Casas da mocidade

Casas da mocidade Alternativa dos Veciños

Ofrecido por:

A Coruña

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades das casas da mocidade de Oleiros (A Coruña)

As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas

25 febrero, 2022 12:43

O Concello de Olieros xa ten aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de marzo que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Según informa o Concello de Oleiros en nota de prensa, este mes organizarase unha excursión á Estrada, un obradoiro de rakú, un monográfico de maquillaxe de fantasía, unha festa de Entroido, un obradoiro de cociña de barro interxeracional, torneo de simuladores de PS4, unha actuación do grupo Another wasted year, a exposición O humano da natureza, a natureza do humano… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio.

Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamando ao 981 614 083, ou enviando un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.