Tifo empregado durante o himno galego do derbi entre Celta e Deportivo en 2018 en Balaídos

Tifo empregado durante o himno galego do derbi entre Celta e Deportivo en 2018 en Balaídos

Celta de Vigo

"Afouteza" e as cinco palabras que todo celtista debe coñecer en galego

A lingua galega tamén ten a súa repercusión no deporte, con termos que cobran un significado propio

17 mayo, 2021 17:24

O Día das Letras Galegas tamén ten o seu impacto no mundo do deporte. A data por excelencia da lingua galega, adicada este ano á poetisa Xela Arias, é empregado polos clubes para poñer en valor o idioma propio de Galicia, como así o recoñece o Estatuto de Autonomía.

É o caso do RC Celta, quen na última década mudou a súa política lingüística nas redes sociais ata chegar a ser un dos grandes axentes normalizadores do idioma. Cada ano aproveitan, cunha cita do homenaxeado, para mostrar o seu orgullo pola cultura e o idioma, algo que xa leva facendo case un século co seu nome.

Porén, non só do 17 de maio vive a lingua galega. Hai moitas palabras que xa forman parte do dicinario do celtismo e que compre lembrar ou explicar aos profanos.

Afouteza

"Disposición del espíritu que lleva a actuar o acometer cualquier empresa sin temor a los peligros o dificultades. Seguridad que alguien tiene en si mismo, carácter firme". O termo por excelencia para o celtismo e que xa é aplicable en calquera situación da vida.

Lona coa palabra Afouteza en Balaídos durante o 2014

Lona coa palabra Afouteza en Balaídos durante o 2014

A palabra está presente no himno do clube na súa versión en galego dende mediados dos 90 -en castelán emprega valentía- pero foi na última década cando adquiriu unha nova dimensión. Lonas en Balaídos, tatuaxes e mesmo unha peña co seu nome son algúns exemplos.

No 2017, adquiriu unha dimensión internacional coa campaña #ThisIsAfouteza, cando o Celta aproveitou as semifinais de Europa League contra o Manchester para facer da mesma a súa identidade. Meses despois, os galegos escollerían o termo como "palabra do ano".

La nueva Ciudad Deportiva recibirá el nombre de Afouteza al ser el más votado

La nueva Ciudad Deportiva recibirá el nombre de "Afouteza" al ser el más votado RC Celta

A palabra sería tamén a empregada para bautizar a nova Cidade Deportiva do clube no concello de Mos. Neste caso, tamén trouxo boa sorte ao primeiro equipo dende a súa posta en marcha.

Furar

Unha xenialidade da linguaxe. O verbo, que significa "abrir ou facer furados en", pasou a facer referencia a eses disparos potentes dos que calquera cativo tenta escapar cando está de porteiro.

Exemplo práctico: onte Santi Mina furoulle a Ter Stegen

Exemplo práctico: onte Santi Mina furoulle a Ter Stegen

Deu orixe aos "furolos" e a unha das frases máis icónicas dos patios de recreo dos colexios e demáis pistas de fútbol improvisadas: non vale furar!

Biqueiras e punteirolos

Nos matices está a clave. Ambalas dúas palabras fan referencia a remates coa bota, pero a sutileza destaca na primeira, mentres que a potencia física é o maior valor da segunda. Cuestión de escolas.

Malleira

Igual que os galegos tamén golpean o pulpo antes de cociñalo, un equipo pode dálle unha boa malleira a un rival cando a vitoria é contundente. En Balaídos, pode derivar nunha Rianxeira.

Un termo que por certo, é aplicado moitas veces de xeito despectivo no celtismo. Coñécese como "rianxeiros" a aqueles siareiros que só aparecen nas grandes ocasións -cando as bancadas berran a popular cantiga- e non apoian ao equipo nas malas.