Área de A Coruña vista desde el aire.

Área de A Coruña vista desde el aire. Wikipedia

La tribuna

De quimeras e realidades

Unha reflexión do voceiro municipal do BNG sobre os incumprimentos do goberno da Coruña no proxecto de impulsar o Área Metropolitana

2 julio, 2022 11:56

“A creación dunha área metropolitana constituída legalmente é unha quimera”, dixo este mesmo mes a alcaldesa da Coruña.

Mais, sexa ou non unha quimera, o certo é que a comezos de mandato, en outubro de 2019, o Pleno do Concello aprobou, por iniciativa da Alcaldía, un acordo para iniciar os trámites para a creación da Área Metropolitana da Coruña.

Non só iso. En agosto do pasado ano, o voceiro do grupo municipal do PSOE e a voceira da Marea Atlántica anunciaban en comparecencia de prensa un acordo para activar o procedemento para constituír a Área Metropolitana.

Froito diso asumiron o compromiso de presentar un anteproxecto de lei de creación da Área Metropolitana da Coruña no mes de setembro de 2021.

Nunca se chegou a cumprir.

Cabería preguntarse, pois, se a alcaldesa e o grupo socialista, ao subscribiren eses acordos, estaban a vender quimeras.

A alcaldesa, nesas declaracións, avogaba, en cambio, por articular un consorcio metropolitano.

Máis o certo é que nin unha cousa nin outra. Nin se fixo nada para dar cumprimento ao acordado nin se deron pasos para a creación dun consorcio metropolitano ou para mancomunar cos concellos da nosa comarca a prestación de novos servizos.

Se falamos de realidades, e non de quimeras, A Coruña non remata na Ponte da Pasaxe. Milleiros de persoas residen nos concellos da contorna, mais traballan na Coruña ou acoden acotío á nosa cidade e o mesmo ocorre á inversa. O Porto exterior e importantes polígonos industriais están en Arteixo. O aeroporto en Culleredo, o encoro que nos abastece de auga en Cambre e Abegondo…

É unha quimera pretender deseñar A Coruña do futuro sen articular esa realidade metropolitana. 

 Francisco Jorquera Caselas

Voceiro do Grupo Municipal do BNG

Todavía hay motivos para sentirnos más orgullosos

Todavía hay motivos para sentirnos más orgullosos

Anterior
Concierto de Mago de Oz en O Burgo (Culleredo).

La fiesta pagana de Mago de Oz en O Burgo (Culleredo) congregó a 10.000 asistentes

Siguiente