Como? O marketing aplícase a todos os ámbitos da vida, ao fin e ao cabo trátase de empatizar co teu interlocutor, ás veces cliente, ás veces símplemente parella, pai, nai, fillo, filla, compañeiro/a de traballo, veciño/a… e crear unha proposta de valor que lle convenza, que o namore. Dende a honestidade e a transparencia absoluta. Isto que agora se nos da por chamar Customer Centric.
E nos negocios B2B, aqueles que non se dirixen ao cliente final, o marketing é máis necesario aínda porque se trata dunha venda a longo prazo, consultiva, con moitísima necesidade de información técnica, coas dificultades propias de identificar claramente quen é o decisor de compra, onde os prescriptores técnicos teñen moito que dicir…
Hai uns días tomaba un café cun auténtico xenio da venda, Felipe García Rey (téndelo que coñecer), e coincidiamos en moitos máis puntos dos que nos soemos entender os de marketing e os comerciais (un dos grandes GAPs que temos nas empresas). E poñíamos exemplos de cousas que temos feito ao longo da nosa carreira para grandes clientes B2B. Ferramentas de marketing que están ahí, pero que non sempre se coñecen ou ás que, simplemente, non se lle sabe dar uso.
Unha presentación, unha proposta comercial ou simplemente un informe. Algo tan sinxelo coma un Powerpoint non é tratado coma a verdadeira proba de fogo que é (momento da verdade). Nestas presentacións falamos moito de nós, do bos que somos, das marabillosas solucións que temos para o cliente… pero en moitos casos esquecémonos de falar del, de estudar previamente cales son os seus puntos de dor, eses que lle podemos curar (ou as veces non).
Pero o marketing B2B pode e debe ir máis aló: Vídeos corporativos, accións de fidelización, accións de apoio á rede comercial, tutoriais, podcasts, linkedin, telemarketing de concertación de citas, inboud marketing, marketing feiral, RRPP, eventos, seminarios, congresos (online, presenciais, híbridos… coñecedes vidiv? tecnoloxía galega que triunfa no mundo), catálogos dixitais e impresos personalizados un a un (sabedes que Tórculo ten a primeira rotativa 100% dixital de España e a segunda de Europa que permite facer publicacións personalizadas un a un?), trade marketing, revistas corporativas, newsletters…. Hai tanto por facer e tantas ferramentas por usar que teño que dicir que si: o marketing é útil e aplicable ao B2B. Ah, e rendible, por suposto.