Público en el Atlantic Pride de A Coruña.

Público en el Atlantic Pride de A Coruña. @atlantic_pride

Vivir

El Atlantic Pride de A Coruña llama a la defensa de los derechos con el voto el 23J

"Atopámonos nun momento de incertidume pola posibilidade dun cambio no goberno. Incertidume, pero tamén medo", reza el manifiesto leído este sábado en los Jardines de Méndez Núñez

9 julio, 2023 14:16

Gorllitox, Laskaar, Kim Miller, Agoney, Electra Paniculata, Vicco y La La Love You fueron los protagonistas musicales del Atlantic Pride de A Coruña este sábado y durante la madrugada al domingo. Una jornada, la de ayer, en la que también se leyó el manifiesto LGTBI+, centrado en un llamamiento al voto en defensa de los derechos conseguidos el próximo 23J.

"Atopámonos nun momento de incertidume pola posibilidade dun cambio no goberno. Incertidume, pero tamén medo", recoge el manifiesto leído ayer a las 22:00 horas en la ciudad herculina, en el que se reivindicó el Orgullo como una revolución.

El Atlactic Pride continúa este domingo con los conciertos de Fórmula Abierta, Amistades Peligrosas, Melody y el DJ Flashback en los Jardines de Méndez Núñez. El evento llega así a su fin este 9 de julio, cuando está programada a las 21:30 horas la entrega de premios II Certame literatura LGTBI+.

El manifiesto

Este es el manifiesto completo que se leyó ayer en los Jardines de Méndez Núñez de A Coruña:

Boas tardes A Coruña! Hoxe estamos aquí as asociacións LGTBIQ+ da cidade da Coruña, porque non podemos ficar paradas diante dos discursos de odio que nos chaman dexeneradas, que seguen a comparar pertencer á comunidade LGTBI+ coa zoofilia, discursos que sinalan publicamente ás activistas que traballamos por acadar unha sociedade xusta, chamándonos corruptoras de menores e pederastas. Estes discursos lexitiman os insultos, as malleiras e a discriminación que seguimos a recibir. 32 incidentes de odio só na cidade da Coruña no último ano. 32!

Hoxe estamos aquí para recordarlles aos que queren voltar a unha sociedade en branco e negro, que imos defender con unllas e dentes os nosos dereitos polos que tanto temos loitado. E seguiremos levando orgullosas a nosa pluma, e se non lles gusta a nosa pluma, sairemos con mais pluma aínda, sendo firmes e loitando coma sempre fixemos.

Atopámonos nun momento de incertidume pola posibilidade dun cambio no goberno. Incertidume, pero tamén medo. Medo a que todo o que se conseguiu a nivel lexislativo en todo o Estado español nestes últimos anos poida esvaecerse, se as persoas que cremos na Xustiza Social, no Estado de Benestar, no progreso e na Igualdade, non saímos a votar con conciencia e a votar en masa. O próximo día 23 xogámonos moito e máis importante que nunca saír a votar,

A votar con orgullo!

Nesta semanas soubemos que unha das primeiras medidas que tomarán dende a oposición se chegan ao goberno é a de derogar a coñecida como Lei Trans, aprobada hai tres meses. Unha lei que outorga dereitos a milleiros de persoas de todo o Estado español e mellora as súas vidas, non só as das persoas trans, senón tamén do conxunto da comunidade LGBTI+. Polo que non podemos dar por feito que os dereitos conquistados xa son intocables, ao contrario, hai que defendelos con todas as nosas forzas. As palabras dos partidos da extrema dereita son un adianto do que está por vir se deixamos que cheguen ao poder. Non esquezades que van en pack de dous, xa estamos vendo como en moitos concellos e comunidades do Estado van gobernar en conxunto.

Porque esa dereita nunca deixou de votar en contra de calquera medida que mellorara as vidas do noso colectivo, ou das mulleres ou das persoas migrantes. Votan sistematicamente en contra de calquera lei social. Non lles importa o noso benestar. Impórtalles o poder e lexislar para a xente de ben, é dicir, a xente privilexiada, branca, rica e cishetero. Para algúns mesmos somos o inimigo co que queren acabar e tirar ao lixo.

Non van tocar os nosos dereitos! Nin un paso atrás!

E non esquezades tampouco quenes foron, e quenes seguen a ser os que lexislan para mellorar as vidas de toda a cidadanía, outorgando os mesmos dereitos e obrigas a quenes non os tiñan e facendo da nosa sociedade unha sociedade máis igualitaria e xusta para todo o mundo. Como dicía sempre Pedro Zerolo, no noso modelo de sociedade cabe todo o mundo mentres que no seu, sobramos as maricas, as bolleras, as trans, as migrantes, as racializadas, as pobres, as obreiras.

Fan falla políticas públicas municipais reais e efectivas para acadar unha cidade libre de odio e LGTBIfobia. Cómpre seguir contando coas entidades LGTBI+ da cidade para conseguilo.

Non esquezades que o Orgullo comezou como unha revolta violenta. O Orgullo foi, é, e será, unha revolución! Un acto de rebeldía ante unha sociedade que nos quere devolver ao armario! O Orgullo é loita e reivindicación!

-Imos encher o 23 de xullo de Orgullo e botemos ao fascismo das institucións

-Seguiremos reivindicando os nosos dereitos ata quedarnos sen voz

-Seguiremos recordando e celebrando as vidas de todas aquelas que xa non están entre nós, asasinadas pola LGTBIfobia

-Seguiremos loitando contra o estigma cara as persoas con VIH e contra a serofobia

-As personas trans seguiremos existindo e non deixaremos que nos quiten os dereitos que tanto pelexamos. Os nosos dereitos non se tocan!

-Seguiremos educando e formando mala que nos amenacen con poñer os nosos nomes e apelidos en listas públicas

-Seguiremos existindo e resistindo, e sempre estarermos fronte ao odio e o fascismo

-Viva a loita do colectivo LGTBIQ+! Viva o Orgullo da Coruña!