Proyección de "Despois de maio" en Forum Metropolitano - A Coruña
París, principios dos anos 70. Gilles, un estudante mozo de 18 anos, está inmerso na efervescencia política e creativa da época, marcada polos recentes cambios sociais propiciados polo Maio do 68. Coma os seus compañeiros, debátese entre o compromiso radical e as súas aspiracións máis persoais. Os encontros amorosos e os descubrimentos artísticos conducirán a Gilles e aos seus amigos primeiro a Italia, e posteriormente a Londres. Ao longo desa viaxe vital veranse obrigados a tomar decisións cruciais para atopar o seu lugar nunha época turbulenta e cambiante.
Con Lola Créton, Dores Chaplin
Francia 2012