Antón Reixa: "Os 80 eran uns anos moi frívolos pero de moita tolerancia"
Charlamos con el fundador de Os Resentidos, un grupo emblemático de la movida viguesa y del rock gallego que esta noche actúa en la Sala Garufa de A Coruña celebrando su 40 aniversario
5 marzo, 2022 06:00En 1982 Antón Reixa y Alberto Torrado fundaban Os Resentidos, uno de los grupos emblema de la movida viguesa que consiguió arrasar en Galicia y traspasar fronteras con alguno de sus temas más legendarios como Galicia Caníbal. Después de 40 años, el grupo vigués sigue sobre los escenarios con un nuevo disco de estudio, Organización Nautilus, que esta noche presentarán en la Sala Garufa de A Coruña. En Quincemil hablamos con Antón Reixa, que recuerda aquellos inicios y la evolución del grupo hasta actualidad.
Celebrades 40 anos como grupo, imaxinabas chegar tan lonxe?
Cando comezamos foi no ano 1982, que gañara Felipe González as eleccións e visitara o Papa España. Non esperaba nin chegar a ser profesionais. Co éxito de Galicia Caníbal en 1986 pasamos a ser profesionais e comezaron os mellores anos da nosa vida. No 94 paramos porque xa non había nada que nos puidera sorprender a nós mesmos. Volvemos en 2012 cun disco tributo que nos fixeron, pero paramos por un accidente que tiven. No ano 2018 voltamos unha vez máis, eu penso que polo "efecto Fariña", que puxeron cancións nosas na serie e nos volveron chamar. Aí formamos unha banda nova que continúa ata hoxe. Non pensaba nin de coña que estariamos 40 anos despois nos escenarios, pero aquí estamos (ríe)
Que recordos tes daqueles anos 80?
Os recordos que teño son que as mellores cousas da vida pasan con cousas coas que non es consciente cando comezas. Eu recordo que cando fixemos as primeiras maquetas había moitos grupos que ansiaban ser profesionais, nós estabamos nunha posición vangardista na que pensabamos que ser profesionais non nos ía a achegar nada. Eran uns anos moi frívolos pero de moita tolerancia, boto de menos aquilo ao que chamamos movida, que foi unha conquista do ocio e do tempo libre. Nos bares de copas coincidiamos artistas con sindicalistas e dese "bule bule" saíron cousas na música en Galicia moi interesantes e nós deixámonos arrastrar. Eramos o único grupo facendo rock en galego e hoxe 40 anos despois a música en galego está asumida como tal, existen propostas musicais en galego. Está aí o éxito das Tanxugueiras que nunca pensei que foran a interesar a un festival como o de Eurovisión, aínda que unhas rapazas tan rabudas, como non ían a interesar?. O problema é que a capacidade de creación en Galicia vai moi por diante da precariedade que hai no nosos país, hai que invocar a propia administración para alimentar a nosa autoestima creativa, debería haber maior atención na creación cultural en Galicia. Nós non traballamos só para o noso territorio, e a internacionalización necesita apoio.
Iso íache a preguntar, porque aparte do éxito das Tanxugueiras existen propostas aparte moi diferenciadas, que van desde Baiuca ata Terbutalina ou Verto
Sempre fomos moi heteroxéneos. Ti colles tres grupos de Vigo como Os Resentidos, Golpes Bajos e Siniestro Total e son tres propostas moi diferenciadas. En maio fai Siniestro Total, un grupo irmán, o seu último concerto, pero nós de momento seguimos adiante.
Falando de Siniestro Total, sodes dous dos símbolos da movida viguesa. Que contarías sobre ela a xente moza que non a viviu?
Foron uns tempos de moita tolerancia. Había moita crise económica, estabamos na reconversión industrial e estivo moi afectado o naval galego. Había un xornalista vigués, Víctor de las Heras, que xa non vive, que dicía "polas noites copas e polo día manifestacións (ríe)". Era unha época rabuda e eramos todo o modernos que podiamos ser nas nosas propostas. O que noto é que os músicos que viñeron despois teñen máis técnica, nós eramos do punk, no que estaba mal visto ser un virtuoso.
Vosa é Galicia Caníbal, un himno que segue perdurando ata o día de hoxe
Somos moi conscientes que a nosa vida foi diferente despois de compoñer esa canción. O primeiro álbum era vangardista, pero no segundo álbum fixemos esta canción que tivo moita difusión. Gustoume que serviu para difundir a nosa música fóra de Galicia e aquí achegounos a público que non escoitaba rock, pero que pola utilización do galego sentíase próximo a nós. Cambiou a nosa vida, esta e Galicia é un sitio distinto.
Son as dúas cancións as que lle tes máis cariño, ou hai algunha da que non se fala tanto que che gusta reivindicar?
Co último disco estou feliz, polas cancións que fixemos. É curioso que no 1994 decidimos disolvernos porque xa non había nada que nos puidese sorprender a nós mesmos, pero quero pensar que neste disco hai esa sorpresa, aínda que segue tendo a fórmula dos Resentidos, rock, rap e música latina, esa fórmula repítese e levamos desde maio tocando ese repertorio con moita aceptación, e tamén incluímos o noso repertorio clásico.
Fora dese disco homenaxe de 2012, Organización Nautilus supón unha volta dun disco de estudio 28 anos despois
A banda funcionaba ben e xorden composicións novas, sentiamos seguridade para facer composicións novas, que ademáis inclúen clips feitos con debuxos de Antón Romero, un rapaz de 14 anos que é autista e un magnífico debuxante. Organización Nautilus é a procura dun tesouro na ría de Vigo e tamén nas persoas que teñen problemas como o autismo hai tesouros ocultos, como no caso de Antón que ten unha gran habilidade para o debuxo.
Celebrades estes 40 anos na Sala Garufa da Coruña
Nós tiñamos que dar este concerto o 13 de marzo de 2020, pero ese día decretouse o confinamento. É a "revancha" que temos coa covid e esperamos que a xente disfrute.