El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Eventos
Ofrecido por:

I Foro da Industria Galega do Audiovisual en A Coruña: Programa y agenda completa

Zona: A Coruña
Inicio:Jueves, 9 de noviembre · 00:00
Final:Sábado, 11 de noviembre · 23:59
Lugar:Centro de Servicios Avanzados - Cidade das TIC - A Coruña

I Foro da Industria Galega do Audiovisual en Centro de Servicios Avanzados - Cidade das TIC - A Coruña

A Intelixencia Artificial está a ter un impacto revolucionario no sector audiovisual, transformando o xeito no que se crean, producen e consumen contidos. As sucesivas novas relativas a esta tecnoloxía axitan diariamente ao noso sector, pero, sabemos de que falamos cando falamos de Intelixencia Artificial aplicada ao Audiovisual? A Academia Galega do Audiovisual quere abordar con profundidade este tema invitando a expertos que xa están utilizando esta tecnoloxía nas súas respectivas áreas profesionais, para que compartan connosco a súa experiencia desde o punto de vista da aplicación profesional directa. Valoraremos os desafíos que supón esta nova tecnoloxía para o mundo da interpretación e a dobraxe, a escritura de guión, a composición musical, o deseño de son. Coñeceremos ferramentas aplicadas ao marketing, a distribución e o estudio de audiencias, sen deixar de lado as implicacións éticas e xurídicas do fenómeno. Inauguramos a primeira edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual, unha cita anual deseñada para fomentar o diálogo e o intercambio de experiencias entre os profesionais do sector audiovisual galego desde unha perspectiva aberta, transversal e inclusiva. O Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC da Coruña será a sede de FIGA do 9 ao 11 de novembro de 2023.

Jueves, 9 de novembro

  • 10:15-11:30: Que facemos cando a calidade é abundante? Revelando a escaseza nunha paisaxe de abundante calidade. Con Asa Bailey.
  • 13:00-14:00: A IA na produción audiovisual. Con Óscar Olarte.
  • 16:30-18:00: Xuntanza asociacións do sector audiovisual
  • 17:30-18:30: Encontro de salas do Ciclo Mestre Mateo

Venres, 10 de novembro

  • 10:00-11:00: O copyright e a intelixencia artificial. Con Víctor Salgado
  • 11:00-12:00: A IA en obras audiovisuais. Con Francisco Menéndez
  • 12:30-14:00: Ética e tecnoloxía: un diálogo sobre a IA no mundo audiovisual. Con Amparo Alonso
  • 16:30-18:00: Xuntanza asociacións do sector audiovisual

Sábado, 11 de novembro

  • 10:00-11:00: A revolución da IA nas industrias creativas e dixitais. Con Carlos Fernández de Vigo
  • 11:00-12:00: Sound design, creación e produción musical con IA. Con Gabriel Olarte
  • 12:00-13:30: A IA e a arte da interpretación. Con David Guaita

Información del lugar

Lugar:Centro de Servicios Avanzados - Cidade das TIC - A Coruña
Dirección:Avenida de Pedralonga
Código postal:15009
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil