El Español
Quincemil
AGENDA
|
Conciertos

Concierto de Mediarea en Vilanova de Arousa - 20/4/2025

Zona: Barbanza · O Salnés
Inicio:Domingo, 20 de abril · 21:00
Final:Domingo, 20 de abril · 23:00
Lugar:A COFRADÍA - Taberna Cultural - Vilanova de Arousa

Concierto de Mediarea en A COFRADÍA - Taberna Cultural - Vilanova de Arousa

No Morrazo, terra de gaiteiros, naceu fai tres anos un grupo novo, agarrado na tradición musical galega pero con ansia creativa. Deuse en chamar Mediarea e, co no seu primeiro traballo discográfico Sebo de Ghrilo (2023), non parou de facer vibrar escenarios de todo o país nun fenómeno que está a ser expansivo. Manténdose orgullosos da súa orixe, veñen de facer público Suroeste un novo videoclip rodado na ría de Vigo. O sinxelo recolle a enorme vitalidade e enerxía da banda en directo e forma parte dun EP de catro temas titulado “Fillos da virasón” que xa está dispoñible en plataformas dixitais. Como novidade, o novo traballo introduce temas cantados e reforza os ritmos tradicionais con máis percusión. Músicas inspiradas no mar, na cultura mariñeira, na cultura do viño do país, coas velas trimadas para ventos de cambio mais tamén de loita, poñéndose á capa se é preciso. Nestes tempos de demasiada música plastificada e homoxeneizada, Mediarea demostra que se pode navegar contracorrente e continuar avanzando a base de gaita, acordeón, voz e percusión.

Información del lugar

Lugar:A COFRADÍA - Taberna Cultural - Vilanova de Arousa
Dirección:Plaza del Parque, 2
Código postal:36620
Localidad:Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Útil