Guadi Galego, de xira por Galicia: Creo moito na música en directo, todo cobra máis sentido

Guadi Galego, de xira por Galicia: "Creo moito na música en directo, todo cobra máis sentido"

Música

Guadi Galego, de xira por Galicia: "Creo moito na música en directo, todo cobra máis sentido"

Mañá venres estará en Santiago e este sábado en Ferrol, ambas prazas coas entradas xa esgotadas, para presentar o seu novo espectáculo ‘Síntese Horizonte’. O día 13 de abril chegará a Pontevedra

25 enero, 2024 05:00

O mesmo día que cumpría 50 anos Guadi Galego (Cedeira, 1974), o luns 22, atendía a Quincemil para compartir uns minutos falando sobre a súa nova aventura, o espectáculo ‘Síntese Horizonte’, un directo contundente, íntimo e duro a veces, como ela define, que se regala a ela mesma porque cree firmemente na maxia do directo. Regresa deste modo aos escenarios galegos logo de máis dun ano e medio de ausencia.

Mañá venres estará en Santiago e este sábado, 27 de xaneiro, en Ferrol, ambas prazas coas entradas esgotadas. O 13 de abril actuará en Pontevedra.

Nesta xira interpretará temas de Roibéno seu último disco, lanzado en decembro de 2022, o cal non presentou en Galicia pero si en Madrid, Barcelona, Euskadi e Portugal.

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega das últimas décadas, lanzou a finais de setembro o tema O.D.A., un pedazo de declaración de intencións, e vén de lanzar un sinxelo con Rozalén, ‘Todo esto te daré’, que xa formaba parte da música orixinal que creou para a ficción sonora da plataforma Audible sobre o libro de Dolores Redondo.

A súa andaina musical comezou sendo ela moi nova, un camiño fíado especialmente a Berrogüeto como vocalista, pianista e gaiteira, e que, co tempo, deu paso a outros proxectos máis persoais, como Espido ou Nordestin@s. No 2009 iniciou a súa carreira en solitario con Benzón e logo chegarían os exitosos Lúas de Outubro e Agosto (con éxitos como Chea de vida ou Matriarcas), O mundo está parado, Inmersión, Costuras ou o máis recente Roibén.

En primeiro lugar, moitas felicides Gaudi, polo teu 50 aniversario
Moitas grazas. Síntome moi afortunada.

Cumprir medio século é un bo momento para botar a vista atrás e revisar a propia traxectoria
Si. A barreira dos 50 é importante. Supón a aceptación da madurez, de que o tempo que queda por vivir seguramente sexa inferior ao xa vivido, que a vida laboral vaise acurtando…. Implica aceptar o vivido pero tamén o que está por vir.

"Síntese Horizonte é un espectáculo provocador e moi diferente ao anterior. Haberá algo de oscuridade, de esperanza, de aceptación, de alegría, tamén humor…. Será unha viaxe potente"

Vostede leva máis de 25 anos no mundo da música
Si, comecei con traballo máis corais e logo dunha forma máis individual. Gústame estar sempre buscando algo máis do meu mesma, seguir investigando no meu interior.

Agora sorprende cun novo espectáculo que levará a Santiago de Compostela, Ferrol e Pontevedra
Si, é un espectáculo vivo que incluirá algúns dos temas de ‘Roibén’, ou meu último disco, que nunca antes interpretara en Galicia. É un disco algo máis duro que ‘Immersión’ ou ‘Costuras’ e oito destes temas soarán por vez primeira en vivo nos escenarios galegos. Ou resto serán temas froito do percorrido da miña liña vital.

Entón, ¿que poderemos ver no escenario?
Un espectáculo provocador e moi diferente ao anterior. Haberá algo de oscuridade, de esperanza, de aceptación, de alegría, tamén humor…. Será unha viaxe potente.

-Esta vez, ademáis, acompañaranlle outros músicos
Unha banda moi potente formada por grandes artistas que se reunirá especialmente para esta ocasión. Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e un coro conformado por Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez participarán nesta xira. Entre todos crearemos un directo contundente, íntimo e tamén duro a veces….

-Qué lle levou a idear un espectáculo con este formato?
Creo que es porque estou un pouco chalada…. (bromea). É un pequeno agasallo que me fago a min mesma porque creo moito no espectáculo en directo, todo cobra máis sentido. En 2017 xa fixe algo similar y creo que os directos justifican todo o demáis. Eu escribo letras pero teño mente de música.

"Son unha artista que creo moito nos espazos, busco neles moita calidez e sobre todo conexión co público"

Como lembra os seus inicios?
Crieime en Cedeira e xa alí comecei a estudiar música en asociacións, en el Conservatorio de Ferrol, en coros e en agrupacións de música tradicional. Agora regreso a Cedeira cando poido e paso tempadas, alí teño as miñas raíces, familiares e amizades. O Teatro Jofre de Ferrol é o meu referente de teatro.

-Planea xa o seguinte espectáculo tras percorrer Ferrol, Santiago e Pontevedra con Síntese Horizonte?
O meu próximo traballo será algo máis pequeno, máis íntimo e alternativo en cuanto ao espazo. Sairei dos máis tradicionais para elixir algo máis diferente. Son unha artista que creo moito nos espazos, busco neles moita calidez e sobre todo conexión co público.