Vídeo: O exconselleiro Romay Beccaría analiza a sanidade de Galicia

Vídeo: O exconselleiro Romay Beccaría analiza a sanidade de Galicia

Salud

Vídeo: O exconselleiro Romay Beccaría analiza a sanidade de Galicia

O novo vídeo de Solidarios cos maiores repasa a situación da sanidade galega con distintas olladas

5 septiembre, 2023 19:44

“Creo que vale moito esa proximidade do médico, ese contacto directo co médico, pero non vamos desprezar o que poidan darnos os aparatos ou a tecnoloxía para facer un bo diagnóstico”. Isto di Xosé Manuel Romay Beccaría, exconselleiro de Sanidade.

O novo vídeo de Solidarios cos maiores repasa a situación da sanidade galega con distintas olladas, sobre todo dos usuarios. Hainos que están satisfeitos do trato recibido e rexeitan o que din outros cando afirman que o seu médico “mira máis para o ordenador que para min”. Unha doente resume: “Poucos médicos para demasiados pacientes”. Outra das afirmacións dos usuarios é que “a xente maior o que necesita é unha asistencia presencial e dedicarlle o tempo que eles se merecen”.

Cando era conselleiro de Sanidade da Xunta, Xosé Manuel Romay Beccaría fixo popular o dito de que unha conversa do médico co doente aforraba pastillas. Ahora valora esa proximidade apuntando que “non vamos desprezar a tecnoloxía”.

Romay Beccaría acordase de como se foron abrindo centros de saúde en Galicia “para que a xente non teña que facer 30 quilómetros para ir ao médico”. Despois de salientar que tódalas cidades galegas teñen novos hospitais asegura que o importante é “que eses edificios estén ocupados por xente competente que dea a mellor atención sanitaria posible”. Para Romay na sanidade galega “eu creo que se sigue mellorando e avanzando”.

Solidarios cos maiores é a iniciativa de un grupo de profesionais, sobre todo da comunicación, que ten como obxectivo "poñer sobre a mesa os problemas que afectan os maiores. Queremos facer algo para axudar na vida diaria das persoas maiores", resume a xornalista Chus Castro.