Natal de Sarria (Lugo), Ana Belén Pontón Mondelo ten unha relación moi cercana coa capital galega. De feito, Ana estuduo Ciencias Políticas e Administración pola Universidade de Santiago de Compostela.
A actual portavoz do Bloque Nacionalista Galego converteuse no ano 2016, tras a Asamblea Nacinal, na primeira muller en liderar o partido. Máis tarde, nas eleccións galegas de xullo do 2020, logrou obter para o seu partido os mellores resultados da historia, con 19 deputados, para acadar no 2024 un novo máximo de votos e de escanos, 25. A política, que leva décadas vivindo en Santiago de Compostela, fainos as súas recomendacións.
Onde almorzar
- Churrería de San Pedro: Rúa de San Pedro, 121
- Dpingas: C. Antonio Gómez Vilasó, 5
"Encántame a churrería de San Pedro, un sitio tradicional no que atopas á xente do barrio e no que fan un chocolate con churros excelente. Para algo un pouco máis elaborado encántame tamén Dpingas, que fai uns almorzos espectaculares".
Onde tomar o aperitivo
- Abastos 2.0: Praza de Abastos, Rúa das Ameas, 13 -18
- Nave 5: Mercado de Abastos, Rúa das Ameas, 6 Senra
- El Muelle: Rúa da Senra, 6
"Para tomar o aperitivo gústame moito a zona do Abastos 2.0. Gústame sobre todo para ir o sábado, un bo día para ir á praza e aproveitar para tomar algo e probar as tapas que serven con produtos comprados na propia praza. É unha opción estupenda, igual que a Nave 5. E apuntaría outra máis aínda, o Muelle, que é un local de toda a vida ao que a nova xeración que o atende lle deu un punto especial pero mantendo a esencia do que sempre foi esta cafetería".
Onde xantar
- O Dezaseis: Rúa de San Pedro, 16
- A Horta d'Obradoiro: Rúa das Hortas, 16
"A verdade é que en Santiago temos unha hostalería excepcional e é dificil elixir, pero entre os meus lugares preferidos para xantar está, na rúa de San Pedro, O Dezaseis, un clásico cunha carta que sempre é garantía de boa comida. Tamén me gusta moito a Horta do Obradoiro, na rúa das Hortas, cun espazo moi singular para desfrutar e unha cociña que tamén é sempre unha garantía".
Onde pasar a tarde
- Da-ca: Rúa do Pexigo de Abaixo, 20
"Encántame estar na terraza do Da-ca e cando vou, aproveitar para dar un paseíño polo parque de Belvís".
Onde cear
- A Moa: Rúa de San Pedro, 32, B
"Para cear, A Moa, na rúa de San Pedro, é unha boa aposta, un deses sitios nos que tamén podes desfrutar en Santiago dunha moi boa comida".
Onde ir de copas ou de festa
- O Riquela: Rúa do Preguntoiro, 35
- Modus Vivendi: Praza de Feixóo, 1
"O Riquela, por exemplo, onde ademais se celebran moi bos concertos, ou, na mesma zona, o Modus Vivendi, un dos bares más clásicos de Compostela que nunca falla".