![Mural en Córgomo](https://s1.elespanol.com/2022/05/16/quincemil/vivir/escapadas/672943436_245036983_1024x576.jpg)
Mural en Córgomo
Córgomo e Vilamartín de Valdeorras, a terra de Florencio Delgado Gurriarán
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Florencio Delgado Gurriarán, o escritor galego exiliado en México que morreu lonxe da sua terra
17 mayo, 2022 06:00A maior parte da vida de Florencio Delgado Gurriarán trancorreu fóra do seu país de orixe, pero endexamais deixou de falar e escribir na sua lingua materna, o galego. Fillo de Florencio e Consuelo, Florencio naceu o 27 de agosto de 1903 en Córgomo, un pequeno pobo no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Marchou a estudar á Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito e comezou a exercer no Barco de Valdeorras.
Vinculado ao Partido Galeguista, tivo que fuxir de Galicia na Guerra Civil, chegando a Porto dende onde viaxou a Francia e de ahí a Barcelona.
![Florencio Delgado Gurriarán (Fonte: Real Academia Galega)](https://s1.elespanol.com/2022/05/16/quincemil/vivir/escapadas/672943467_246433316_2560x1441.jpg)
Florencio Delgado Gurriarán (Fonte: Real Academia Galega)
Finalizada a guerra, marchou exiliado a México, coma outros escritores e artistas galegos, onde viviría ata o fin dos seus días. Alí fundou a revista “Vieiros” e tivo cinco fillos coa sua muller, Celia Teixeiro. Faleceu con 83 anos o 14 de maio de 1987 nos Estados Unidos.
Delgado Gurriarán deixou varias obras escritas en galego, lingua que non cesou de falar ata a sua morte. A primeira, “Bebedeira”, un poemario publicado en 1934, e outras mais tardías como “Galicia infinda” e “O sono do guieiro”.
Córgomo e Vilamartín: que ver na terra de Florencio Delgado
Córgomo, o pobo onde naceu Florencio, é unha pequena localidade ourensana da Comarca de Valdeorras que pertence ao Concello de Vilamartín. Atópase preto de O Barco e de A Rúa e a uns 110 km de Ourense capital. Córgomo é o lugar elexido pola Real Academia Galega para rendir homenaxe ao escritor, que representa a todos aqueles galegos implicados coa cultura e coa política que tiveron que marchar da súa terra para establecerse noutro país. Tanto Córgomo coma o resto de aldeas do concello de Vilamartín son núcleos rurales singulares, onde toman espazo as características típicas dos asentamentos tradicionales da zona. Mistúranse nelas edificacións en medianera, camiños estreitos e vivendas feitas en mampostería de xisto e adobe, con cuberta a duas augas e tellado en pizarra sobre entramado en madeira. Sobresaen os seus balcóns, en primavera adornados con flores.
![Rincóns de Córgomo (Fonte: Córgomo vía Facebook)](["https:\/\/s1.elespanol.com\/2022\/05\/16\/quincemil\/vivir\/escapadas\/672943468_246434133_2560x1444.jpg"])
Rincóns de Córgomo (Fonte: Córgomo vía Facebook)
O monumento mais importante de Córgomo é a igrexa parroquial de Santa Marta, patrona do pobo, á que están adicadas as festas que se celebran en xullo.
Pero no concello de Vilamartín de Valdeorras hai moito mais que ver. Cruzado polo río Sil de este a oeste e revestido de montañas -Serra dos Cabalos, Serra do Eixo e Serra da Lastra, que ronda os 1600 metros de altitude- Vilamartín destaca tamén por ofrecer actividades de lecer como senderismo ou montañismo.
Outras zonas naturais a visitar son o encoro de Santiago en Valencia do Sil, preto da Igrexa de San Bernabé, ou a área recreativa do Bañadoiro, ideal para pasar unha tarde en familia xa que ten piscina e distintas instalacións deportivas.
![Igrexa de Correxais en Vilamartín (Fonte: Turismo de Galicia)](["https:\/\/s1.elespanol.com\/2022\/05\/16\/quincemil\/vivir\/escapadas\/672943469_246434974_2112x1408.jpg"])
Igrexa de Correxais en Vilamartín (Fonte: Turismo de Galicia)
Entre as construccións mais destacadas do concello destaca o Convento dos Trinitarios Descalzos (na actualidade en ruinas). Sito no pobo de Correxais, foi fundado en 1723, aínda que a igrexa parroquial que hai ao seu carón, a igrexa de San Pedro, é aínda mais antiga que o convento. Un dos maiores atractivos deste templo é o retablo maior, con pinturas que representan o Nadal.
Igrexas e capelas hai moitas máis: a Capela de Penouta, cunha ponte peatonal enriba do Sil, a Igrexa de San Xulián, a de San Xurxo de Vilamartín e a de San Vicente, ubicada en plena montaña.
Pero por riba de todo hai pazos e vivendas pacegas (San Miguel de Outeiro, San Lourenzo de Arcos, o pazo de A Portela), entre os que destaca o Pazo de Arnado, tamén chamado Castelo de Torre Penelas. E moitas adegas ou covas onde gardar a bó recaudo o viño que regará a popular festa da Ruta das Covas, os mencías e godellos con Denominación de Orixe Valdeorras.
![Covas en Vilamartín (Fonte: Celulas vía Wikimedia](["https:\/\/s1.elespanol.com\/2022\/05\/16\/quincemil\/vivir\/escapadas\/672943471_246436402_2560x1920.jpg"])
Covas en Vilamartín (Fonte: Celulas vía Wikimedia
Vilamartín é, tamén, unha boa base rural para acometer a sempre pracenteira tarea de percorrer a Comarca de Valdeorras. A Rúa, O Barco de Valdeorras, a aldea abandonada de Santoalla, Petín, que pese a ser un pobo diminuto ten o seu propio Museo da Cervexa, o Mosteiro das Ermidas en O Bolo ou A Veiga e o Observatorio Astronómico de Trevinca, son outros dos lugares que non se poden perder nesta comarca máxica.
Emma Sexto