Luís Pérez (BNG), alcalde de Ribeira en una entrevista

Luís Pérez (BNG), alcalde de Ribeira en una entrevista Luís Pérez

Barbanza

Luís Pérez, alcalde de Ribeira (A Coruña): "O que me move é poder cambiar o Concello para mellor"

O nacionalista encabezará un goberno de coalición tras máis de 30 anos de gobernos populares

10 julio, 2023 05:00

Ribeira (A Coruña) viviu o venres un terremoto político único na su historia. Tras os resultados das eleccións do pasado 28 de maio, Luís Pérez, do Bloque Nacionalista Galego fíxose có bastón de mando da capital do Barbanza, arrebatándollle a silla ao Partido Popular, que levaba casi 35 anos gobernando na cidade. 

Con apenas 33 anos nunca viviu unha alternativa ao executivo conservador na sua terra pero conseguiu crear unha coalición có resto de forzas da oposición do Pleno (PSOE e o Partido de Barbanza Independente) para asegurar un “goberno do cambio” na localidade. 

Un recurso á Xunta Electoral fixo que, como outros alcaldes da zona, tomase posesión este venres 7 de xullo, casi tres semanas despois que o resto de rexidores galegos. Nestas semanas Pérez e o resto da candidatura dos nacionalistas recibieron felicitaciones de todo tipo mentres se preparaban para deixar organizado todo o necesario para os primeiros meses. Confiesa que ha foi “fastidiado”  pechar temas de socorristas ou algo tan importante como é a Dorna, a festa por excelencia do municipio. 

Como afrontas o reto de liderar o goberno do cambio?

É tremendamente ilusionante. Vimos de facer historia despois de 26 anos ininterrumpidos de gobernos do Partido Popular. Estamos vendo que hai moitísima xente con moitísima esperanza e que ten os ollos postos en nós para que ese cambio sexa fructífero. Para que vaia a mellor Ribeira e que realmente as cuestións prioritarias da xente se empecen a atender, porque tíñamos un goberno que non atendía esas prioridades. Creo que estabamos ante un goberno separado do sentido da xente e creo que este goberno de cambio ten depositada moita ilusión.

Non da un pouco de medo, de pánico, ter esa responsabilidade de saber que se non o facedes ben a xente voltará a votar ó Partido Popular?

Da respeto. Pero eu xa llo digo a moita xente que me pregunta: ‘estás nervioso, Luís?’ Eu digo que non, que estou tranquilo. Por que? Porque temos un equipo de persoas extraordinario ao noso lado, con experiencia tanto no goberno, como con experiencia profesional que vai a desenvolver un traballo fundamental para escoitar á xente de Ribeira, e para que os veciños poidan ver que as súas demandas son atendidas polo seu goberno municipal. 

Por outra parte, chegamos a un entendemento moi rápido grazas a que nos últimos catro anos levábamos traballando de maneira conxunta diversas iniciativas os grupos que formábamos a oposición de Ribeira. Foi moi fácil grazas a que houba moita xenerosidade por parte dos tres grupos, eu sempre quero agradecer esa xenerosidade porque foi fundamental para conformar ese goberno do cambio.

É un goberno de coalición con moitas almas, hai ese medo de que ao longo da lexislatura, se se complican as cousas, de que calquera cousa poida romper o pacto?

Non, para nada. Eu estou moi tranquilo. Confío absolutamente nos meus compañeiros, tanto do partido socialista como do PBBI. Sei que son persoas honestas, que van a cumprir ca súa palabra.

A claúsula sobre a moción de censura no acordo é simplemente unha cláusula de salvagarda para garantir un goberno estable. Nós dende o primeiro momento púxemonos a disposición e o que lles dixemos é que queríamos un goberno estable para catro anos, para poder sacar proxectos adiante e atender as prioridades da xente.

Cales son ás prioridades para elaborar os orzamentos?

Elaborar uns orzamentos actualizados, que atendan as prioridades da xente. Cuestións básicas de mellorar o mantemento das infraestruturas existentes, de mellorar e garantir que a limpeza pública dos espazos, e unha cuestión básica que é dotar de servicios esenciais ás vivendas que a día de hoxe non o teñen: auga potable, saneamento ou incluso tamén mellorar a calidade de internet para que chegue as nosas parroquias rurais. 

Son cuestións nas que nos unen a todos os partidos e que queremos facer dende o minuto un. Iso implica reducir a partida de gasto en cemento e ladrillo e con grandes proxecto que disparaban o seu prezo. Sempre poño como exemplo ese auditorio que empezou valendo 2,5 millóns de euros e xa vai nos 5,5.

O BNG dentro dese acordo queda con dúas áreas esenciais para o proxecto de cidade: urbanismo e mobilidade. Hai algún proxecto que xa teñades en mente para estas áreas?

O modelo de concellos BNG o queremos poñen en marcha en Ribeira. Cuestións tan básicas como que as persoas poidan desfrutar dunha zona verde a poucos metros da súa casa. Cando estabamos na oposición presentamos un ambicioso proxecto que se chamaba Reverdecer Ribeira que era un proxecto para aumentar as árbores e as zonas verdes no centro urbano, pero tamén o queremos trasladar as parroquias. 

Hai outra cuestión básica para garantir a accesibilidade universal que son as plataformas únicas. Queremos rachar con esas barreiras arquitectónicas tan acuciantes como as que hai en barrios como nas Abesadas ou incluso nas parroquias que hai espazos que son completamente inaccesibles. A principal rúa que da acceso a Aguiño é inaccesible a día de hoxe. Xa vemos que son cuestións nas que non hai que desenvolver grandes recursos económicos para garantir unha calidade de vida boa. Igual que queremos  facer pequenas cousiñas que poden facilitar o día a día da xente, como pode ser poñer fontes e parques público e aseos públicos.

Falemos de vivienda. En Ribeira, dacordo con censo do INE hay 4.521 viviendas baleiras, case un terzo do parque inmobiliario total. Cómo se mobiliza esas viviendas cando o aluger están á alza?

Eu como persoa moza de Ribeira xa padecín os problemas de alugueiro. A min cando me emancipei dixéronme que podía emanciparme entre setembro e xuño e cando lles preguntaba que facía no verán, as persoas propietarias deses pisos decíanme que podía volver a casa dos meus pais. Ese é o modelo ó que nos aboca tanta turistificación, tantos pisos turísticos que non dan un valor engadido ó noso Concello. Penso que temos que cambiar ese modelo e priorizar que o turismo sexa de calidade, que gaste e consuma nos nosos comercios na nosa hostelería.

Creo que dende o Concello o que podemos facer é poñer a disposición terreos públicos para que a Xunta poida desenvolver vivenda de protección oficial en réximen de alugueiro para calquera familia que necesite alugar un piso asequible. 

Unha segunda cuestión que o BNG estamos reclamando a nivel nacional é que eses pisos que ten a Sareb, o banco malo que xa foi pagado con fondos públicos, reverta á Xunta de Galicia, que pasen a ser patrimonio de todos os galegos. En Ribeira temos unha gran cantidade deses pisos que están baleiros e que poderían facilitar ese alugueiro que necesitamos.

Estamos nunha etapa de reindustrialización, cal é o papel de Ribeira na industria, non só na cidade senón tamén na comarca de O Barbanza?

Temos que sacar peito de que O Barbanza, e Ribeira como cabeza de comarca, ten unha industria conserveira moi forte, moi potente. Un sector do mar que por exemplo en Ribeira é o 32% do PIB do noso Concello. Polo tanto, é un sector decisivo e fundamental para toda a economía ribeirense, porque se hai peixe na lonxa o mariñeiro vai comprar ao comercio local, ese comercio vai verse nutrido por eses recursos económicos e polo tanto temos que seguir potenciando que haxa industria que se asente aquí. 

Pero para iso temos que desenvolver ese polígono industrial que non temos en Ribeira. Quero lembrar que durante os 32 anos de gobernos do Partido Popular foron incapaces de crear un só metro de chan industrial. Dende o BNG cando gobernamos na Xunta de Galicia deixamos preparado o proxecto un polígono comarcal de preto de un millón de metros cadrados. 

Nós queremos materializar ese proxecto onde asentar empresas porque quero lembrar que industrias como Cerqueiras SA tiveron que marchar de Ribeira creando 300 postos de traballo en Rianxo. 

Es unha persoa moza, que entraches no Concello séndoo todavía máis, fai 12 anos. Que foi o que che animou a participar na política institucional?

Eu entrei en política cando tiña 21 anos. Unha persoa moi nova pero que xa tiña as ideas moi afianzadas. Eu xa sabía que era un galego orgulloso e que quería exercer como tal. Necesitaba tamén implicarme para mellorar a sociedade galega. 

A política é a ferramenta que nos permite mellorar a calidade de vida das persoas e por eso estamos aquí. É o que me move, poder cambiar o concello para mellor. Nos últimos anos, neste paso adiante que demos, teño que recoñecer a todas as persoas que me precederon e que algunhas xa non están con nós pero que estarían orgullosas do traballo e do cambio que se está a producir en Ribeira. Hai que ser agradecido con todas esas persoas que foron facendo o camiño para que nós hoxe puidamos chegar a onde estamos.

Existe esa ilusión entre a xente máis moza ca política institucional?

A mocidade interésase pola política. É falso o de que a mocidade é pasota cos problemas que existen na sociedade. A mocidade é plural, haberá algún aos que non lles interese absolutamente nada a política pero haberá outros que sí lle interese. Política é todo. Igual non participan da política partidaria, pero cando toman decisións, cando lles afectan as decisións que se toman por parte dos gobernos… están interesados, outra cuestión é que non den o paso a participar na política de partidos ou que non se afile.

Ti eres unha persoa abertamente gay, tivo algún tipo de impacto a túa orientación na túa carreira política?

Felizmente nunca foi un hándicap. Eu non escondo a miña condición afectivo-sexual creo que hai que normalizalo e como tal son unha persoa que me gusta ser natural e desenvolver estas cuestións con naturalidade.