Galicia é unha terra moi prolífica en obras literarias e grandes escritores e escritoras que fixeron do galego a sua lingua transmisora por moito que as circunstancias sociais e políticas presionaran para priorizar o uso do castelán no panorama cultural galego. É por eles e elas que cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, conmemorando a publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863.
Hoxe son moitas as rutas que seguen os pasos destes grandes literatos para coñecer os lugares que os viron nacer, nos que habitaron ou crearon algunhas das suas obras más importantes.
Padrón, cuna de Rosalía
En 1837 nace en Santiago unha das escritoras mais importantes da literatura galega: a poetisa e novelista Rosalía de Castro, impulsora do Rexurdimento Galego e destacada feminista dos seus tempos. A autora de Follas Novas e Cantares Gallegos deixou unha pegada imborrable na vila de Padrón, que como homenaxe colocou a sua figura en pedra no Paseo do Espolón.
En Matanza, Padrón, atópase a casa onde viviu, hoxe convertida en Casa Museo de Rosalía, onde permanecen moitos dos seus obxectos persoais e tamén da sua familia. De feito, na segunda planta hai un rincón adicado ao seu esposo, o tamén escritor Manuel Murguía, nado en Arteixo pero que medrou en Santiago e viviu en Padrón ao carón de Rosalía.
A vivenda é unha das visitas imprescindibles en calquera visita a Padrón e pódese combinar coa Ruta Rosaliana, que percorre os lugares mais importantes na vida de Rosalía no municipio e arredores, dende as casas e pazos onde viviu, ata as paisaxes que a inspiraron ás beiras do río Sar, para rematar no Panteón de Galicia, onde reposan as suas cinzas.
Outro escritor galego universal e Premio Nobel de Literatura foi Camilo José Cela, nado en Iria Flavia en 1916. Aínda que non escribiu en galego, a sua literatura era profundamente galega, describindo como ninguén a Galicia rural e a realidade de posguerra desta terra.
Santiago de Compostela e o Rexurdimento
A partir de 1840 comenza a organizarse un grupo de intelectuais que ven a Galicia coma unha rexión atrasada que hai que facer avanzar. De este pensamento xurde unha conciencia da propia lingua que desemboca nun movemento provincialista, dirixido dende a Universidade de Santiago de Compostela e encabezado por Antolín Faraldo Asorey.
A repercusión deste movemento foi escasa, só seguida por Juan Manuel Pintos e Francisco Añón, mais promoveu o uso do galego nas produccións literarias e serviu de punto de partida para o nacemento de grandes autores en galego como foron Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, todos moi vinculados a Santiago.
Eduardo Pondal, que naceu en Ponteceso en 1835 e viviu entre A Coruña e Santiago, e autor do Himno Galego, que comenza co xa famoso e emotivo “Que din os rumororos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar”.
Na Alameda de Santiago atopamos unha estatua de Valle-Inclán, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Santiago, que aínda que escribiu en castelán, merece ser nomeado coma un dos autores galegos con mellor traxectoria literaria. Como escritor contemporáneo santiagués que escribe en galego hai que citar a Suso de Toro, nado en Santiago en 1956, coa sua obra Trece Badaladas.
Visitar Compostela é trasladarse a outros tempos, non só ao Medievo co auxe da peregrinaxe e os escenarios que a acompañan, encabezados pola Catedral, senón tamén ao principios do século XIX, cando este grupo de escritores se reunían nos cafés literarios do casco vello santiagués para cambiar o curso da literatura galega.
Rianxo, a pegada de Castelao
Son tres os autores galegos de renombre nativos de Rianxo, aínda que o mais coñecido é, sen dúbida, Castelao, que naceu na vila en 1886 e traballou varios anos como médico na mesma localidade. A sua obra, na que destacan títulos coma Sempre en Galiza, Cousas, Os dosu de sempre ou Os vellos non deben de namorarse, foi declarada Bien de Interés Cultural inmaterial pola Xunta de Galicia en 2011.
A sua figura lémbrase cun monumento na praza que leva o seu nome en Rianxo e cun percorrido cultural chamado “Roteiro Castelao”. A través desta ruta pódense coñecer os principais sitios vinculados ao escritor, a maior parte están en Rianxo e son accesibles a pé, aínda que outros están repartidos polas parroquias dos arredores.
Rafel Dieste e Manuel Antonio son outros dos escritores rianxeiros ilustres. A vienda do primeiro estase a reformar para converterse en museo, mentres a figura de Manuel Antonio xa ten a sua Casa Museo no mesmo edificio no que naceu, sito na Rua de Abaixo.
Ourense, xermen da Xeración Nós
Un dos lugares onde comezou a xestarse a Xeración Nós foi a ciudade de Ourense. Eiquí un grupo de escritores galegos fundaron en 1920 unha revista chamada Nós para promover e destacar a fala galega, marxinada ata entón dende a Idade Media.
A Xeración Nós estaba encabezada por autores da envergadura de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Florentino López Cuevillas. Castelao tamén pertenceu a este movemento literario e de feito foi director artístico da revista, xa que ademais de escritor tamén era un grande debuxante e caricaturista.
Tanto Vicente Risco como Otero Pedrayo e López Cuevillas naceron na cidade de Ourense, mentres Losada Diéguez é orixinario de Boborás, na comarca do Carballiño. De Ourense, en concreto de Celanova, era o representante do Rexurdimento Manuel Curros Enríquez, cunha importante obra que se caracteriza por un profundo contido social co salientable Aires da Miña Terra.
Xosé Luis Méndez Ferrín, que naceu en Ourense en 1938, é un bó representante da literatura galega contemporánea, con obras tan salientables coma O crespúsculo e as formigas ou Percival e outras historias.
A través de varios percorridos literarios podemos descubrir a cidade de Ourense dende outra mirada, e rendir homenaxe a aqueles que loitaron pola recuperación e conservación do galego como lingua.
Mondoñedo, terra de Cunqueiro
Xusto enfronte do principal símbolo de Mondoñedo, a sua singular catedral, atopamos a estatua sedente de Álvaro Cunqueiro, que naceu na vila en 1911. Dicía Cunqueiro que a cidade episcopal de Mondoñedo era “rica en pan, en augas e en latín.”
O certo é que pasar a sua infancia e xuventude en Mondoñedo marcou a traxectoria persoal e profesional do autor, que se inspirou nas suas ruas, gastronomía e costumes para crear moitas das suas persoaxes.
Cunqueiro escribiu tanto en castelán como en galego, aínda que sempre fixo unha apaixoada defensa da sua lingua materna. Sempre será recordado por las máxicas Merlín e familia e outras historias, As crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás Illas. Tamén polas costumistas Xente de Aquí e acolá e Escola de Menciñeiros.
Facerlle unha visita e observar a praza da catedral dende a sua perspectiva é unha experiencia que hai que vivir en calquera viaxe a Mondoñedo.
Cambados: o Poeta da raza
Ao longo e ancho de Cambados iremos atopando distintos monumentos adicados aos persoaxes ilustres que naceron na vila e aos que aínda se lembra con agarimo. Aquí naceu Ramón Cabanillas, coñecido como O poeta da raza pola sua poesía contra as inxustizas sociais, que adicou varios poemas á pesca e á vendimia, duas das actividades principais da sua localidade natal.
En Cambados residiron por tampadas outras persoaxes importantes coma a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán, Valle Inclán ou Alfredo Brañas, que escribiron algunhas das suas creacións durante a sua estadía en Cambados.
Pontevedra, sempre Xosé Neira Vilas
Nacido en Vila de Cruces, Pontevedra, en 1928, o escritor Xosé Neira Vilas emigrou a Buenos Aires e a Cuba, pero nunca esquenceu a sua terra nen deixou de escribir en galego. Son xa varias as xeracións que medraron coas historias do inesquencible Balbino en Memorias dun neno labrego, que conta a vida dun neno do rural galego (o mesmo Neira Vilas cando era pequecho) ata que se viu obrigado a emigrar.
Luis Amado Carballo, Fermín Bouza-Brey, e as escritoras Maruja Pino Piñeiro e a contemporánea Fina Casalderrey , ademáis do moi de actualidade Domingo Villar, nado en Vigo, son outros e outras dos grandes valores literarios da provincia pontevedresa.
Lugo, a terra de Xela Arias
A provincia de Lugo é tamén moi prolífica en grandes escritores e escritoras que fixeron do galego a lingua principal da sua obra. Entre elas hai que saientar a figura de Xela Arias, á que se lle adica o Día das Letras Galegas de 2021, grande poeta, escritora, traductora e, ademais, mestra, autora de Tigres coma cabalos, Intempériome e moitas mais.
Xabier Quiroga ou María Concepción Regueiro Digón, son outros dos autores contemporáneos lucenses que fan uso da lingua galega para esccribir as suas obras. Pero sen dúbida o mais coñecido é Antón Villar Ponte (Viveiro, 1881) por pertencer ao movemento da Xeración Nós.
A Coruña, sede da Editorial Nós
A cidade de A Coruña é rica non só en escritores de grande calidade nados na cidade, senón tamén en escenarios relacionados con persoaxes da literatura galega.
Aínda que oriunda de Santiago, Rosalía de Castro viviu unha longa tempada na cidade de A Coruña. En 2021 cumpríronse 150 anos dende que a autora se instalou na cidade herculina en 1871, en concreto na Rúa Príncipe da Cidade Vella, onde viviría ata 1873 co seu marido o poeta Manuel Murguía.
É na Rua Real nº 36 onde atopamos uns dos escenarios mais importantes da cidade en canto a literatura en galego se refire. Neste punto unha placa conmemorativa lembra que este foi o lugar onde Anxel Casal fundou en 1927 a Editorial Nós, que tamén se convertiu en sede das Irmandades da Fala, un movemento literario do 1916 do que xurdiu unha grande producción en lingua galega.
Outro lugar curioso da cidade relacionado coas letras é a antiga Prisión Provincial, que cesou a sua función en 1999. Nela estivo preso o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, natal de Ourense, e alí rematou a sua obra Retorno a Tagen Ata.
Se paseache algunha vez polos Xardíns de Méndez Núñez terás observado o monumento de Asorey a Curros Enríquez, así coma os que rinden culto a Castelao, Valle Inclán, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.
Precisamente estas duas grandes autoras coruñesas, a primeira de Ferrol e a segunda da cidade coruñesa, foron duas grandísimas autoras da provincia coruñesa aínda que non usaron o galego senón o castelán para escribir as suas obras. A antiga casa de Pardo Bazán, na Rúa Tabernas, é hoxe sede da Real Academia Galega da que foi parte esencial.
O Cemiterio de San Amaro, con vistas ao mar, é a morada definitiva de Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Luis Seoane, Wenceslao Fernández Flórez, ou Juana de Vega, á que acompaña o corazón do seu esposo, aínda que os dous últimos escribiron en castelán.
En derradeiro lugar, mais non por iso é menos importante, hai que dar unha volta polo Campo da Leña de Monte Alto, moi preto da que foi vivenda habitual do grande escritor contemporáneo Manuel Rivas, nado na cidade de A Coruña en 1957, con obras como Os libros arden mal, Qué me queres, amor?, O lapis do carpinteiro ou Todo é silencio, levadas estas tres útimas ao cine.
E coa Cidade de Cristal rematamos este percorrido polos autores e escenarios mais salientables da producción escrita en galego ao longo dos séculos, una literatura que dende o seu nacemento no Medievo coas Cantigas de Santa María, en galego-portugués, tratou de ser silenciada ata que diversos movementos literarios devolvéronlle á fala galega o seu valor.
Feliz Día das Letras Galegas!
Emma Sexto