Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía da Coruña: "Non imos permitir catro anos máis do mesmo"
O nacionalista encabeza a candidatura do BNG nun momento de auxe desta forza política, que se mostra aberta ao diálogo pero sen subordinarse a ningún outro partido
29 octubre, 2022 06:00Francisco Jorquera (Ferrol, 31 agosto 1961) é o portavoz municipal do BNG no Concello da Coruña e candidato desta forza políticas as eleccións municipais de 2023. Unha cita electoral que o nacionalista afronta con moita "ilusión" e gañas de lograr un cambio para a cidade onde él formou a sua familia.
Respaldado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Jorquera afronta esta carreira hacia as municipais nun momento de auxe da sua formación política que, segundo el mismo indica, busca darlle a A Coruña o impulso que necesita. "Presentámonos sin ninguna vocación de subordinarnos a ninguna outra forza política", afirma Jorquera nesta conversa que mantivo esta mesa semana con Quincemil.
Esta semana coñecimos a resolución da Xunta, que vai apoiar a A Coruña como candidata galega para acoller a sede da Axencia de Intelixencia Artificial. Como valoran desde o BNG esta noticia?
Vémola como unha noticia positiva e congratulámonos de que se puntuase mellor a candidatura de A Coruña, e agora esperamos que a Xunta acompañe esa decisión e informe favorablemente. Creemos que A Coruña reúne as condicións idóneas para albergar a Axencia. O sector TIC, e de ahí a Intelixencia Artificial, ten un peso relevante na nosa comarca; non só no eido académico e investigador, senón tamén no eido empresarial. E ademáis sería un impulso importante para un proxecto estratéxico para a nosa cidade como é a futura Cidade das TIC.
Qué acontece? Agora entramos na fase realmente máis importante. O Goberno central ten que escoller entre as distintas candidaturas que optan no conxunto do Estado. Nese senso, confiamos en que o Goberno municipal faga os deberes porque pensamos que nesta primeira fase do proceso actuou con moita precipitación e moita falta de planificación. O Concello da Coruña aprobou a presentación da candidatura nun pleno extraordinario do que os membros da oposición enterámonos da sua celebración pola prensa, e ata unha hora antes nin sabíamos os contidos concretos do acordo que se sometía a debate e aprobación. O lóxico é que o Goberno municipal tivese sido o primeiro en reunir as forzas políticas e organizacións sociais para construir un consenso de cidade sobre esa candidatura, o que lle daría máis forza. Ademais, o Goberno central está dirixido polo PSOE; así que se Inés Rey presume de ter peso político, ten que traducilo en feitos.
Coa mirada xa posta en maio de 2023, como afronta esta próximas eleccións municipais?
Con ilusión. Creo que teño unha longa traxectoria política e este mandato foi a miña primeira experiencia no ámbito municipal, e penso que me serviu para ter un coñecemento moito máis profundo dos problemas da cidade; e así estar mellor preparado para asumir novos retos. Represento ademais unha forza política que está claramente en ascenso en Galicia. Asumo o reto de representar a unha forza que se presenta coa vontade de ser a alternativa de Goberno e darlle un novo impulso a esta cidade. Presentámonos sen ninguna vocación de subordinarnos a ninguna outra forza política.
Na sua presentación como candidato falaba de que non admitirían "un rol secundario" e que non formarían un goberno con outra forza. Pero no caso de ser necesario formar un goberno de coalición, cal sería a postura do BNG?
En política hai que diferenciar etapas. Agora, coas municipais as portas, toca que cada candidatura explique o seu programa; se logo resultase un mapa político no que ningunha forza política ten os apoios necesarios para gobernar en solitario e é necesario o diálogo entre distintas forzas políticas, o BNG practicará dito diálogo como sempre fixo. En calquer caso, o BNG considera que A Coruña necesita un cambio de rumbo e non vai facilitar que os vindeiros 4 anos sexan 4 anos do mesmo. É necesario un proxecto transformador, e esa vai ser a nosa premisa co resto das forzas políticas; sempre cun programa por diante e esixindo garantías.
Como ve a cidade na actualidade? E cales considera que son esas necesidades máis urxentes?
Existe a percepción xeral na cidadanía de que A Coruña está perdendo impulso, e non só nestes últimos 3 anos senon que me atrevería a dicir que é unha tendencia que se arrastra nos últimos dez/once anos, froito de gobernos municipais sucesivos que non tiña un proxecto claro de cidade. O actual Goberno municipal no só se caracteriza pola falta de proxecto, senon tamén pola ineficacia na xestión.
Creo que non pode presentar un bó balance de xestión un goberno que non foi capaz de resolver os problemas de limpeza, que foi incapaz de introducir o máis mínimo cambio no mapa de liñas de autobús, que iniciou o mandato prometendo que se ía restaurar o carril bus pero "si te he visto no me acuerdo"… É un goberno municipal que está xestionando con moita improvisación e ademáis, frente ó dialogo da oposición, actúa cunha prepotencia impropia dun goberno municipal.
A mobilidade é unha das bases sobre o que se vai a sustentar a sua candidatura. Que necesita a cidade nesta materia?
Creo que hai que cambiar o modelo de prioridades no uso e ocupación do espacio público. Nós apostamos por unha cidade feita a medida das persoas e accesible para todo o mundo, priorizando así os peóns e o sistema público de transporte colectivo. Necesitamos máis liñas, frecuencias… un transporte que non só conecte ben os barrios co centro da cidade, senon tamén que conecte os barrios entre si e estes cos centros hospitalarios e polígonos industriais.
Esta política de mobilidade haina que trasladar tamén a escala metropolitana. Milleiros de personas viven en concellos do entorno e veñen acotío a cidade; e moitos chegan en vehículos privados (en moitas ocasións, un ocupante por vehículo), e ese é un modelo totalmente insostible. En ningunha área de Europa das características da Coruña teñen ese modelo de mobilidade predominante. De ahí a importancia de facilitar sistema de transporte público a nivel comarcal. E non pasa só por mellorar o transporte metropolitano, senon tamén por dotar a esta cidade de servizos de tren de cercanías ou a recuperación do transporte marítimo.
Había un acordo para que A Coruña liderase na comarca a constitución dunha área metropolitana e así elevar ó Parlamento galego un proxecto de lei da constitución de área metropolitana de A Coruña, pero ese acordo foi sistematicamente incumplido. Non é concebible A Coruña do futuro se non pensamos en clave metropolitana. Que labor fixo a alcaldesa para que o Goberno deixe de marxinar sistemáticamente a área da Coruña para poder ter un tren de proximidades. No proxecto de orzamentos do Estado para 2023 se contempla a implantación de servizos de proximidade por ferrocarril en áreas moito menos densamente pobladas que A Coruña.
Algún exemplo de localidades ou áreas metropolitanas menores que A Coruña que vaían ter tren de cercanías?
Por exemplo está contemplado implantar un servizo de proximidades entre Medida del Campo e Valladolid. Eu quero lembrar que hai servizo de proximidade por ferrocarril na rexión central de Asturias, na bahía de Cádiz, na área urbana de Santander… Son exemplos de menor poboación ou equiparable a da área da Coruña; porque esta ten máis de 400.000 habitantes, pero o Golfo Ártabro como rexión urbana ten máis de 600.000. Entre Ferrol e A Coruña seguimos tendo unhas conexións ferroviarias más propias de principios do século XX que do século XXI.
Ademais, as grandes implantacións industrais estanse instalando no eixe A Coruña-Arteixo- Laracha- Carballo; polo tanto dende o punto de vista económico, ese eixo ten cada vez máis importancia e non sería unha proposta disparatada pensar nunha conexión ferroviaria entre A Coruña e Carballo.
Unha das propostas das que se ten falado é a recuperación da conexión marítima entre A Coruña e Oleiros.
Alégrome de que o Goberno municipal asuma propostas feitas polo BNG. Teño que recordar unha delas, como é contemplar aproveitar no futuro a rede ferroviaria existente en San Diego para un intercambiador de servizos de cercanías. Temos a infraestrutura necesaria para que haxa un servizo de cercanías adaptado a unha área metropolitana da dimensión da área da Coruña. É o que algun chama un Tren Tran, un tranvia moderno pero que opere no entorno da cidade como un auténtico ferrocarril de cercanías. Así sería posible a conexión de Betanzos, Guísamo, Cambre, A Barcala, O Burgo, Fonteculler, Acea de Ama… ata o centro da cidade aproveitando a rede de San Diego; e despois coa variante que vai a San Cristovo conectando co campus e os polígonos.
No caso da conexión marítima, máis aló de Oleiros, tamén se pode extender ao Golfo Ártabro. Non estamos pensando en recuperar a lancha de Santa Cristina (se se me permite a caricatura), pode haber un transporte marítimo moderno, como en outros puntos do mundo.
Tamén na sua presentación como candidato falaba de que A Coruña necesitaba un poñer en valor a cultura. Como se atopa a cidade culturalmente? E como e posible mudar a situación?
O primero, hai que asumir que a cultura é moi importante dende todos os puntos de vista; e en segundo lugar, estar convencidos de que A Coruña reúne as condicións para ser unha auténtica capital cultural. Hai que movilizar todas as potencialidades. O Goberno local reduce a cultura a organización de grandes eventos. O BNG non está en contra de que a cidade poida ser sede de estas grandes citas, pero é complementario cun traballo que aglutine todas as propostas culturais da cidade nunha única programación, para que así sexa un polo de atracción máis aló da cidade. Pero iso é imposible se o Goberno, como está a ocorrer, desatende as suas propias institucións culturais, como o Museo Arqueolóxico ou o Instituto de José Cornide; ou unha Fundación Luis Seoane cun edificio con enormes deficiencias.
No eido da cultura, está o antigo museo MAC de Naturgy, aínda sen ter un uso futuro.
A decisión de pechar o MAC foi unha decisión de Naturgy. Nós criticámolo porque esta empresa obtén inxentes beneficios explotando recursos naturais do noso país e algúns dos retornos que pode ter a suas actividades productiva en Galicia estanse a desmantelar, como é o centro de operacións de redes que tiña en A Coruña e que trasladou a Madrid. A responsabilidade é de Naturgy, pero en calquer caso no Concello houbo acordos unánimes para que o Goberno municipal tivese interlocución con Naturgy e a Xunta para que A Coruña non perdese un centro de arte contemporánea de referencia. A Naturgy pódeselle demandar que ceda os seus fondos e que os ubique noutro espacio para que A Coruña non perda o centro de arte contemporáneo. Non sabemos absolutamente nada do que fixo o Goberno municipal neste senso.
A rede de museso científicos coruñeses parece que está un pouco desfasada, particularmente parece que o planetario e a Domus matounos Internet. Ten o BNG alguna idea de novos museos?
Somos conscientes da potencialidade da rede de musesos científicos da cidade, pero nos últimos anos os seus contidos non foron renovados. Hai que actualizar o proxecto museístico para que non perdan o seu atractivo. Se somos a forza política que lidere esta cidade despois das eleccións municipais, renovaremos eses contidos contando coa opinión de expertos.
Este días estase a falar moito da peonalización da cidade. Houbo queixas pola actuación na plaza de Lugo e tamén na rúa Emilia Pardo Bazán. Que opinan sobre estas obras na cidade? Creen que se está a facer do xeito correcto?
Estamos de acordo en gañar espazos para os peóns, pero a peonalización ten que ir acompañado doutras políticas. No caso de Pontevedra, por exemplo, a peonalización foi acompañado da habilitación de grandes aparcamentos disuarios moi ben conectados có centro da cidade; pero en A Coruña non se fixo nada neste aspecto. Despois tamén hai lugares nos que se está apostando por unha peonalización falsa, porque non é suprimir a calzada para que sexa ocupada por terrazas; e que se falamos de peonalizar, os protagonistas teñen que ser os peóns.
En definitiva, o Goberno municipal está a apostar por políticas de peonalizacións pero de xeito muy localizado e non inscritas nun proxecto global e acompañado de medidas alternativas que minimicen os problemas que poidan provocar as peonalizacións.
Xa lonxe do ámbito municipal, as enquisas dan tamén unha subida o BNG a nivel galego, da man de Ana Pontón. Supoño que eso será tamén un impulso para vostede.
O BNG de hoxe en día é una forza moi ben valorada por amplos sectores da sociedades. Eu son o primeiro en admitir que como toda forza política pasamos por periodos bós e malos, temos acertos pero tamén erros. Houbo xente que deixou de mirar para nós e deixamos de ser un referente; pero agora grazas a valía de Ana Pontón e a un traballo colectivo, e o cambio na política, o BNG ten una imaxe moi rexenerada. Incluso me atrevería a dicir que a inmensa maioria da xente, vote BNG ou outra forza política, está de acordo en que para Galicia é moi útil ter unha forza política como o BNG. Temos unha voceira e candidata a presidencia da Xunta moi ben valorada. Que iso axuda? Por suposto que axuda que cambiase o ciclo e estar nunha fase ascendente.
Nas eleccións municipais o que vai valorar cada forza política é o proxecto que presenta para a sua localidade, e penso con toda humildade que o BNG vai concorrer as eleccións municipais có aval dun traballo ben feito e riguroso.
O BNG é o máis belixerante e o que máis pregunta sobre a casa Cornide. É esta a última materia pendiente do franquismo na cidade ou queda algunha máis?
Sigue habendo bastante simboloxía franquista que, por hixiene democrática, habería que retirar. A materia máis simbólica é a Casa Cornide, que era un edificio municipal que chegou a albergar no seu momento o Concello da Coruña e que se chama así porque era onde residía un ilustrador coruñés; pero acabou nas máns do Franco froito dunha operación totalmente fraudulenta para satisfacer o desexo da señora do dictador, porque quería dispoñer dunha casa en pleno corazón da cidade. É de xustiza histórica recuperar esa casa e poñer en valor o noso patrimonio. É unha casa que podería ter usos cívicos ou sociais para os coruñeses. Non entendemos por que o Goberno municipal aínda non iniciou as accións legais para intentar recuperar esa casa incumplindo un dos primerios acordos desta nova Corporación.
Históricamente A Coruña ten unha traxectoria de liderar movementos (era a cidade liberal por antonomasia no século XIX, onde se formaron as Irmandades da Fala e tamén a RAG). Vai A Coruña atopando de novo o camiño para ser a punta de lanza para liderar a cultura galega?
Totalmente. Moitas veces se teñen construido caricaturas da nosa cidade, que no son reais e totalmente inxustas. A Coruña sempre foi unha cidade enormemente dinámica en todos os aspectos pero ademáis estivo sempre na vangarda no pensamento e nas correntes culturais. É unha cidade que ten unha profunda tradición republicana, liberal e progresista, e galeguista. Aquí naceu a RAG, as Irmandades da Fala, o Concello da Coruña foi o primero en enarbolar na sua fachada a bandeira galega: e foi tamén o primero en usar o galego como lingua vehicular. E varrendo para a casa, foi a cidade onde naceu o BNG, que quere entroncar con toda esa tradición. Somos una forza política nacionalista, pero vamos concorrer as eleccións municipais solicitando a confianza de todos os coruñeses, non so dos nacionalistas.
Como vai facer o BNG para chegar a esa poboación da cidade que non é galega (ben sexan doutros puntos de España ou do mundo)?
Intentando explicarlles que o noso proxecto de cidade é o mellor para todos os veciños, independentemente do seu idioma ou cor de pel. Para nós é galego calquer persoa natural de Galicia ou que resida en Galicia; e é coruñés, calquer persoa que sexa veciño da nosa cidade. E así o practicamos. O BNG, aínda que sabía que a lexislación non o permite, simbólicamente presentou na su candidadura en anteriores eleccións municipais a persoas de nacionalidade senegalesa, veciños da nosa cidade. Foi un xeito de chamar a atención de que se son veciños da Coruña dende hai anos deberían de poder ter dereito a voto igual que ten o cidadán doutro pais europeo que sexa residente na cidade.
O BNG nunca entendeu o nacionalismo dende a desconfianza do que é de fora. Eu apelidome Jorquera porque o meu avó paterno é de Cartagena, e estou moi orgulloso desa rama das miñas raíces.