El actor Miguel Canalejo.

El actor Miguel Canalejo. Marc Várez

Audiovisual

Miguel Canalejo: "Serramoura permitiume ter unha carreira en Galicia e en galego"

El actor coruñés conocido por trabajar en la popular serie de la TVG y en Cuéntame, charla con Quincemil sobre su actual trabajo en Land Rober, su victoria en los Mestre Mateo o su labor reivindicativa en las redes sociales

15 enero, 2022 06:00

Nació en 1991 en Vitoria y tras unos años por Ponferrada, se trasladó con su familia a la que es su ciudad, A Coruña. Su nombre es Miguel Canalejo y es uno de los actores gallegos con mayor proyección. Tras destacar en series emblemáticas como Cuéntame o Serramoura, el actor ha fichado por el programa Land Rober en el que muestra su faceta cómica cada semana.

Además, Miguel Canalejo triunfa en su faceta de creador y guionista, y junto a Lucía Estévez conquistó un Mestre Mateo el pasado año por la webserie Xan. El coruñés destaca también por su labor reivindicativa en redes sobre los derechos de las personas del colectivo LGBT.

En que momento decidiches adicarte ao mundo da interpretación?

De pequeno, cando todos os rapaces estaban en plan "eu quero ser bombeiro, eu quero ser médico…", eu quería ser todo. Son unha persoa con moitos intereses, e claro, eu vía aos actores na tele e pensaba "este pavo cada día é unha cousa distinta", e así vin que quería ser artista. Logo os meus pais metéronme en teatro e eu estudaba, non para aprobar, senón para que non me quitasen desas clases extraescolares.

Pensaches nalgún momento que podías vivir disto?

Tiña unha gran inconsciencia cando entrei a estudar arte dramático. Igual coa mentalidade que teño agora pensaba noutra cousa, pero alégrome moito de tirarme á piscina, a verdade é que tiven moita sorte.

Contabas unha vez que con 10 anos vías Cuéntame e logo acabaches traballando alí, como foi vivir iso?

O máis impactante foi chegar ao estudio. As oficinas e os camerinos están dentro do decorado que é una barrio real de atrezo. Preguntei como chegar ao meu posto e dábanme as indicacións tipo "vas recto e cando chegues ao restaurante chino, subes a escaleira do supermercado e dentro tes a oficina", e ver iso por dentro foi o que máis me impactou.

Miguel Calejo interpretó a Abraham en Cuéntame (RTVE.es)

Miguel Calejo interpretó a Abraham en Cuéntame (RTVE.es)

Moitos actores teñen que facer a maleta para irse a traballar a Madrid ou a Barcelona, pero ti podes traballar na túa terra

Eu teño moita sorte porque tiven a oportunidade de iniciarme na interpretación en Serramoura, que para a xente é case de culto, e foi unha serie de moito éxito. Botei sete anos traballando que me permitiron facer un camiño no audiovisual galego. Serramoura permitiume ter unha carreira en Galicia, en galego e vivindo na estupenda cidade da Coruña.

Logo tiveches o teu primeiro papel protagonista con Método Criminal, como foi esa experiencia?

Foi dura, foi gatrificante e foi rara porque nos tocou na terceira onda do Covid. Eu non tiña moi claro o que estaba a facer naquela rodaxe, e démonos conta o director e eu que me pasaba o mesmo que a Damián, que era o personaxe que eu interpretaba. Lucía Regueiro, protagonista de Serramoura, dicíame que era moi distinto ser protagonista que secundario, e a verdade é que é completamente certo.

Que diferenzas notaches?

Pois hai como un punto de que estás capitaneando o barco, e hai unha certa responsabilidade cando fas as escenas. A min resúltame máis fácil o traballo dun secundario, porque o teu personaxe existe para ter un efecto moi claro nos personaxes principais. En cambio, a viaxe dun protagonista é moito máis complexa e hai que facer un traballo máis profundo e máis arriscado.

Agora estás en Land Rober, no que fas un programa con público e en directo, é máis complicado?

Si, pero é marabilloso. Eu empecei cando había pouco público polas restricións e pouco a pouco foi aumentado e a sensación é incrible. Notaba máis ese ruído, ese calor da xente, o público é un termómetro incrible. O público, non intencionadamente, pero non ten piedade, se algo non ten graza, non ten graza. Ti estás aí e podes escoitar o chiste "caer e romperse contra o chan". Non é porque non estea ben escrito, pero a veces hai bromas que non entran. O final de todos os programas Roberto Vilar despide ao público e sempre falamos da súa importancia para a televisión. É unha experiencia que lle recomendaría a calquera interprete.

É verdade eso que din de que é máis complicado facer rir que facer chorar?

Penso que depende do intérprete, pero si que penso que a risa é un baremo claro de cando algo funciona. O drama non ten unha resposta que sexa tan claro do público. Pode haber algún drama que a xente non estea a chorar pero que lle guste, pero cando unha comedia non ten risas… mal asunto.

Tamén destaca a túa figura como creador e guionista, xunto a túa amiga Lucía Estévez gañaches un Mestre Mateo pola webserie Xan

Esa webserie foi un proxecto que para nós foi un agallaso que nos fixo o Carballo Interplay. Serviu para que puideramos experimentar como creadores.

Eres unha persoa bastante reivindicativa en redes sociais

(Ríe) Faime moita graza porque eu non teño esa sensación, pero dimo moita xente. Eu penso que me mollo nos temas que me teño que mollar, en cuestións LGTBIQA+, porque me toca máis de preto. Eu identifícome como home gay e entendo que é importante ter referentes. Eu non pretendo ser referente para ninguén, pero cando alguén levanta a voz para defender uns dereitos que nos custa e nos custou ter, sempre estamos axudando e colaborando. Todo este traballo "político" non ten que ver con compartir ou facer unha queixa, senón con amosar que eu podo vivir a miña vida como home gay fora do armario e amosarme como son. Durante anos modulei a miña vida para axustarme a unha norma e xa estou moi canso.

Pensas que é importante que unha persoa con influencia se molle nas redes?

Eu penso que axuda, pero hai que entender que os procesos de saír nas redes e de mostrase son moi persoais. Eu tiven o meu proceso para saír do armario, a xente que me rodea ten o seu proceso para dixerilo, sería marabilloso que non pasase, pero á xente cústalle adaptarse. Eu entendo que a xente non se molle, porque a vida de cada persoa é a vida de cada persoa.

E para este 2022, que proxectos tes?

Normalmente cando digo, "teño proxectos dos que non podo falar" é que non teño nada realmente, pero esta vez é verdade. O que si podo contar e que teño un proxecto de teatro con Galeatro, unha compañía de teatro de Carballo, e logo teño os meus proxectos con Lucía Estévez, que como dicían os chanantes: "no podemos dejar de crear" (ríe)