Obtra teatral 'Casting Lear' en Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
- O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que si queira sentar nun teatro para conversar.
- Vou ser Lear eu también, e como él coas súas fillas, vou facer un casting, un casting de pais.
- Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos relacionamos cos nosos pais, os biológicos, pero también os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes nos persegue aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre coomo inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre coomo imaxinar outros finais posibles.
- É también unha audición, ou un ensaio, iso que sucede antes de que todo suceda, o lugar xusto antes de que algo tome a súa forma exacta. O momento exacto no que aínda todo é posible.
- Andrea Jiménez, creadora de «Casting Lear».
- Con Andrea Jiménez e Juan Paños junto a un actor invitado en cada función.