Sés, en concierto este domingo en A Coruña: "Sinto que teño un discurso musical máis persoal"
La cantautora visita la ciudad para ofrecer un concierto que fue aplazado en dos ocasiones. Hablamos con María Xosé Silvar, una apasionado de "hacer música" a la que le gustaría versionar sus temas en español para el público de América Latina
12 diciembre, 2021 06:00Dicen que a la tercera va la vencida. Tras tener que aplazar hasta en dos ocasiones su concierto en A Coruña, Sés desembarca el domingo 12 de diciembre en A Coruña con un concierto, a partir de las 19:00 horas, en el Palacio de la Ópera. Y lo hace, como ella misma nos confiesa, "con moita ilusión e ansia".
La cantautora, licenciada en Filología, presentará su último trabajo Liberar as arterias, un álbum en el que la lucha y la reacción hilan un relato lleno de verdad, aprendizaje y empoderamiento, y del que destacan temas como Espiña sen rosa o el propio Liberar as arterias. Pero en este concierto tampoco faltarán su temas más sonados.
María Xosé Silvar, Sés, siente pasión por crear música. "Descubrín que sería feliz traballando nun estudio para outras persoas, sen eu cantar", asegura esta artista, quien ya nos avanza que en 2022 sacará nuevo disco. Hablamos con Sés sobre este concierto y, en general, sobre su proyecto musical. En esta entrevista nos descubre una de sus sueños pendientes de cumplir: versionar algunos de sus temas para que suenen en América Latina, un lugar en el que se siente como en casa.
Tras ter que adiar ata en duas ocasións este concerto, por fin estarás no escenario da Coruña. Hai ganas? Como o afrontas?
Con moita ilusión e ansia. Tiña moita ganas porque ademais hai preparadas sorpresas chulas para agradecer a xente que aguantase a espera.
Podesnos desvelar algunhas desas sorpresas?
Non, pero si que podo dicir que non son nomes famosos, son cousas mais especiais. Son cousas moi de verdade.
Este novo disco é un relato de loita e empoderamento. Que esconde Liberar as arterias? Que buscas con este novo traballo?
Precisamente non esconde nada. Con este novo traballo dou un salto de nivel, deixo o mandilón de parvulitos e agora síntome como os maiores. Sinto que teño un discurso musical máis persoal, pero a pretensión sigue sendo cero, é a ilusión de que alguén se poida animar a cuestionar as cousas. Ese é o meu obxectivo na vida. A única pretensión e facer un disco o mellor posible.
A quen rende homenaxe este disco?
A Luz Fandiño, unha poeta que non está o suficientemente considerada por ser demasiado poética. Este disco é unha maneira de reivindicar a sua figura. Ela é a Rosalía (de Castro) do noso ´seculo, por honesta, valente, humilde, irreverente y por ser pobo.
Dis que neste disco das un salto. Que ten de diferente Liberar as arterias respecto os anteriores traballos de Sés?
Creo que os meus anteriores traballos estaban moi amanerados, había moita distancia entre como soaba o disco e como era o directo. Penso que neste disco o son parécese máis ao que a xente vai escoitar en directo. Fun aprendendo a gravar e neste disco apreciase máis o que se pode ver en directo.
Incorporase algún son novo neste traballo?
Non e que incorpore un son novo, senon que consigo un son novo. Conseguín que máis cancións soasen a María Xosé Silvar.
Houbo parón obligado pola pandemia, como estas vivindo o regreso aos escenarios?
Normal. A pandemia só me serviu para sentirme ainda máis agradecida. Houbo moita xente que o pasou moi mal. O que esta pasando neste Estado é criminal, a resposta dos gobernos a este imprevisto é vergonzosa. Como estou eu é o de menos, eu estou indignada con todo o que está ocurrindo.
Algún proxecto de cara a 2022?
Sacareí novo disco en 2022, polo menos un. E ata que morra, un detrás doutro. Acabo un e xa estou pensando no próximo. A mín gústame moito facer discos. Descubrín que sería feliz traballando nun estudio para outras persoas, sen eu cantar. Gústame facer música.
Algo pendiente por facer na música?
Fun hai dous anos a América Latina, concretamente a Paraguay, entre outros lugares. Este país traspasoume, o que está a suceder alí ninguén o sabe. Alí pasan cousas terribles, froito do expolio que sigue sufrindo América Latina. Teño ganas de facer un disco dos meus temas en versión en español para América Latina. So sería para cantar alí. Hai unhas campesiñas hondureñas que teñen Tempestades de sal como o seu himno que me decían: "Nos encantaría poder entenderla, si nos hiciese una versión". Así que teño pendiente facer alguna versión dos meus temas para países como ese. Gustaríame moito cantar a esas mulleres e que me entendesen. Se tivese que quedarme con dous países nos que me sentín especial porque notei que cantaba de humano a humano foi en El Salvador e en Paraguay.
Ademais de en español, gustariame versionar os meus temas noutros idiomas (en quechua, en guaraní…). Eu xa cantei en seis linguas, polo menos, pero polo momento só fago discos na miña lingua. América Latina é, despois de Galicia, o lugar onde mais cómoda me sinto.
Qué música escoite Sés?
De todo (risas). Como creadora son super mediocre, pero como consumidora son de matricula de honor. Son cero acomplexada. Os meus discos favoritos de pequena era Libertad de Nana Mouskuri, despois empecei a escoitar a Janis Joplin, e o mesmo tempo escoitaba música tradicional. Eu escoito de todo, desde rock, punk, a Nathy Peluso, Rosalía, Vicente Ferrer… e as Cantareiras de Verdillo. Escoito de todo, nada me da vergoña. Eu escoito todo o que vai saindo no panorama musical. Non quero convertirme nunha carca.