El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados

Festa do Congro en Muxía - 18/4/2025

Zona: Costa da Morte
Este evento tiene varias fechas o funciones
Desde:Viernes, 18 de abril · 13:00
Hasta:Sábado, 19 de abril · 01:00
Fechas:
Precio:5 €
Lugar:Puerto de Muxía
  • A XXVII Festa do Congro chegará a Muxía os vindeiros 18 e 19 de abril cunha programación especial que inclúe a degustación do típico congro no porto de Muxía, música en vivo e concertos.
  • Catuxa Salom e Os Bugis actuarán na noite do venres no Malecón e a música tradicional terá tamén un espazo protagonista cos Cantos de Taberna e as actuacións de distintas formacións da comarca.
  • O evento está organizado por Muxía Cultural, un proxecto do Concello de Muxía e Horta Creativa.
  • Muxía celebra en Semana Santa unha das festas gastronómicas con máis arraigo na vila: a Festa do Congro.
  • Dende 1997 celébrase esta festa que exalta un dos produtos máis típicos da zona, ofrecendo a degustación do congro nas súas diferentes variantes: en empanada, á plancha, en salpicón…
  • Este ano a celebración terá un formato moi especial, xa que a típica degustación estará acompañada por unha ampla programación de concertos e actuacións de música en vivo.

Programación completa:

  • A festa comezará o venres 18 coa tradicional degustación de congro no porto de Muxía.
  • O xantar terá un prezo de 5 euros e poderase degustar o congro nas súas diferentes elaboracións: á plancha, en empanada de millo ou trigo, e en salpicón. Incluirá unha cunca de viño. Será a partir das 13:00 horas, e estará amenizado coa música tradicional das Abaladeiras.
  • Á noite Muxía encherase de música cos concertos de Catuxa Salom e Os Bugis. Será no Malecón ás 22:00 horas, e promete ser unha velada moi animada.
  • A celebración continuará o sábado 19 coa degustación de mexillón ás 13:00 horas no Paseo Marítimo. Estará amenizada polo folk dos Xaramiños do Corpiño.
  • Á tardiña a festa seguirá cos Cantos de Taberna polos bares de Muxía. Do Ribés, Nin Chica nin Patacón e Os Queloutros serán os encargados de animar o ambiente entre as 20:00 a 23:00 horas e poñer o peche á XXVII Festa do Congro.
  • Dende Muxía Cultural animamos a todas as persoas de dentro e fóra da comarca a participar desta Festa do Congro para disfrutar deste delicioso peixe tan importante para a vila, e de dous días cheos de música.

Información del lugar

Lugar:Puerto de Muxía
Dirección:Puerto de Muxía
Código postal:15124
Localidad:Muxía (A Coruña)
Útil