Representación de "Carapuchiña no faiado" en Teatro del Andamio - A Coruña
Flora é unha actriz que conta os contos de sempre, pero dun modo moi especial. Hoxe toca “Carapuchiña” o seu conto favorito de cando era nena!! Pero a cousa complícase: Flora atrásase, o seu reloxo parouse e chega tarde á función. Por se isto fose pouco Bruno, o técnico desta obra, non aparece por ningún lado!!!… Pero tranquilos, non vos movades das butacas. Estade moi atentos porque neste faiado Flora atopará todo o que precisa. Ademais aínda que ela non o sabe, o conto de hoxe vai ser moi distinto.