago e Ferrol) tiveron o seu momento, foi moi importante deixar espazo para amosar todo o potencial doutros concellos, quizais menos coñecidos fóra, na estratexia turística global da Coruña...

Temos tres cidades principais, unha delas é patrimonio da humanidade, outra ten o faro máis antigo do mundo, un xeoparque, una reserva da biosfera, 156km de costa, gastronomía riquísima, actividade cultural... Todo o que ten a provincia de A Coruña é moi dificil de encontrar noutros destinos, por iso eu creo que estamos á altura de calquer outro destino internacional.

¿Que ten que facer a provincia da Coruña para poñer en valor todo o que pode ofrecer de verdade?

Estos días saíu o tema de que estamos nun punto no que xa non somos un turismo adolescente senon consolidado pero con deberes que facer. A conectividade ou a anticipación a problemas - como a tensión coa xente local - son moi importantes. Creo que entre todos podemos facer que non se dispare senon que medre con sentido común.

"Ao mellor non é necesario atraer moito máis que os oito millóns de turistas que xa chegan senón atraerlos de outros lados, sopesar ese turismo asiático e americano que estou seguro que disfrutarían do noso territorio"

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña

Para resumir todo o que se falou estes días... Como ves o futuro do turismo na provincia da Coruña?

Eu son optimista falando de turismo porque todas as administracións sabemos colaborar e coordinar, falamos con naturalidade, chegamos a acordos... temos alianzas positivas e obxetivos comúns: con menos xerar máis.

Tamén é verdade que temos algúns puntos negros aos que prestar atención como os que comentábamos antes, pero mira por exemplo Santiago presentou unha campaña moi ben traballada que invitaba a que o turista disfrute con tranquilidade e respeto. É unha das tarefas que temos nun futuro inmediato: evitar conflictos e poñer solucións para que o turismo se vexa como algo positivo, porque somos moi bos facendo a promo turística pero malos transmitindo á poboación residente todas as oportunidades que o turismo trae: economía, traballo, rendabilidade... Debemos pactar ben coa poboación residente o que pode facer o turismo que vai chegar aquí para que sexa respetuoso.

Se hai algo que queda claro ao vir a Fitur é a cantidade de destinos turísticos que hai no noso planeta. Cales son os maiores retos que afronta a provincia da Coruña para seguir atraendo visitantes nunha contorna tan competitiva e tan variada?

Un gran reto que ten Galicia e a provincia de A Coruña é que cada vez que imos aos grandes congresos e nos dan os datos dos embaxadores de diferentes puntos do globo, vemos que o turista peninsultar ten un gasto medio de 70-100, e que o turista europeo o aumenta, o americano o duplica e o asiático o triplica. Ao mellor non é necesario atraer moito máis que os oito millóns de turistas que xa chegan senón atraerlos de outros lados, sopesar ese turismo asiático e americano que estou seguro que disfrutarían do noso territorio.

Outro problema que temos é a escasa conectividade dos nosos tres aeroportos que nos obligan moitas veces a pasar por Madrid, Barcelona ou incluso Portugal. Ademais, o turista que chega a Alvedro ou a Lavacolla non está ben conectado coas cidades. Ainda así, o público chega a pesar desas dificultades, imaxina solucionando esos problemas... Son deberes que temos que facer e ahí vai a pesar moito o futuro do noso destino, en se somos capaces de penetrar nese tipo de turista que valora a cultura, a gastronomía, a paisaxe...

E para concluír, sobre todo para aquelas persoas que non puideron asistir a Fitur, que mensaxe che gustaría transmitir aos futuros visitantes da Coruña sobre o que poden atopar na provincia?

Que veñan disfrutar, a deixarse levar polos territorios e a aprender dunha cultura tan diferente a outras. Pero sobre todo que se deixen levar polas xentes, que aproveiten as experiencias e que veñan en calquera época do ano, porque aquí temos catro estacións fantásticas e un territorio vivo todo o ano no que disfrutar de diferentes paisaxes, olores, sabores... De feito, seguramente a mellor das estacións non sexa o verán senón a primaveira ou o outono, porque a natureza explota de xeito impresionante e é cando temos os mellores productos sobre as mesas. A provincia de A Coruña se disfruta cos cinco sentidos.