Diagrama de cómo se distribuirá la Cidade das Tic en A Coruña

Diagrama de cómo se distribuirá la Cidade das Tic en A Coruña cidadedastic.gal

La tribuna

Aesia, unha oportunidade histórica para Galicia

Tino Fernández, presidente de Altia e vicepresidente de grandes empresas do Cluster TIC Galicia explica a importancia da chegada da AESIA a Galicia

10 diciembre, 2022 12:10

Todos sumamos forzas para que a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) se instalase na Coruña, tanto dende os organismos públicos como dende o ecosistema universitario e empresarial de Galicia. 

Todos a unha para converter a nosa comunidade nun referente en IA en Europa, xa que España vai ser o primeiro país europeo que vai dispoñer dun organismo destas características. 

Estamos moi orgullosos de que finalmente A Coruña saíse elixida como sede da Aesia porque o beneficio que supón esta decisión redundará en toda a comunidade e en todas as empresas que xa teñen incorporada ou prevén incorporar a Intelixencia Artificial (IA) nos seus negocios. Porque a IA é a tecnoloxía do presente e do futuro, non só para o sector TIC senón tamén para moitos outros sectores tractores en Galicia.

O ecosistema universitario tamén se verá beneficiado con esta decisión, e sobre todo, o alumnado dos graos de Enxeñería Informática, en Ciencia e Enxeñería de Datos e o grao en IA interuniversitario, aos que se lle abre unha nova oportunidade, a través tamén da Cidade das TIC, onde como complemento á actividade da sede, se desenvolverán proxectos e probas piloto relacionados coa intelixencia artificial.

Por outra banda, están os dous hubs de innovación dixital, DIHGIGAL e DATAlife DIH, que agrupan un 10 % do emprego galego, e que de seguro, incrementarán e fortalecerán a súa actividade coa instalación da Aesia na Coruña. Neste sentido, outro dos grupos que se verá beneficiado é o tecido investigador, con expertos e laboratorios centrados en IA, computación cuántica, big data ou machine learning.

A isto hai que engadir o volume de postos de traballo -calcúlase que xerará uns 1.300- e as inversións que atraerá, que poderían acadar os 90 millóns de euros.

Sen dúbida, a Aesia é sinónimo de oportunidade, dunha oportunidade histórica para situar Galicia no mapa da incorporación da IA ás empresas e á sociedade, cunha proxección de futuro indubidable que nos permitirá seguir crecendo a nivel tecnolóxico e económico. Estamos só no principio, o mellor está por chegar.

Da mesma forma que o esforzo conxunto e a suma de todos tróuxonos ata aquí, sigamos así, xuntos, e non esquezamos nunca que “O que non é útil para a colmea, non é útil para a abella” (Marco Aurelio).

La óptica coruñesa Sánchez Rubal organiza un mercadillo de gafas vintage y precios en pesetas

La óptica coruñesa Sánchez Rubal organiza un mercadillo de gafas vintage y precios en pesetas

Anterior
San Ramón y Busqué presentan sus proyectos para Podemos Galicia

San Ramón y Busqué presentan sus proyectos para Podemos Galicia

Siguiente