Fotograma de la película Matria.

Fotograma de la película "Matria".

La tribuna

Galicia, un país de cine

O conselleiro de Cultura reflexiona sobre o gran momento do audiovisual galego, unha industria con talento, solvencia empresarial, capacidade de xestión e calidade artística, clave da nosa cultura e da nosa economía. Esta fin de semana marca un fito na Berlinale

18 febrero, 2023 11:48

É indiscutible que Galicia é un lugar privilexiado para a produción e a creación audiovisual. Comprobámolo constantemente nos festivais e nos numerosos recoñecementos con selo galego que falan moito e moi ben do gran momento que vive o sector en Galicia.

Talento creativo, solvencia empresarial, capacidade de xestión e calidade artística son algúns dos ingredientes que identifican esa forma distinta de coñecer e recoñecer Galicia e que cada vez prestixia máis o traballo dos profesionais e as posibilidades da nosa terra. Porque Galicia é un país de cine e, tamén, epicentro dunha industria en auxe.

O demostran os recentes trunfos nos Goya do compostelán Luis Zahera, da película de animación Unicorn Wars, de Alberto Vázquez e Chelo Loureiro, e do guionista vigués Fran Araújo, por Un año, una noche. Sen esquecer o fito histórico que tamén vive estes días o noso cine ao estar representado por primeira vez con tres películas na Berlinale, o prestixioso festival de cine de Berlín: as óperas primas de Álvaro Gago e Carla Subirana, Matria e Sica, e a nova longametraxe de Lois Patiño, Samsara. Dúas delas, ademais, en versión orixinal en galego, o que pon de manifesto a gran cantidade de proxectos que se están levando a cabo na nosa lingua e que son quen de competir internacionalmente.

Un gran momento que se estende ás series galegas que poboan as principais plataformas de streaming e levan o bo nome do audiovisual galego fóra das nosas fronteiras. De feito, espectadores de medio mundo poden xa desfrutar de numerosas ficcións galegas como Rapa, 3 Caminos, O sabor das margaridas, El desorden que dejas, Vivir sin permiso, Auga Seca…

Galicia vive unha particular idade de ouro no audiovisual, con grandísimos profesionais en todos os eidos aos que imos seguir acompañando a través do Plan Xeración Cultura. Cun compromiso absoluto coas industrias audiovisuais, temos emprendido xa iniciativas de abondo para apoiar o seu fortalecemento como o Hub Audiovisual, acelerador da competitividade do sector e que mesmo podemos medir xa en termos de produtividade.

Cun investimento sen precedentes de case dez millóns de euros realizáronse ata seis rodaxes simultáneas de series e películas só o ano pasado. Un efecto que se deixa notar tamén nas empresas secundarias e que suporá un retorno económico, entre directo e indirecto, de máis de 33M€. Acostumámonos cada vez máis a acoller rodaxes nas nosas vilas e cidades e queremos seguir facéndoo. Estamos avanzando agora nun proxecto moi ilusionante para seguir facendo de Galicia un gran escenario audiovisual, a posta en marcha da Galicia Film Commision.

En definitiva, o cine é unha das grandes fortalezas da nosa cultura, que xera riqueza e se consolida como unha das nosas industrias creativas máis fortes, con cada vez máis talento e resposta por parte do público. É o momento de construír xuntos o seu futuro, afianzando esta industria audiovisual cada vez máis competitiva, máis diversa e con maior proxección internacional.

Los alumnos de Feáns, en A Coruña, desfilaron con sus disfraces de temática científica

Los alumnos de Feáns, en A Coruña, desfilaron con sus disfraces de temática científica

Anterior
La Bonoloto deja 381.000 euros en A Coruña: Hoy tenemos más gente comprando

La Bonoloto deja 381.000 euros en A Coruña: "Hoy tenemos más gente comprando"

Siguiente