A banda da Loba presenta o seu quinto traballo discográfico coas múltiples formas de expresión do amor como fío condutor. Lovismo é unha declaración de amor. Un fío vermello que une dende o corazón. E ti, convérteste en Loba?
ABDL está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que chega á formación substituíndo a Inés Mirás. A banda da Loba irrompeu na escena musical galega con Bailando as rúas (2017) co que acadaron un grande éxito grazas ao seu heteroxéneo estilo musical.