Manuel Reigosa, reitor de la Universidade de Vigo

Manuel Reigosa, reitor de la Universidade de Vigo

Educación

Manuel Reigosa, reitor de la Universidade de Vigo: "Estamos convirtiéndonos en un referente"

Publicada
Actualizada

Licenciado en Biología y Filosofía por la Universidad de Santiago de Compostela, donde también obtuvo su doctorado en Biología, Manuel Joaquín Reigosa Roger ejerce actualmente su segundo mandato como rector de la Universidad de Vigo, una institución de la que es parte desde su fundación en 1990.

Catedrático de Fisiología Vegetal, fue reelegido para el cargo en junio de 2022, logrando más del 72% de los votos ponderados a su favor. Asumió este cargo con objetivos claros y ambiciosos: promover el recambio generacional del profesorado, mejorar la experiencia universitaria de los estudiantes y potenciar la investigación y la innovación en la universidad.

Bos días, reitor. Como profesor da Universidade de Vigo dende a súa creación en 1990, como valora a evolución da Universidade ao longo destes anos?

Mirando cara atrás, pasamos de ser un primordio de Universidade moi pequeno, pouco desenvolvido e con poucas titulacións pero cun entusiasmo moi forte por parte de todos os que formabamos parte daquela primeira etapa; a unha universidade que está considerada en todos os rankings entre as mil mellores do mundo, o que é bastante extraordinario. 

A Universidades amosa cada vez máis recoñecemento pola nosa capacidade de captación de fondos para investigación, a competitividade dos nosos investigadores e as publicacións de alto impacto. Cada vez máis, estamos a converternos nun referente en moitos sentidos, e a tendencia é seguir mellorando aínda máis.

Iso si, temos por diante o gran reto da renovación xeracional, xa que moitas das persoas que comezaron na universidade nos anos 90 –e entre elas eu mesmo– estamos nunha idade na que xa vai tocando dar o relevo. Por iso, se somos capaces de acertar neses relevos e manter esta idea que se conservou dende o inicio, de valorar extraordinariamente o esforzo, a calidade, o mérito e a capacidade das persoas, seguiremos sendo unha universidade que vai para arriba.

E, ademais da renovación xeneracional, cal considera que é o reto ao que se enfronta a universidade nos próximos anos?

En principio, o máis importante dunha universidade é que debe dedicarse a xerar coñecemento e a transmitirlo para ofrecer a mellor formación posible ao alumnado. Despois veñen outros aspectos como a transferencia, na que tamén somos fortes, porque as misións da universidade non se esgotan coa docencia e a investigación.

Pero, sen dúbida, o máis importante é o capital humano. Temos que ser quen de levar a cabo unha renovación a un ritmo adecuado e de conseguir que a nova xeración que entra nos departamentos universitarios poida estar un tempo con persoal que leva aquí moitos anos. Así poderán transmitirlle os nosos valores, o noso xeito de funcionar, e facilitarlles o camiño, algo que non tivemos aqueles que entramos nos anos 80, cando chegamos a laboratorios baleiros e sen protocolos de funcionamento. 

Percíbese que o talento da universidade tende a quedar aquí, en Galicia, ou hai unha fuga cara a outros lugares?

É obvio que neste momento todas as universidades españolas están enfrontándose ao mesmo reto: están bastante envellecidas. Polo tanto, o que estamos facendo é tecer redes para captar ese talento. Gran parte do cal, loxicamente, será talento formado aquí e que, por razóns de apego, quere quedar na casa ou en Galicia. Pero tamén é certo que esas redes están tendidas a nivel nacional e internacional. É verdade que moita xente ve a Universidade de Vigo como un lugar onde desenvolver a súa carreira, así que creo que neste momento somos atractivos.

Tanto a universidade como os seus investigadores están moi ben situados nos rankings mundiais. Isto está atraendo moito talento estranxeiro de investigadores?

En principio, para atraer talento investigador estranxeiro, é necesario que haxa talento na casa. O talento atrae talento, esa é a norma de ouro. Cando chega algún investigador que é moi recoñecido a nivel mundial, é máis probable que atraia a outros investigadores de distintos puntos do planeta, que cheguen a Vigo e se queden aquí. Hai algúns laboratorios que están así montados e que teñen incluso unha maioría de persoal que vén de fora.

Globalmente, creo que aínda nos queda moito por facer. Hai dous tipos de rankings: uns que están baseados en datos obxectivos, ou polo menos obxectivables, como o número de publicacións por profesor, o impacto medio das publicacións, o número de citas, etcétera. Pero outros están máis baseados en enquisas de recoñecemento e nos somos unha universidade que non leva moito tempo creada; non fomos fundados ata 1990 e estamos a competir con universidades que son varias veces centenarias.

Aínda que a Universidade de Vigo é forte nalgúns ámbitos, vai levar tempo para que ese recoñecemento se converta en algo real. Aínda así, nos rankings baseados en enquisas tamén estamos entre os mil primeiros, o que quere dicir que cada vez somos máis coñecidos e recoñecidos. Supoño que esta tendencia que estamos a seguir é moi boa, e continuaremos subindo nos próximos anos.

Moita xente ve a Universidade de Vigo como un lugar onde desenvolver a súa carreira, somos atractivos

Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo

En canto á docencia, que iniciativas están a implementar para fortalecer a calidade na formación do seu alumnado?

Agora mesmo temos unha gran parte do noso profesorado implicado en temas de innovación docente. Dentro deste contexto, podo citar que xa temos un metaverso en funcionamento con algunhas iniciativas, e está bastante avanzado en determinadas materias nas que se pode utilizar.

Ademais deste fito, dispoñemos de aulas, seminarios e outras instalacións nas que é posible interactuar a través dun avatar, de xeito que o alumnado pode empregar un software para "viaxar" polo noso campus virtual, que integra elementos de Vigo, Ourense e Pontevedra, aínda que non copia fisicamente ningún dos campus.

Tamén se está a traballar con clases invertidas, sistemas de avaliación continua e promovendo o traballo en equipo. En resumo, está mudando bastante o enfoque. Aínda que é evidente que as clases presenciais organizadas ao redor da figura do profesor continúan a ser necesarias.

Entón, moita innovación na Universidade de Vigo

Si, hai moitísimos grupos de innovación docente, formados por profesores —algúns deles bastante amplos— que, con un financiamento mínimo, están a realizar actividades novas para darlle un pulo á docencia. O obxectivo é facela máis atractiva e potente, máis capaz de lograr que o estudantado coñeza todo o que precisa aprender.

E en canto á oferta académica, tedes 55 graos. Que plans hai para introducir novas titulacións?

Aínda estamos a rematar a implantación de algúns graos que son moi importantes para nós, como o noso novo grao dual, no que unha parte da docencia impartirase en empresas, como Stellantis ou no clúster de Automoción. Pero tamén temos a vista posta en completar o mapa de titulacións de grao a nivel galego, o que creo que debemos facelo por consenso entre as tres universidades e a consellería.

Tamén queremos ampliar a oferta de formación ao longo de toda a vida, e por iso estamos moi ilusionados coa posta en marcha das microcredenciais, que comezan este ano e que permitirán que unha persoa poida confeccionar o seu currículum combinando aqueles contidos que mellor se adapten a ela e enriquecendo a súa vida profesional.

Agardades que teña boa acollida?

Si, os primeiros ademais creo que van a estar financiados, polo que serán ou ben gratuitos ou cun custo moi limitado. E, sobre todo, como vamos a organizar cursos que sexan previamente demandados, estamos bastante seguros de que van a ter éxito.

 As empresas nos din que os nosos egresados posúen moitos coñecementos e son xente capaz de facelo moi ben

Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo

Segundo o último informe da Universidade, sete de cada dez estudantes de grao teñen emprego dous anos despois de graduarse. Que iniciativas levades a cabo para conectar aos estudantes e ás empresas para ter datos tan favorables?

A base está en que a formación é de calidade. As empresas nos din que os nosos egresados posúen moitos coñecementos e son xente capaz de facelo moi ben a nivel profesional, é dicir, son demandados.

Un segundo elemento é que intentamos que en todas as formacións de grao, e na medida do posible tamén nos másters, exista unha certa experiencia preprofesional. Parte do alumnado pasa durante a súa formación académica por experiencias de prácticas curriculares e, a veces, tamén extracurriculares. Iso quere dicir que moitas das habilidades que se demandan ás empresas, relacionadas coas soft skills, xa se adquiren.

Tamén temos unha serie de actividades que poñen en contacto as empresas cos nosos futuros egresados.

En canto ás perspectivas de futuro, Como ve á Universidade nos próximos dez anos?

Ademais do reto de renovación xeracional que temos agora mesmo, dentro de dez anos temos outro reto importantísimo: o número de estudantes galegos que van a chegar ás universidades vaise ver reducido de forma drástica. Esta falta de renovación xeracional no estudantado xa se está notando nos institutos e tamén se notará na Universidade de Vigo. Por tanto, temos que ser capaces de atraer non só o mesmo porcentaje de estudantes galegos, senón que ademais temos que mirar fóra das nosas fronteiras.

Creo que un dos eixes fundamentais do goberno actual, que se reflicte no plan estratéxico aprobado por toda a Universidade de Vigo, ten que ver coa internacionalización. Nós miramos fundamentalmente cara a Iberoamérica, inicialmente estamos a dirixirnos a fillos ou netos de emigrantes, pero hai que mirar a un público máis amplo, e ese será un reto.

Se miro a universidade dentro de dez, quince ou vinte anos, vexo unha institución máis forte, máis recoñecida. Vamos a seguir dando pasos, os nosos investigadores e investigadoras están a facer un excelente traballo, e espero que esa institución tamén se converta nun modelo de igualdade que proxecte o seu anhelo de equidade en toda a sociedade galega.

Se miro a universidade dentro de dez, quince ou vinte anos, vexo unha institución máis forte, máis recoñecida

Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo

Xa para rematar, que mensaxe lle transmitiría á comunidade universitaria?

Que sigan traballando, que paga a pena. É obvio que ser profesor é unha das profesións máis bonitas que existen, e que ademais na Universidade se combina a transmisión de coñecementos coa xeración de novo saber. Quero que o estudiantado se sinta orgulloso de estudar na Universidade de Vigo, que é unha universidade cada vez máis recoñecida a nivel mundial e moi competitiva, que fai moitas cousas ben.

Tamén quero dirixirme ao persoal de administración e servizos, que sabemos que están aí e que sen eles é imposible levar a cabo toda a nosa labor. Por tanto, entre todos somos máis fortes, e creo que todos podemos estar orgullosos do que conseguimos.

E para a xente que está fóra da comunidade universitaria, aos galegos e galegas que fan posible o que estamos a lograr a través do financiamento que recibimos, que vexan o que estamos a facer, e que se sintan orgullosos da institución que entre todos e todas estamos a crear.