Onde comer en Santiago de Compostela, segundo o profesor universitario Miguel Anxo Bastos
Falamos cun dos profesores máis queridos e recoñecidos da capital galega para que nos conte cales son os seus locais de hostelería favoritos da cidade
3 octubre, 2024 05:00Nacido en Vigo, Miguel Anxo Bastos Boubeta é un economista, politólogo, conferenciante español, profesor universitario e Doutor por la Universidade de Santiago de Compostela, na que imparte clases actualmente.
Nas aulas, Bastos é recoñecido por fomentar o debate para incentivar aos alumnos a reflexionar e investigar. Máis aló da súa labor académica, é un gran conferencista que usa a retórica e a argumentación lóxica para comunicar ideas complexas de xeito accesible.
Cabe destacar tamén que Miguel Anxo acumula máis de 50.000 seguidores en X, onde publica citas propias, pensamentos e ideas realacionadas principalmente coa economía, cultura e educación. Hoxe, sen embargo, coméntanos os seus locais favoritos da capital galega para gozar da gastronomía.
Muchas veces optamos por estudiar lo que más nos gusta, y hay que pensar también en lo que somos buenos nosotros, no sólo en lo que nos gusta, que no siempre coincide. A mí me gustan unas cosas, pero ¿para qué valgo yo? O aprender a que nos guste lo que se nos da bien. #PaleoLET
— Miguel Anxo Bastos (@Bastos_Quotes) August 23, 2024
Onde almorzar
- Cafeterías do Campus Vida USC: Universidad de Santiago de Compostela, Avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri
Comezamos a mañá preto da facultade, no Campus Vida. O profesor adoita chegar cedo ás aulas polo que frecuenta as cafeterías que se atopan no propio campus universitario. "Son excelentes e hai almorzos completos a primeira hora a prezos moi razonables", destaca, "ademais disfruto da beleza do campus e da paz que ainda hai a esa hora da maña".
Onde tomar o aperitivo
Miguel Anxo non adoita tomar o aperitivo, pero sí que nos conta que cando ten un pouco de tempo antes da hora de xantar, gústalle pasear polas librerías de Santiago, especialmente polas que combinan novas publicacións con outras máis vellas, coma Couceiro, Rosalía de Castro ou Gallaecia. "Podo ver así as novidades e descubrir libros vellos dos que non tiña noticia", afirma.
Onde xantar
- Cafetería nuevo Kampus: Av. de Rosalía de Castro, 87
- Restaurante Carolo: Av. de Vilagarcía, 21
- Restaurante María Castaña: Rúa da Raíña, 19
- Restaurante Sexto: Rúa da Raíña, 23
Á hora de xantar, o profesor decántase por dúas opcións na zona vella: Restaurante María Castaña e Restaurante Sexto, ambos na Rúa da Raíña. Pero tamén por dous clásicos da zona nova da cidade, a cafetería Kampus, onde adoita xantar a diario, e o restaurante Carolo, do que destaca o seu excelente menú do día. "Por sorte, a hostelería compostelana é excepcional e en calquer sitio xantase moi ben", asegura.
Onde merendar
- Babyloon Garden Café: R. de Tras do Pilar, 9
"Descubrín un local novo", comparte con nós Miguel Anxo, "o Babylon Garden". Preto da alameda e tamén da rúa Rosalía de Castro, ao profesor gústalle tomar algo alí pola tarde, á saída do traballo, porque se trata dun espazo moi relaxante cun excelente xardín.
Onde cear
- Casa de Xantar O Dezaséis: Rúa de San Pedro, 16
- Terra Nosa: Rúa Nova de Abaixo, 5
Aínda que Bastos non é moito de sair a cear, destaca a Casa de Xantar O Dezaséis na zona vella e o restaurante Terra Nosa na zona nova da cidade. "Son sitios onde teño cenado moi ben", recorda, e engade: "ambos teñen ambientes distintos pero son dúas excelentes recomendacións".
Onde copear
- Café-Pub La Quintana: Pr. da Quintana de Vivos