El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Espectáculos: Humor, Danza, Magia
Ofrecido por:

"O deus do pop" con Diego Anido en A Coruña- Ciclo Sen Numerar Outono 2023 - 17/11/2023

Zona: A Coruña
Inicio:Viernes, 17 de noviembre · 21:00
Final:Viernes, 17 de noviembre · 23:00
Precio:9 €
Lugar:Forum Metropolitano - A Coruña

"O deus do pop" con Diego Anido en Forum Metropolitano - A Coruña

Diego Anido amósanos unha autobiografía inventada. Regálanos unha vida que as veces semella a súa, pero que non o avergoña coma a súa. Sen medo a queimar a súa memoria. para que o adoremos. Como a un “deus do pop”. O deus do pop é unha impresión. Como a que levamos cando coñecemos unha persoa. Qué sabemos dela? Qué sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Precisa crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten consciencia de que en realidade é un diamante. Un diamante afundido nos Pantanos da Tristura. Brillando e laiándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide saír. Pero non é preguiza. É o relato.
Útil