Ofrecido por:
Sande, candidato de Unidas Podemos en A Coruña: "A man sempre está aberta ao entendemento"
O exconcelleiro de Cultura coa Marea Atlántica afronta "moi ilusionado" esta volta a primera liña política, na que pretende poñer o dialogo sempre por diante. "É unha honra que pensen en ti como alguén que pode axudar a cidade", asegura Sande, que manten todas as portas abertas para alcanzar unha "unidade desexable" coa Marea
14 febrero, 2023 06:00Foi concelleiro de Cultura no goberno da Marea Atlántica de Xulio Ferreiro e agora preséntase como candidato de Unidas Podemos a Alcaldía de A Coruña. José Manuel Sande é o cabeza de lista dunha candidatura que asegura ter a porta aberta a Marea Atlántica, formación coa que non desbota dialogar para alcanzar unha unidade, pese a que a formación encabezada por Xan Xove xa a rexeitou, pero si manten a porta aberta a que Unidas Podemos se integre na Marea. Parece non haber entendemento entre ambas formacións cando restan tres meses para a celebración das eleccións municipais.
Podemos presentara en novembro a Isabel Faraldo, nestes momentos concelleira non adscrita en María Pita, como a sua candidata. Con todo, a formación morada decidiu cambiar de aspirante para buscar unha figura que podía aunar á esquerda. "A unidade é desexable, non se concibe que a esquerda que ten proximidade poida ir desunida", asegura Sande a Quincemil tras ser preguntado pola negativa da Marea a formar unha coalición.
Sande, programador cultural, afronta "moi ilusionado" esta nova etapa política tras o seu paso no anterior mandato polo Concello de A Coruña, dirixindo unha área, a de Cultura, agora asumida pola propia alcaldesa da Coruña. Unha situación que, en opinión de Sande, resulta "inasumible" dada a envergadura desta área para a cidade.
Como lle chegou a proposta de Unidas Podemos? E que lle levou a presentarse?
Primeiro, a recibo con absoluta ilusión; tamén como análise do diagnose do que está acontecendo na cidade e as posibilidades de traballo sobre iso. Tamén a recibo con certa sorpresa. É unha honra que os demais pensen en ti como alguén que pode axudar a cidade, no obstante eu concibo os proxectos de unha maneira coral. Na miña decision tamén pesou a preocupacion entre a cidadanía sobre como se está a xestionar esta cidade, polo tipo de proxecto que hai e a falta de acordos coa oposición. Todo foi un conglomerado que axudou a decidirse.
Foi concelleiro de Cultura no goberno de Xulio Ferreiro, pero nestes ultimos tempos estivo vendo a política dende a barreira. Que aprendeu desa etapa no goberno local?
Creo que a aprendizaxe do Concello foi, comparativamente, a máis grande da miña vida en tan pouco tempo. A mais intensa, con diferenza, incluso nun plano persoal; pero tamén na dimensión profesional, en termos de xestión. Aprendín moitisimo, seguramente con moitos sinsabores. Haberá compañeiros que teñan unha sensación mais de dor e sufrimento, con todo a miña perspectiva é positiva como resumo. Foron uns anos nos que ves as dificultades de levar a cabo certas cuestións, pero tamén ves as satisfaccións ao respeto cando hai coherencia nos proxectos. Coherencia que se perdeu co cambio de goberno, chegando ao extremo que estamos vendo de concellerías que non existen (Cultura e Deportes), aglutinados na Alcaldía.
E que puido reflexionar e aprender durante a etapa posterior mais alonxado da política de primeira fila?
Tras unha breve etapa no Senado, que remata coas eleccións de novembro de 2019, reincorpórome ao meu anterior traballo; e efectivamente ves que o que aprendes nun lugar queda para sempre. Nesta etapa xurde unha preocupación in crecendo. É certo que houbo un momento que estivo mais mitigado, porque na pandemia era más difícil levar a cabo accións de goberno (no ámbito cultural), pero con todo existía a posibilidade de planificación e o goberno da nosa cidade optou pola inacción máis que a planificación na pandemia. Houbo unha política máis de escaparate, con algunas cuestións eficaces pero moi illadas. Algunhas axudas que sairon foron gracias a accion conxunta coa oposición dunha maneira insistente -insistencia que nunca volveu existir da mesma maneira- e reforzou a idea dun goberno feble ou que realmente non consideraba relevante a cultura e o deporte.
Está de acordo entón con moitas voces que denuncian o abandono do sector cultural desta cidade por parte do actual goberno local?
Estou de acordo, ainda que con moitos matices. É inasumible para una alcaldesa unha área desa magnitude. Non é serio ante o sector que incluso os problemas internos dun goberno se trasladen a cidade. Nestes anos, nesta cidade, aconteceron cuestións que determinaron a relación coa cidade e non se lle presta a suficiente atención. As disputas internas nunca poden entorpecer a xestión e a planificacion dunda cidade, e aquí aconteceu. En concreto no goberno houbo un momento que se asumiu unha área por Rómulo Sanjurjo, una persoa que viña cun proxecto e se desbotou esa vía rápidamente. Rómulo dimitiu (como director da área de Cultura). Se alguén contrata a un profesional para levar a cabo o seu proxecto, non se pode entender como se lle pon atrancos. Creo que foi o único momento esperanzador desta etapa.
Asegura que non se presenta como candidatura de consenso, pero o certo é que están abertos ao diálogo. Neste contexto a Marea Atlántica xa dixo que non a unha candidatura conxunta. Esta xa desbotada esta posibilidade? Ou se espera que poida haber diálogo?
Nunca pode estar desbotada. A unidade é desexable. Non se concibe que a esquerda que ten proximidade poida ir desunida, e menos dunha maneira rotunda cando hai mais elementos en común que diferenzas. A man sempre está aberta a ese entendemento e, ata que se culmine o prazo das candidaturas, esa posibilidade sempre vai estar aberta. Eu persoalmente concibo a política como un exercicio de diálogo; o que supón chegar a puntos, aínda que sexan intermedios, de entendemento.
Fala dunha porta aberta, tamén o fixo onte a Marea. Quen ten que dar o primeiro paso?
A porta está aberta. Hai comunicacións dende o mes de setembro, tanto Esquerda Unida como Podemos puxeronse en contacto (coa Marea). Había convocatorias de reunións que debían terse producido, sobre todo cando hai compañeiros tan próximos.
Con anterioridade á presentación da sua candidatura, informaron a Marea Atlántica?
Eu estou vinculado a decisión das forzas políticas e esa comunicación corresponde ao seu espacio.
Asegura non entender esa división da esquerda que ten mais puntos en común, cree que esa división de forzas pode perxudicar o voto da esquerda?
O normal é a unidade por todas as razóns, e esa é unha delas.
Cree entón que non é responsable presentarse por separado a Marea e Unidas Podemos?
Cada un ten que ser dono dos seus actos. Eu non me aventuro a valorar a responsabilidade de outro, pero creo que á cidadanía non lle interesan estas diferencias políticas. Entende que a unidade de aqueles que teñen converxencias é o camiño a seguir.
Esta volta a primeira liña política supoño que suporía un gran periodo de reflexión, con que falou esta decisión que tomou? Alguén que o animara?
Hai dous ámbitos. Por un lado, a familia e amizades; e por outro, ese núcleo de persoas coas que un comparte un proxecto sociopolítico e cultural. Logo tamén hai unha parte inevitable que é a enquisa cidadá: había certa necesidade. Tamén é un exercicio de responsabilidade, de recuperación de ilusión, de regresos a certos lugares que non desapareceron e que explican os cambios políticos de hai dez años. Non hai volta atrás, non se pode perder a referencia que nós representamos, ubicando no debate público e na politica asuntos que estaban ausentes (participación, transparencia, relación coa ciudadanía…). O modelo (de política) que había antes era anacrónico, e nel a cidadanía non tiña un papel representativo. Non podemos asistir a unha resurrección do modelo político anterior, e eu xa percibo algun sintoma diso. Negámonos a aceptalo.
Fala de que se nega a un rexurdir de esta "vella política". Cree que a cidadanía borrou da sua mente esa nova política da que falamos, e que o panorama volve a parecerse mais ao que había con anterioridade ao nacemento dos movementos cidadáns que chegaron, como é o caso da Marea, a gobernar esta cidade?
Sempre se fala insistentemente da conquista do relato. O risco real desta historia é que unha etapa concreta pode parecer unha anécdota, un accidente, o que quere dicir que os puntos fundamentais que había no debate público poden desaparecer. Ese risco está presente porque o que pretende outras cousas pode reescribir facilmente a historia se ten as condicións favorables. Creo que hai alguna tentativa de volta atrás, polo que toca pelexar. Vivimos nunha sociedade acelerada e a memoría as veces ten unha duración mais breve.
A división da esquerda pode facilitar esa reconquista da “vella política”. Como vai facer Unidas Podemos para recuperar ese voto descontento, tendo ademais en conta que hai un elevado número de indecisos?
Detectamos que hai descontento enorme en moitas capas da poboación e está presente a idea dun goberno feble. As enquisas revelan que un goberno que pasou unha etapa tan tranquila, no sentido de non agresividade por parte da oposición sen ser todo analizado con lupa como na etapa anterior (da Marea Atlántica), prácticamente non sube nas enquisas. Quere dicir que non hai un recoñecemento positivo desta etapa e que hai unhas enormes cotas de descontento.
Esta recuperación pasa pola conquista dos espazos cidadáns, nun sentido de igual a igual. O noso obxetivo é estar en contacto coa cidadanía e dar a coñecer a nosa alternativa como é: ilusionante, esperanzadora e que pode dar lugar a unha nova época, na que se poida gobernar ademais seguindo incluso o modelo de coalición do goberno central. Así, pode non haber problema en que as políticas que nós encarnamos estén nunha alianza que facilite certo control e que garantice politicas responsables e coherentes. Outra cuestión é o vivido nesta etapa, na que algúns dos desacertos estratéxicos foron por un goberno endeble numéricamente, sen plantexarse outras vías. Pensemos que distinto sería se no 2019 ou 2020 houbera un goberno de coalición, que podia ter unha duración de mandato completo ou mais limitado se houbera diferenzas.
Cree entón que ese goberno endeble podería ter sido mais forte se a Marea Atlántica, que facilitou a investidura de Inés Rey, tivese un papel de maior control?
É unha hipotese. Como cidadán, era unha hipótese que colea visto a fraxilidade do goberno, porque penso que si que había concelleiras responsables doutro lado que poderían ter aportado. Creo que a sensación para a cidadanía e que (o goberno do PSOE) foi unha etapa perdida, de escaso recorrido.
Vostede é cabeza de lista, pero como vai ser o proceso de elección do resto de nomes que o van acompañar? Gustarialle compartir lista con algún excompañeiro?
As apetencias quedan nun segundo plano. Tanto Esquerda Unida como Podemos fan algo insólito hoxe en día no plano político, que é a renuncia a encabezar a lista en favor dunha persoa independiente. Esto faise para reforzar a vía cidadá que axuda a que abra tamén esa interacción con axentes asociativos para elaborar a propia lista. Resulta moi enriquecedor incorporar a profesionais da cidade, xente do tecido asociativo, social, cultural, empresarial… Reporta novas miradas e coñecemento, e iso é fundamental nun proxecto que é plural.
Hai un calendario xa establecido para a configuración da lista?
Anunciarase nos vindeiros días.
Volve a primera liña política, quedoulle algo pendente por facer da sua epoca como concelleiro?
Si que quedaron cousas porque non houbo tempo ou houbo atrancos. Dende liñas de axudas, residencias artísticas, municipalización… posibilidades de facer estruturas mais participativas cos propios sectores. Quedaron moitas cousas, e sendo unha na que era mais fácil dar lugar a políticas precoz
Tras coñecerse a su candidatura oficial o venres, supoño que sería unha fin de semana intensa. A nivel personal, como esta vivindo este regreso?
Pois francamente contento, primerio polas reaccións. No ambito personal, a xente ten ilusión nun novo proxecto; pero tamén se sinte a nivel social. Eu son unha persoa enérxica, e tamén é un cambio de actividade notable, sobre todo de perspectiva. Hai un salto que habera que abordar neste tempo.