Xan Xove, de Marea Atlántica de A Coruña: "Non podemos dar cheques en branco a Inés Rey"
O candidato á Alcaldía de A Coruña tacha de "decepcionante" o Goberno municipal da socialista, o que acusa de non cumplir os acordos do pacto de investidura. "Funciona máis pola publicidade que polos feitos", afirma
30 octubre, 2022 06:00Ilusionado pero tamén consciente da responsabilidade política. Así afronta o candidato da Marea Atlántica á Alcaldía de A Coruña, o exdeputado autonómico Xan Xove, este novo paso na sua carreira. Fundador desta plataforma municipalista que chegou a gobernar o Concello da Coruña dan mán de Xulio Ferreiro no ano 2015. Agora, dende a oposición, esta formación política que brindou apoio a alcaldesa socialista Inés Rey na sua investidura, prepara a sua renovación para afrontar unhas eleccións municipais de 2023.
Xove califica de "decepcionante" o Goberno de Inés Rey e considera que é primordial poñer en valor os barrios: "É imporante que A Coruña non comece na plaza de Pontevedra". Arropado por un equipo "diverso" e "competente", Xan Xove quere facer ver os e as coruñesas "a utilidade da Marea Atlántica" para a cidade herculina, tal e como nos comenta nesta entrevista concedida a Quincemil.
Por que deu o paso de presentarse como candidato pola Marea Atlántica?
Realmente para min é un orgullo presentarme pola Marea Atlántica. Eu son fundador da Marea Atlántica e penso que podo axudar levando as propostas desta formación a cidadanía, explicando que a Marea Atlántica é necesaria e insustituible. A Coruña non é a mesma dende que naceu a Marea Atlántica. Nós temos un grupo de renovación na candidatura pero tamén contamos coa experiencia do grupo municipal e todo o persoal asesor sainte para facer unha mistura moi interesante. A xente do grupo municipal non abandona a Marea, senón que sigue traballando. Somos un equipo a prol da cidade e para mellorar a vida dos seus cidadáns.
Cales van a ser as bases sobre as que se vai sustentar o proxecto de renovación da Marea?
As propostas e iniciativas principais da Marea xa as coñece a cidadanía, porque as levamos a cabo tanto no goberno como na oposición. É importante sinalar que o Goberno en minoría de Inés Rey realmente impulsa accións que son propias da axenda da Marea Atlántica; como a gratuidade das escolas infantis, a eliminación do viaducto na ronda de Nelle, a posta en marcha do operador enerxético municipal ou as únicas duas vivendas públicas (Xuxán e Pontejos), que se están a retrasar pola incompetencia do Goberno de Inés Rey. Nós tanto no goberno como na oposición temos un proxecto para a cidade. Tamén hai que falar da recuperación do Porto, sobre o que durante 15 anos ninguén falou ata que chegou a Marea e sacou do fondo da hucha, os contratos e os pactos; e ofreceu un cambio a cidadanía. Se a Marea Atlántica non tivese gobernado ou non fose unha forza imprescindible para a gobernanza da Coruña, nunca se chegaría a ese nivel de debate sobre o porto.
En que se baseou para formar a sua candidatura e escoller a aqueles que o van acompañar?
Buscamos pluralidade, solvencia e competencia. Son persoas que veñen de diferentes eidos (urbanismo, educación, sanidade, dos movementos veciñais, educación social…) Creo que temos un equipo diverso e multidisciplinar, e competente ao abarcar diferentes eidos e sensibilidades.
O éxito da Marea Atlántica ten un nome propio: Xulio Ferreiro. Xa falou con el? Deulle algún consello para afrontar esta nova etapa?
É publico e notorio o apoio de Xulio Ferreiro a nosa candidatura, o cal obviamente agradecemos. Xulio Ferreiro temos claro que foi o mellor alcalde que tivo A Coruña. Creo que cando pasa o tempo, realmente isto cobra cada vez máis valor. Lamentablemente Xulio Ferreiro sufriu unha campaña de desprestixio e de desgaste que foi totalmente inxusta. Agora vemos que moitos dos proxectos que eran imprescindibles para A Coruña , e que se iniciaron ou impulsaron na etapa da Marea Atlántica , e que se decía falazmente que estaban parados pola inacción do Goberno da Marea; agora podese ver que non era así. Por poñer un exemplo, o centro de saúde de Santa Lucia: dixose que estaba paralizado pola inacción da Marea (cando esta ofrecía ata tres localizaciones diferentes), e agora volveuse o inicio e non hai nin proxecto.
O que si é certo é que a Marea atopase nun momento descendente. Cal é ese cambio para volver atraer o voto perdido?
A situación política é complexa pero a nós, máis alá diso, o que nos preocupa é a situación social. Entendemos que as propostas da Marea Atlántica son realizables e abranguen o que realemente lle interesa a cidade. Por exemplo, se a Marea non impulsase os dous únicos proxectos de vivendas públicas, non habería ningún na cidade. Ou tamén o operador municipal de enerxía. E nestes momentos a cidadanía está preocupada polo precio da vivenda e a enerxía. Tamén polo prezo das escolas infantís, que esperamos que se aborde no modificativo de crédito, así como o Club do Mar…
A nós o que nos preocupa é que a cidadanía de A Coruña vexa a utilidade da Marea Atlántica. O que nos importa é o xuizo da cidadanía, non tanto estar máis arriba ou máis abaixo.
Que valoración fai do Goberno municipal?
Decepcionante. Claramente insuficiente. Nunha situación onde a Marea Atlántica facilitou dunha maneira constructiva que houbera dous orzamentos, agora pedimoslle a Inés Rey que se sente coa nosa voceira, María García, para levar adiante os terceiros orzamentos. A Marea Atlántica está sendo moi xenerosa, pero nós non recibimos esa xenerosidade cando gobernamos. O Goberno de Inés Rey vai de evento en evento, de foto en foto… Funciona máis pola publicidade que polos feitos; e ademais nun contexto no que a Marea sempre estivo para apoiar constructivamente todo o que entendimos era bó para a cidade.
Falando de apoios, a Marea apoiou a investidura de Inés Rey. No caso de que se volva plantexar este escenario, cal sería a resposta de Marea Atlántica?
Estamos decepcionados, porque no apoio a investidura de Inés Rey había uns pactos moi concretos que non se cumpriron. Entendemos que a Marea é quen debe liderar as políticas de A Coruña, e nós saímos a gañar. O que vemos moi claro é que nos podemos dar cheques en branco a Inés Rey porque nesta lexislatura non cumpriu o que se acordou no pacto de investidura. Eso témolo moi claro e témolo sempre presente.
Podemos e Esquerda Unida concorrerán conxuntamente as eleccións, non sei se se podería plantexar unha candidatura conxunta das esquerdas?
Preferimos non opinar dos procesos internos doutras organizacións. O que si, a Marea Atlántica é un espazo plural, onde a ninguén se lle esixe unha militancia única na Marea, hai persoas de moitas sensibilidades políticas diferentes.
A titulo personal, como esta a vivir esta nova etapa?
Ilusionado e o mesmo tempo coa sensación de responsabilidad que supón. Eu son da Agra do Orzán, onde me criei. Vivin moi intensamente esa A Coruña de duas velociadades, entre o centro e a perifería. O que rodea a liña 14, que a min tanto me gusta porque crieime na Agra do Orzán, despois pasei a adolescencia no Castrillón e agora vivo en San Roque de Afora; así que a min me deberían dar o usuario do ano da liña 14.
Toda o que é rolda de Outeiro, rolda de Nelle, Avenida de Monelos… Toda esa A Coruña que está esquecida. Vemos estes días que se inician obras en Emilia Pardo Bazán, na rúa Compostela, plaza de Lugo… Hai catro ou cinco obras entre o Obelisco e a praza de Vigo. Parece que Inés non quere Os Mallos, a Agra, o Barrio das Flores, o Castrillón… Todo isto ilusioname porque creo que é importante que A Coruña non comece na plaza de Pontevedra (na nosa infancia tiñamos esa sensación)
Fala de poñer ese foco nos barrios, pero que outras necesidades urxentes ten a cidade?
Hai moitas necesidades, algunas non dependen da Administración local pero está debe esixir que se cumplan. Por exemplo, estamos vendo como nos centros de saúde falta persoal. O Consello non pode amañalo, pero sí pode situarse o lado de quen esixe que todo esto se cumpla (transporte metropolitano, a rede de cercanías..) O Concello debe esixir a outras administracións que todo esto se leve adiante.
Cando gobernou a Marea creouse a renda social municipal, que non é ninguna obriga de ningún concello, pero A Coruña fixo esforzo porque a Risga non era capaz de cubrir as necesiades. Somos conscientes de que a Administración local ten unhas competencias e responsabildiades, pero non pode pecharse porque ten que estar ao carón dos seus veciños.