Festival TerraCeo en Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
REBELIOM DO INFRAMUNDO, é a día de hoxe e sen lugar a dúbidas, sinónimo do rap máis duro e auténtico dende as Rías Baixas ate o norte de Lugo.
Amor ou barbarie, o cuarto álbum da banda de rap galeg. supón un antes e un despois na súa traxectoria, buscando asentarse no podio do rap estatal a base de forza, amor, rabia e paixón.
Este novo traballo, é un mar de cores e sons no que os sentimentos son os protagonistas. Letras profundas, punzantes, con crítica social e persoal; unha gran variedade de flows demostran que Rebeliom non vai polo regho pautado, moi lonxe de divisar o seu teito creativo.
Amor ou barbárie conta con catro colaboracións musicais do máis variadas: Hard Gz, Wöyza, Iria Medraño e Treintañeras Cañeras. Nunha época na que a música semella ser un produto efémero, de rápido consumo e desgastada, Rebeliom do Inframundo ofrecen 17 cortes orixinais para axitar corpos e mentes.
Con unha traxectoria máis que consolidada en terras galegas, o grupo atópase enfocado nunha nova etapa e unha nova xira, enfocada na proxeción da banda a nivel estatal, onde continúan a recoller éxitos alí onde fan parada; eloxiados por algúns dos artistas máis recoñecidos da escea e conquistando o público en salas e festivais.