Sabela Ramil.

Sabela Ramil. Aigi Boga

Música

Sabela Ramil no Noroeste de A Coruña: "Fago pop barroco, música escura con partes luminosas"

A lucense estará este do es 10 de agosto ás 20:30 horas no anfiteatro de Santa Margarida e invita ao público coruñés a darlle unha oportunidade a sua música

9 agosto, 2023 05:00

Sabela Ramil (Bravos, Ourol, Lugo, 1993) é un rostro cada vez máis coñecido no panorama artístico galego e tamén para moitos espectadores de fora da comunidade porque foi unhs das integrantes da academia de música máis famosa da televisión, Operación Triunfo, en 2018.

Dende o momento no que alcanzou ese foco mediático non parou de traballar y de avanzar na sua carreira musical, que empezou no conservatorio dende moi pequena e que nestes cinco anos fixo medrar, formando o seu propio estilo e llegando a adentrarse na producción musical do seu segundo disco, ‘Ceniza’.

Foto: Aigi Boga

Foto: Aigi Boga

Este segundo traballo é máis maduro e consolidado có primero, ‘Despedida’, fundamentalmente porque os temas están atravesados pola nostalxia e a pérdida a causa de que seu pai enfermou e faleceu mentres a compoñía, o que fixo cambiar o rumbo inicial do seu traballo. A pesar das dificultades, a artista galega soupo sobrepoñerse e seguir loitando pola sua carreira en salas e escenarios de toda España, mostrando o xénero que a representa e que define con humor como "pop barroco" debido a mestura de estilos.

Dende o clásico e o pop ata o jazz pasando tamén polo metal. É a primera vez que forma parte do cartel do Noroeste Estrella Galicia, o que supón para ela un ánimo extra, xa que fai uns anos era Sabela Ramil quen estaba contemplando dende o público a artistas da talla de Patti Smith ou Nathy Peluso.

Promete no deixar a ninguén indiferente no seu concertodeste xoves 10 de agosto no parque de Santa Margarida da Coruña e asegura que xa "está argallando algo", ao mesmo tempo que xa apunta que fará un guiño ós coruñeses que descubrirán cando a vexan en directo.

Foto: Aigi Boga

Foto: Aigi Boga

Participaches na mediática edición de Operación Triunfo 2018. Cómo foi o teu crecemento persoal e artístico nestes cinco anos?

A verdade é que foron uns cinco anos atípicos coa pandemia polo medio e o crecemento final se mide na capacidade que tes de ser consciente do que fas, de poder decidir o que fas. Nese sentido estou moi contenta porque teño o equipo que quero e fago a música que quero e como quero e é moi positivo.

Neste último disco metinme na producción musical porque é unha parte que me gusta moito e adiqueime a elo , é unha das cosas que máis disfruto, facer os arranxos, crear o ambiente e actitude do tema.

O primeiro álbum ‘Despedida’ e o segundo ‘Ceniza’. Que toque aportas ti coa producción?

A producción que fago son máis ben ambientais, cheo de dinámicas e contrastes, gústame a música que teña movemento, que non sexa todo o tempo igual. Ao vir do clásico gústame mesturar moito arranxos clásicos co pop, porque fago pop e encántame.

A día de hoxe es unha cantante consolidada con estilo propio. Fai anos imaxinabas este presente?

Era o que sempre buscaba, estar contenta co traballo que fago, rematar un tema, un disco. Pero sempre queremos máis porque vas mellorando e é o divertido, vas medrando. Estou contenta, nunca satisfeita ao 100% porque son unha persoa en constante busca e unhas veces é positivo e outras non. Costoume tempo chegar a ter un equipo co que estar cómoda, defender cancións coas que estar 100% cómoda e nas que confío.

En moitas ocasións dixeches que a máxima nos teus temas é a nostalxia e a mestura de xéneros. Como definirías o estilo musical de Sabela Ramil?

Bebo de moitos estilos, de pequena comecei no conservatorio e tiña de referencia grupos míticos como Rebelde Way porque era o que nos gustaba a todos. Logo fun medrando e descubrindo novas músicas e artistas internacionais de pop, como no seu momento La Oreja de Van Gogh foi adolescencia máxima. Tamén chamábanme a atención Twenty One Pilots e Lana del Rey gústanme moito. A miña música ten bastante contraste e é bastante escura, pero teño moitas partes luminosas e máis cañeras nas que meto metal, rock…

A miña musica describiuna o mezclador do disco como pop barroco e gústame a definición, ao final non deixa de ser pop pero é certo que os arranxos que fago que él chama isabelinos son así como barrocos, entón adoito este estilo, é orixinal.

Nos teus discos contaches con colaboracións de Luisa Sobral, Xoel López e incluso hai unhas semanas compartiches escenario co ferrolán Andrés Suárez. Que colaboracións serían as dos teus soños?

Nun primeiro disco apetecíame presentar o son de Sabela e agora estou aberta a colaborar non só con artistas españois senón de outros países como Portugal por exemplo. Gustaríame traballar de novo con Diego Pizarro, productor con calidade incrible ou Lana del Rey, que chegar a traballar con ela sería totalmente un soño. A nivel galego tiven a oportunidade de traballar con Guadi Galego, que a admiro moito, e con Alex de Baiuca, que o quero un montón. Gustaríame colaborar con Sen Senra, que creo que poderíamos facer unha mezcla guay, atráeme moito como traballa o son, os discos, os conceptos…

‘Ceniza’ é bastante diferente ao primeiro álbum porque e máis intimista por vivencias persoais. Como son as actuacións da nova xira con estos temas?

Nas actuacións normalmente levamos o disco completo de ‘Ceniza’ e algún tema como moi típico do anterior disco que a xente pide, pero no Noroeste só temos unha hora na Coruña e tocaremos todo o disco e algún tema do anterior. Chámase ‘Ceniza’ porque está atravesado pola perda, no transcurso de facelo meu pai enfermou e morreu despois e foi moi determinante para o desarrollo do proceso. Ía por un camiño e cambiou totalmente, fixen un disco escuro pero hai moito contraste entre a miña música, senón sería demasiado denso para o público e para min no directo.

No diseño do disco hai cores grises e negros pero tamén un amarelo súper luminoso transmitindo que na música hai momentos de escuridade, pero tamén outro tempo de humor luz e para coller folgos. As perdas doen pero hai cousas boas na vida e por iso levamos o directo ao extremo.

Foto: Aigi Boga

Foto: Aigi Boga

Temas máis queridos polo público.

A parte do Interludio, que levamos no directo dun xeito diferente, é moi emocionante e enérxica. Hai temas como ‘Mucho Love’ que gustan moito á xente e a canción por excelencia é ‘Ya no me quiero ir’, todo un subidón co que a xente vólvese tola.

Como será o teu debut no Festival Noroeste Estrella Galicia?

É a miña primeira vez no festival, fíxome moitísima ilusión porque adoro Coruña e vivín alí moitísimos anos e volverei nalgún momento porque me encanta. Agosto é un mes para a música por excelencia alí e faime ilusión porque ía ao festival a ver a Patty Smith ou a Nathy Peluso cando aínda non fixera o boom a súa carreira. É unha nova moi gratificante e mandei a coñecidos fotos dos carteis nos que aparezo.

No anfiteatro de Santa Margarida o 10 de agosto estou argallando algo diferente, os técnicos estanse tirando dos pelos dicíndome que non me volva tola. Preparas unha xira e estudias todo o percorrido, pero cada concerto dependendo de onde estemos gústame facer algo especial. Quero facer unha actuación diferente, que marque, e para iso a xente ten que vir a verme.

Serei espectadora do Noroeste tamén, por suposto que si, o xoves de feito voume quedar en Santa Margarida porque as propostas que veñen despois de min parécenme incribles e o mércores achegareime tamén e andarei por ahí cambiando de escenarios. Coruña é unha cidade moi guay para facer este tipo de iniciativas.

Foto: Aigi Boga

Foto: Aigi Boga

Como pinta o futuro no musical?

Estou volvendo a compoñer, todavía non sei para qué, se para EP ou single. Disco non porque é moito curro e quedei exhausta do último en canto a producción e quero tempo para vivir, porque se paso o tempo no estudio non vivo experiencias para poder contalas.

Busco outras sinerxias con outros artistas para refrescar a miña música e forma de facer, de compoñer, de cantar…Véndolles a eles poderei medrar. Agora estamos pechando a xira por salas en outono e inverno e cando teña todas a fechas informarei de todas xuntas.

Unha mensaxe ao público coruñés.

Se non me escoitaron nunca que veñan a darme unha oportunidade que lles vou sorprender.