Tanxugueiras: "Ir a Eurovisión sería moi bo para as linguas e cambiaría mentalidades rancias"
Aida Tarrío y las hermanas Olaia y Sabela Maneiro han sido unas grandes renovadoras del folclore gallego, ahora pretenden conquistar España y Europa con su último tema, ‘Terra’, un canto a todas las lenguas y a la cultura gallega
2 enero, 2022 06:00Aida Tarrío y las hermanas Olaia y Sabela Maneiro conforman el grupo Tanxugueiras, clave en la renovación del folclore gallego y que ahora, tras conquistar su tierra, busca hacer lo mismo en España y en Europa, en los festivales Benidorm Fest y Eurovisión.
Las tres artistas, que ante todo se definen como pandeireteiras, hacen gala de una gracia y una naturalidad que ha conquistado a sus compañeros y al público en este camino hacia Eurovisión. Por si fuera poco, también han sido nombradas como la palabra del año en Galicia. Con su tema Terra, que ya acumula más de medio millón de escuchas, pretenden hacer un canto a todas las lenguas y especialmente a Galicia y a su cultura.
Como naceu Terra?
Aida: Nace do desexo de poder normalizar as linguas cooficiais e as diferentes culturas do Estado. Queremos que a nosa música de raíz teña un oco e que teña a visibilidade que tantos anos leva pedindo. Nós pensamos que o flamenco está moi ben, a nós encántanos o flamenco, pero o ocupa todo, parece que España é flamenco, paella e toros, pero é moito máis que todo iso, e aquí estamos os galegos e as galegas para ensinar que temos unha cultura e unha lingua que mola moitísimo e que pode chegar a calquera palco como o de Eurovisión.
Aparte do galego, a canción fai unha reivindicación do euskera, do catalán e de todas as linguas
Sabela: Nós somos as primeiras que estamos aí candidatas para ir a Eurovision co galego, pero isto é unha guerra de todos, de todas as linguas cooficias. Isto é para todos os españois que se senten identificados, e tamén para aquelas linguas que non son cooficiais e deberían de selo.
Tamén poñedes en valor a figura da pandeireteiras
Olaia: Para nós, cando a xente nos pregunta que somos, dicir pandeireteiras é o máis grande. Non hai que olvidar de onde vimos, nin quen somos. A figura da pandeireteira é algo conservado especialmente por mulleres e non podemos estar máis contentas do que iso significa, que é cultura, tradición, matria, forza e pandeireteiras ata o día que nos enterren coa pandeireta na man.
O folclore vive un gran momento, con grupos como vós ou artistas como Baiuca e Rodrigo Cuevas
Aida: Estamos nun momento moi bo. Nós pensamos que o confinamento deu pé a que a xente tivera máis tempo para escoitar cousas diferentes. Volvemos á etapa de que a xente abre as súas miras e está entrando na música tradicional, coa sorpresa de que lle mola. Todo isto é gracias a ter grupos que teñen moitísima calidade e que poderían estar nas listas dos 40 Principales, que oxalá algún día sexa real, xa que non teñen nada que desmerecer aos grupos máis potentes do panorama actual.
Se chegades a Eurovisión, que credes que cambiaría na mente da sociedade que unha canción en galego represente a España?
Sabela: Creo que xa cambiou, Galicia xa está no mapa. A xente xa empeza a entender que Galicia ou calquera música do Estado aínda que non sexa en español ou flamenco, xa pertence. Penso que cambiaría moitas cousas, sobre todo a mentalidade rancia dos españois, de todo centralizalo en Madrid, centralizalo na lingua española… e non nos damos conta de que temos unha gran riqueza, que é ter diferentes linguas e culturas. As linguas non son malas nin morden, só morden se as usas para insultar. Cambiaría a forma de pensar de moitos e sería algo moi bo para todas as linguas e para a unión dos pobos.
Vós sodes o exemplo vivo de que o galego non pecha portas
Olaia: Ao contrario, eu creo que as abre. Moitísima xente está interesada no noso idioma e na cultura, e a verdade é que hai xente que comenta que estamos facendo do galego unha cultura de todos e creo que iso é o máis bonito do mundo. Hai xente, mesmo xente galega, que está preocupándose de onde ven a nosa tradición. O galego abre portas, calquera tipo de idioma, dende cando ter un idioma e cultura propio é algo malo e non algo bo?
A vosa música conecta con moita xente, especialmente coa xente moza, pensades que pode axudar a que se fale máis galego?
Aida: Eu penso que si. A música é algo que tes no teu día a día, e dependendo da música que escoites iso axúdate a forxar unha forma de pensar ou outra. Se os nenos escoitan dende pequenos música en galego e ven que mola igual, pois pode reforzar que eles digan "se hai grupos en galego que viven de tocar e cantar en galego, esa música ten que molar", e non só para os nenos, tamén para a xente maior e para os adolescentes, se ven que hai cousas en galego, incita a que se fale máis.
Como recibides o cariño da xente, non so de Galicia, senón de todas as partes que estades tendo?
Sabela: Pois a verdade é que estamos moi contentas, moi ilusionadas e moi abraiadas de esa acollida. Ademáis, nótase por exemplo en Twitter, que se alguén pon un comentario malo, saen oito ou nove a defenderte. É un cariño moi grande. Como se xestiona iso? pois non o sei, porque estamos como nunha nube e pensas que ti non es a protagonista do que está pasando. Eu vexo as Tanxugueiras e penso "que guai o que está pasando", pero non me vexo eu aí.
Hai moito compañeirismo entre todos os participantes do Benidorm Fest
Olaia: Vou contestar ata o que sei, porque eu non estiven na presentación do festival (di Olaia de broma coas súas compañeiras, xa que non puido asistir por estar confinada). Con Rayden hai amor, e non hai rivalidade para nada, o que hai é irmandade de xuntarnos para facer música e gozar.
Aida: Houbo moitísimo "bo rollo", non hai competitividade. Como dixo o de Varry Brava: "Isto non é unha competición, é unha festa da música española e creo que hai que velo así. Ir a gozar, dar o mellor de ti para abrir esas portas a nivel nacional, e que nos siga coñecendo xente fora de Galicia. Nada de competitividade, porque como dixo Sabela, nós somos ganadoras xa, ir aí é un triunfo enorme para a música galega e a música tradicional.
Sabela: Non ves malas caras nin nada, dis "ao final so pode ir un a Eurovisión", pero estamos alimentándonos todos, cada un para os seus proxectos, e quen gañe que o goce e lle vaia xenial.
Aida: Pero á xente que lle mole o noso tema, que nos vote, aínda que non haxa rivalidade aquí estamos encantadas de recibir os votos. (risas)
Cal é a vosa canción favorita das vosas rivais?
Sabela: La calle de la llorería de Rayden, encántame a letra, aínda que en Eurovisión a letra quede nun segundo plano, encántame o que quere dicir, encántame as ganas que ten de facer as cousas e encántame el.
Aida: A min o tema de Rayden e o de Rigoberta "flípanme", pero agora mesmo teño na cabeza Ay mamá de Rigoberta. Igual dentro de tres días dáme a febre con Rayden, pode ser, pero vai estar entre esas dúas.
Olaia: Eu con Rayden non son obxectiva, porque o quero moito, e neses casos o ves todo ben a non ser que sexa unha merda, que non é este caso que é unha "cancionaca". Diría Rayden, pero a mesma vez, Blanca Paloma, aínda que é unha canción moi lenta, transmíteme dozura, transmíteme algo moi chulo. Cando escoito esa canción póñenseme os pelos de punta.
Se gañades o Benidorm Fest, que tolería faríades?
Olaia: Nós xa facemos tolerías a diario, co cal dicir algo é difícil.
Sabela: Non o teño claro, pero se nos deixara a pandemia, o que faríamos é unha foliada con todos os galegos que se despracen a Benidorm.
Olaia: O que pasa e que para isto queda un mes e non vai baixar tanto para que podamos facelo. Ti non avives iso que logo temos alí a "nonseicantos" galegos cunha pandeireta e a ver como atallamos o problema.