O grupo galego Fuxan os Ventos prepara o seu 50 aniversario cunha exposición e un concerto
A banda prepara varias actividades para celebrar o medio século do seu nacemento durante o III Festival das San Lucas de Mondoñedo, en 1972
17 abril, 2022 06:00O mítico grupo de folk galego Fuxan os Ventos deixou os escenarios oficialmente no ano 1982, tras dúas décadas de traballo pola música tradicional galega. Agora, este 2022, a banda trata de volver para facer unha serie de accións coas conmemorar a súa historia, entre as que podería estar un concerto en outubro, mes no que xurdiu o grupo.
A orixe de Fuxan o ventos está no III Festival das San Lucas de Mondoñedo (1972). O grupo de música gañou a cita, obtivo o galardón de 50.000 pesetas e mudou o nome, pois ao certame foron como Folk 72 pero saíron como Fuxan os Ventos, título da canción gañadora.
Os seus compoñentes estiveron dúas décadas levando o folk galego alá donde ían. Un obxectivo que tiveron que compaxinar cos seus traballos como mestres. "Nunca nos dedicamos a música, nin vivimos nunca da música, sempre foi algo á marxe. Somos profesionais do ensino e agora estamos todos prácticamente xubilados", conta Tereixa Novo, a voz do grupo.
Fuxan os Ventos: 50 anos da banda de música galega
Máis alá dos comezos, agora están a traballar na organización dunha serie de actividades coas que celebrar os 50 anos do seu nacemento. Así que lanzaron a través das redes socias unha campaña pedindo imaxes e lembranzas documentadas do grupo. A meta, conta Novo, é tratar de facer unha exposición, un microconcerto e algunha actividade máis.
A pesar desta axenda, a voz do grupo confesa que non tiñan en mente facer nada e asegura que a iniciativa xurdiu porque "aínda hai moita xente que nos recorda". Os compoñentes de Fuxan os Ventos, de feito, sentíronse case obrigados despois de que un amigo libreiro, José Manuel Valín, montara a comenzos de ano unha homenaxe polo medio século da creación do grupo no seu establecemento de Lugo. "Agora estamos intentando preparar varias cousas que se concertarán no mes de octubro", explica a cantante.
Os membros de Fuxan os Ventos saben, ademais, que seguen a ter un gran público de todas as idades que os lembra. Un exemplo foron os concertos que fixeron no ano 2008. "Eu contaba con que nesos concertos atopariámonos xente da nosa idade, pero a nosa sorprensa foi que a maior parte era xente moito máis moza", explica Tereixa Novo, que engade que a música que fixeron na súa carreira é interxeracional. "Unha vez que nos coñecen, identifícanse fácilmente coa nosa música, porque lles soa, porque a escoitaron cos seus pais ou porque, simplemente, lles soa a propio", sentenza a cantante.
O galego na música e nas artes
A voz de Fuxan os Ventos recoñece que a música en galego está en moi boa posición dende que eles comezaron: "Eu creo que está en vigor, está moi vixente e ten moito futuro". "É moi rica, hai moita variedade e calidade, non só folk", engade Novo. A pesar diso, a cantante recorda que hai pouca xente que poida vivir facendo música no noso idioma. Unha realidade que ten que ver, explica a integrante de Fuxan os Ventos, pola falta de "canles, axudas ou vías de promoción".
Sobre a presenza do galego na sociedade, Novo recoñece que na actualidade se está a facer moita produción artística, musical e literaria no idioma do país, pero lamenta de que o galego se estea a perder na fala. Unha realidade que contrasta coa súa época. "Hai unha maior produción cultural e artística, pero seguimos perdendo falantes. A xente ao final está falando en castelán", lamenta a cantante de Fuxan os Ventos.