Laura Marín, a estudante coruñesa que é unha superestrela en Serbia: "Iugoslavia namoroume"
Descoñecida en Galicia e famosísima na antiga Iugoslavia, Laura Marín quere deixar de ser "a rapaza das covers" para desenvolver a súa carreira como cantante en Serbia
28 enero, 2024 05:00Laura Marín é a Hannah Montana da Coruña. Na cidade herculina, di, "non me coñecen nin os meus amigos", pero en Serbia está rapaza é unha superestrela grazas aos videos que leva anos facendo por internet. Conta con máis de 350.000 seguidores das súas "covers" en lingua serbocroata sumando Instagram, TikTok e Youtube.
Aos nove anos xa tiña claro que quería ser cantante na escena iugoslava, pero compaxina esta incrible vida cos seus estudos en filoloxía galego-portuguesa. É unha rapaza carismática, con moito talento e "moi amiga dos meus amigos", tal e como nos confesa. Laura Marín ábrenos hoxe as portas do seu mundo para poder coñecer todo o que viviu con tan só 19 anos.
De Os Mallos a Serbia, como é iso?
Todo grazas a Internet, supoño. Entón, creo que é unha consecuencia directa da globalización e sobre todo polo meu espírito moi de facer cousas e explorar. Iugoslavia namoroume cando tiña 9 anos, foi instantáneo. Escoitei esta lingua (a serbocroata) por casualidade por YouTube e empecei a interesarme máis, máis e máis, e con 14 anos empecei a aprendela pola miña conta.
Como empezou todo?
Sempre me gustaron moito as músicas do mundo, pero na miña casa non había Internet, entón tiña que ir á biblioteca. O que máis me gustaba era buscar músicas do mundo. A verdade é que non ten ningunha razón lóxica, foi unha devoción por esa cultura, foi moi natural. Chegou un momento no que empecei a ver documentais, a ler libros e dinme de conta de que me quedaba con moi pouca información se só lía cousas traducidas. Empecei a aprendelo e o meu soño desde os nove anos é ser cantante na escena iugoslava, entón empecei a gravar en redes sociais coa ilusión de que algún día funcionase, e está a empezar a funcionar.
E que din os teus pais?
Os meus pais sempre souberon que non tiña remedio. Nacín e crecín nun fogar moi desestructurado, supoño que o meu refuxio sempre foi a música, pero eles sabían que nalgún momento ía escapar deste mundo. Encántame A Coruña, pero non é ningunha sorpresa. Levo cantando desde que tiña 5 ou 6 anos, levo indo a clases desde que tiña 10, entón é un área que traballei antes de empezar a aprender esta lingua. Á miña nai nunca lle fixo chiste, naturalmente porque ela viviu todo o conflito, pero no momento no que chegou ao aeroporto de Sarajevo -vai facer un ano- e viu a cantidade de xornalistas e fans que había, cambióuselle a cara. Aí aceptou que non había volta atrás, agora xa o ve cunha perspectiva máis positiva.
Poderíase dicir que te sentes namorada?
Non creo nas reencarnacións, pero espero que exista algo así porque senón, non ten sentido. A verdade é que non teño resposta, desgraciadamente.
E quen é Laura Marín? Como te defines?
Son unha rapaza á que lle encanta a xente e traballar de cara ao público. Paso moito tempo coa xente á que quero e sempre fun moi devota dos meus estudos. Agora estudo filoloxía galego-portuguesa. O meu perfil de Instagram é un batiburrillo de min porque creo que todo o mundo ten algo que aportar.
Por que serbocroata e non outra lingua?
Gústame moito cantar en calquera lingua, pero a verdade é que non hai ningunha razón. Cando era máis pequena aprender inglés para min era algo que facía por gusto. Non ten explicación, é como namorarse.
Foi un reto aprender serbocroata?
A verdade que non porque agora está todo na Internet. Quero dicir, eu nunca tiven que facer algo por min mesma, fixen unha lista ao comezo con frases básicas e ao final seguía construcións sintácticas máis complexas. Sempre atopei o que quería, había recursos suficientes na Internet, pero é verdade que os dous primeiros anos non entendía nada. Vía películas enteiras sen subtítulos e entendía dúas palabras, pero pensaba "se sigo, chegará un momento no que si entenda todo"
Quixen aprender alemán, pero non me saíu porque non tiña ese desexo tan grande por aprendelo. O máis importante sen dúbida é a motivación.
Cando empezaches en redes sociais?
Eu crecín coa xeración de YouTube: con ElRubius, Auronplay, Dalas, Wismichu… Eu vin todo o que podías conseguir gravándote por Internet, eu xa crecín con eses exemplos. Estou moi agradecida coa Laura de fai 5 ou 6 anos, de facer ese esforzo porque eu empecei a ter visitas fai dous anos. É dicir, paseime anos subindo vídeos todas as semanas, pero non chegaban a nada, aínda que na pandemia tiven un primeiro vídeo que chegou a 10.000 visitas. Nunca peguei o pelotazo, foi moi pouco a pouco. Entón, realmente non sei que anxo víuseme e díxome "grava vídeos para YouTube porque vai servirche de algo".
Cando empezaches a recibir mensaxes dos teus seguidores?
Foi moi lentamente, ao principio tiña 0 comentarios, ao ano seguinte tiña 1 comentario, pero agora unha cover miña debe ter uns 300 comentarios en Instagram. A verdade é que cría que co tempo ía a acostumarme, pero non.
E gustaríache mudarte a Serbia?
De feito, xa tiven a oportunidade de mudarme a Belgrado (Serbia), a capital musical, pero o mundo da música é tan complicado e simplemente non me quixen apresurar. Tiña 18 anos entón, teño toda a vida por diante. Prefiro seguir indo a concertos, se Deus quere vou a Munich o mes que vén. Prefiro gañar experiencia e acabar a carreira, pero a miña vida está orientada a eses países. Cando vou alí é como "uf xa estou na casa, xa estou tranquila".
Pero xa puideches ofrecer moitos concertos alí
Grazas a Deus tiven moitas experiencias e oportunidades, mesmo me dixeron de ir a Gran Hermano VIP, pero negueime. Tiven moitas oportunidades, pero nunca me rematan de convencer porque escápanseme moitas cousas porque estes países están fora da Unión Europea. É como ser Hannah Montana, porque paso de ser unha rapaza normal a chegar alí e non poder ir por unha rúa practicamente.
Que concertos tes este ano?
Está Munich, pero estas cousas están moi no aire, si falla unha cousa, falla todo. De feito, sempre fago moitas preguntas porque non teño manager nin ninguén que me apoie. Entón, de todas as oportunidades que me ofrecen hai unha de cada 50 ou 100. Non quero desvelar nada porque eu creo moito no mal de ollo, pero creo que este ano vou deixar de ser a rapaza das covers, se todo sae ben, para ampliarme a un campo máis grande.
Como é ser unha superestrela en Serbia e estudante na Coruña?
O que é fodido é que polo de agora de 5 profesores só 2 danche apuntes. O que me quita tempo e enerxía é a falta de compromiso dos profesores que teño, pero a partir de aí, a verdade que non considero que sexa difícil porque cando tes ganas de algo sabes que vas a ter un futuro.
Obxectivos e retos para 2024?
Quero sacarme o carné de conducir, pero non me gusta nada. Tamén quero aprobar todo na Facultade, pero non é fácil. Encantaríame sacar a miña primeira canción, pero como che digo escápanseme moitas cousas de dereitos de autor. Quero seguir co rendemento en redes sociais.