Gracias a participación de Galicia nesta nova edición de Fitur, a número 43, a nosa comunidade consolidouse como un dos maiores referentes do sector turístico español. A través do noso stand, amosamos que o destino Galicia está á vangarda do que actualmente esta a ser demandado. Amosamos a nosa comunidade como un exemplo de destino sostible, de calidade e con iniciativas turísticas de recoñecemento internacional, como ben amosa o outorgamento do premio Excelencias aos Concertos do Xacobeo e o premio da Feira de "Stand Sostible".
Así, nesta edición da Feira Internacional de Turismo levamos a cabo 54 presentacións mediante as cales demos a coñecer os recursos, produtos e novidades nos que traballamos tanto dende a administración autonómica como dende os concellos, deputacións e xeodestinos, visibilizando a través delas o mellor da nosa terra. Visibilizando a beleza e os recursos de Galicia.
Especial relevancia tivo, durante os cinco días de duración da feira, a calidade enogastronómica coa que contamos na nosa comunidade. Esta expúxose a través da presentación das iniciativas levadas a cabo dentro do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, que se desenvolverán no horizonte 2023-2025 para promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel.
Como directora de Turismo de Galicia síntome enormemente satisfeita dos resultados acadados durante a celebración de Fitur. Satisfeita de ter a capacidade de mostrar todo aquelo que tanto orgullo nos achega aos galegos. Orgullosa de, un ano máis, mostrar Galicia como un destino inigualable.