Utilizado para branded camara de comercio

Utilizado para branded camara de comercio

Comercio

A Cámara e a Xunta ofrecen 1.000 prazas gratuítas para cursos de teleformación en comercio

O plan contempla formación nas áreas de emprendemento e xestión comercial, transformación dixital, estratexia , sustentabilidade e punto de venda

8 noviembre, 2023 13:16

Contenido patrocinado

A Cámara de Comercio de A Coruña e a Xunta de Galicia puxeron en marcha un novo plan de teleformación gratuíto (pódese realizar en calquera momento e a calquera hora) centrado no sector comercio, co obxectivo de actualizar e formar a preto de 1.000 persoas nas novas ferramentas e coñecementos así como de facilitar a súa adaptación aos cambios.

O programa contempla 26 cursos centrados no fortalecemento das competencias transversais e das habilidades, na atención ao cliente, en comercio electrónico, en innovación e en idiomas, entre outros. Ademais, profundarase no manexo e uso de novas canles para impulsar a comunicación e a proximidade cos clientes.

Vai dirixido a persoas traballadoras por conta allea e autónomas do sector comercial; traballadores deste sector en situación de desemprego (principalmente novos e mulleres) e mulleres, persoas desempregadas de longa duración e maiores de 45 anos.

Período 2023 – 2024

O programa, que se desenvolverá entre 2023 e 2024, está estruturado en cinco grandes áreas: Emprendemento e Xestión Comercial; Transformación Dixital; Estratexia; Sustentabilidade e Punto de Venda.

A formación inicial está a desenvolverse entre os meses de novembro e decembro de 2023. Os próximos cursos con prazas abertas son:

*Prazas limitadas

Preto de duascentas personas xa se están a formar a través dos cursos que deron comezo o 6 de novembro:

Pulo á formación

Para a Cámara de A Coruña, a formación é un eixo prioritario que ofrece aos profesionais da súa demarcación. A entidade garante a cualificación dos seus cursos, sometidos a un control de calidade, no que interveñen de forma determinante as valoracións e suxestións do alumnado.

Más información na páxina web www.camaracoruna.com, escribindo un correo a formacion@camaracoruna.com ou ben chamando ao 981 21 60 72. As inscripcións poden realizarse neste enlace.