Cibrán (esquerda) e Chicho (dereita), membros de Boyanka Kostova.

Cibrán (esquerda) e Chicho (dereita), membros de Boyanka Kostova. @boyankakostova

Música

Boyanka Kostova, en Santiago: "Agora ninguén fai trap, faise moito máis reguetón ou tecno"

O banda galega presentará o seu último disco, ‘Foliadas no inferno’, este sábado 20 de abril na Sala Capitol de Santiago

19 abril, 2024 11:43

Irrumpiron no panorama musical galego en 2016 tomando como nome o dunha atleta búlgara, nacionalizada azerbaiyana, que fai halterofilia. Tras oito anos na música seguen a sorprender, esta vez co seu sexto álbum: Foliadas no inferno

Boyanka Kostova, Cibrán García e Chicho (Ortiga), son pioneiros do trap galego. A súa coctelera ten un pouco de todo, retranca galega, folclore, sonidos electrónicos, samples… o resultado, "trap de aldea, pero universal".  

Nesta ocasión quixeron innovar, optando por unha fórmula menos rapeira e máis electrónica e latina, que presentan en directo este sábado 20 de abril na sala Capitol. Falamos con Chicho para saber con que sorprenderán ós asistentes esta vez… 

Fai unha semana que veu a luz Foliadas no inferno, como foi a acollida?

De momento moi boa, todo o que nos chega a nós é moi positivo. Á xente parece que lle gusta a fórmula pola que tiramos, menos rapeira e un pouco máis electrónica e latina. A sorpresa é positiva! 

É un disco que rompe por completo co anterior, Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados. Por que quixestes que fora así?

Ó final o grupo non deixa de ser a forma que temos de relacionarnos Cibrán e eu, é un grupo de amigos. Cando nos sentamos a facer música sempre intentamos ir un pouco ó límite como divertimento, porque antes que nada o grupo é un divertimento para nós.  Entón, para nós é divertido facer un disco e decir "vamos a facer todo rap" e no seguinte decir "vamos facer todo menos rap". 

Que aportades cada un ó proxecto? 

Pois a verdade é que somos opostos, e por iso complementarios. Eu, por exemplo, non fago nada de letras, todo o imaxinario é de Cibrán, e toda a parte musical é case exclusivamente miña. Pouco nos metemos no traballo do outro, porque xusto cada un de nós fai un traballo que o outro prefire non facer, así que é súper fácil. 

Cibrán e Chicho. @boyankakostova

Cibrán e Chicho. @boyankakostova

Dicides que cada tema trata de maldicir todos os males que nos rodean. Cales son esos males? 

Nós non deixamos de ser xente que está entre finales do 20 anos e principios dos 30 e estamos entrando nese momento vital que eu pensei que non chegaría nunca. Problemas, a nivel vital, que pensábamos que eran de xente máis moza seguímolos tendo e problemas que víamos para máis adiante xa os estamos tendo. Nós, e o mundo en xeral, levamos bastante tempo nunha época distópica pospandémica e medio bélica e iso fai aflorar moitos sentimientos. Desamor, problemas económicos, droga… diso falamos.

Moitos falan de Boyanka Kostova como os creadores do trap galego, sentídelo así?

Un pouco si! Nós fomos a primeira banda en ter un pouco de trascendencia facendo trap en idioma galego. Cando nós empezamos a facer ese sonido moitos levaban tempo facéndoo pero en castelán. Éramos moi fanáticos do sonido e ó final nós somos galegofalantes, nunca se tiñan mesturado as dúas cousas e pensamos que había que intentalo.  

É un estilo que chegou para quedarse? 

Si, pero o que pasa e que estamos no ciclo de sempre. Hai un sonido mainstream, chega un sonido alternativo que o desbanca, pasa o altenativo a ser mainstream e xa  volve a ser desbancable por outros sonidos. O trap chegou fai dez anos e xa coma quen di non o fai ninguén, faise moito máis reguetón ou tecno. As etiquetas e os estilos non deixan de ser algo pasaxeiro. 

Este sábado presentados o voso sexto álbum na Capitol. Segue a haber nervios despois de tantos anos? 

Nós para iso, e sobre todo eu, non adoitamos poñernos nerviosos. Levamos tantos anos de preparación que xa non se fai tan complicado. Eu antes poñíame nervioso todos os días un pouquiño e agora non me poño nervioso ata que un día póñome fatal. O día antes da Capitol ou a mañá da Capitol estarei fatal, logo póñome a montar a parte técnica e xa me olvido. 

Ides estar moi ben acompañados (Dios ke te Crew, Jaguarone ou Conjunto Amistá). Por que decidistes levalos? 

O ano pasado non tivemos tempo a presentar o disco en sala, así que este ano queremos invitar a toda a xente que debería ter vido no ano anterior e tamén neste. Xa non é que fagamos colaboracións, senón que moitos axúdannos na sombra e son amigos. Para nós todo trata de pasalo de ben, de amizade e nun día tan importante para nós queremos estar rodeados de amigos. 

As canción deste novo disco son moi diferentes ás do anterior. Tamén o serán os concertos? 

Sempre adoitamos ensinar as cancións que fixemos no últimos disco e despois metemos as cancións máis coñecidas dos anteriores discos, pero intentamos refacelas en outras claves sonoras para que se alguén nos ve en 2022, non vexa o mesmo espectáculo en 2023, e o mesmo no 2024.  

De momento só tedes confirmada esta data. Haberá máis? 

Por suposto! O que pasa é que moitos festis ainda non sacaros as datas, pero tocaremos en festivais de toda Galicia. Iso seguro!