Representación de "Picasso: A mirada nas mans" en Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
Un espectáculo de teatro e danza profesional conformado por artistas con e sen diversidade funcional que mestura danza contemporánea e teatro.
A obra xira arredor dalgunhas etapas artísticas de Pablo Picasso. Nela aparecen, aos poucos, os personaxes das súas obras, moi sinaladamente da infancia, para transitar pola súa Época Azul en París, a posterior Época Rosa e o Cubismo, finalizando coa creación do "Guernica" e a pomba da paz como símbolo dunha nova época na vida do autor.