Persoal das residencias de maiores en Galicia: O máis urxente é cubrir os postos mínimos

Persoal das residencias de maiores en Galicia: "O máis urxente é cubrir os postos mínimos" Solidarios cos Maiores

Salud

Persoal das residencias de maiores en Galicia: "O máis urxente é cubrir os postos mínimos"

Traballadoras de residencias de maiores falan das súas reivindicacións nun novo vídeo de Solidarios cos maiores: “É imposible facer un aseo en condicións en 5 ou 10 minutos”

6 noviembre, 2023 14:03

A falta de persoal é a principal reivindicación das traballadoras das residencias de maiores. Así o explican empregadas deste colectivo nun novo vídeo de Solidarios cos maiores. Esta é unha nova entrega de varios vídeos sobre a situación das residencias de maiores.

Neste caso, unha representante sindical e unha traballadora dan conta dos principais atrancos que atopan no seu traballo. “O máis urxente é cubrir os postos mínimos. Ten que haber unha enfermeira, si ou si. Iso é o máis urxente”, salienta Sabela Fernández. Apunta que os familiares das persoas que están nas residencias tamén teñen que ser conscientes da situación das mesmas e por iso avisa de que “as familias teñen que estar pendentes de moitas cousas…” e en ocasións “hai que investigar”.

Outra das cuestións das que fala Sabela é a dos horarios, xa que as xornadas son de sete horas durante o día e dez horas na quenda de noite, algo que, explica, condiciona tanto a vida persoal como a familiar dos traballadores.

Para Ana Vilabella, empregada dunha residencia, “o problema fundamental é a falta de persoal (…) É imposible facer un aseo en condicions en 5 ou 10 minutos”. Recoñece que isto fai que “o cuidador acaba frustrado, impotente…”.