Touriñán, humorista, presentador y actor

Touriñán, humorista, presentador y actor Quincemil

Cultura

Touriñán e o proxecto Castelo Conta: "É como esas paellas do verán na que vas botando cousas"

A novena edición do evento celebrarase en Castelo, en Culleredo, do 19 ao 25 de agosto e contará con máis de medio centenar de actividades e 70 artistas: "Somos súper fans das verbenas, pero como todos fan iso, intentamos crear unha festa distinta"

18 agosto, 2024 05:00

Castelo Conta regresa un ano máis a Culleredo para converterse na capital da cultura no rural. A novena edición do evento celebrarase en Castelo, no concello de Culleredo, do 19 ao 25 de agosto e contará con máis de mendio centenar de actividades e 70 artistas. Xosé A. Touriñán, presentador, cómico e actor, é o director do festival, e nos conta as novidades deste ano, así como a súa relación con esta parroquia do municipio de Culleredo, en A Coruña.

Xa é a 9.ª edición. En que se centra o festival? Mantén os mesmos valores que os anos anteriores?

Cando empezamos, xunto con Álvaro, a idea era dinamizar o rural, intentando achegar cousas que nunca vai poder disfrutar a xente que vive na aldea. Sempre íamos á cidade a disfrutar dun concerto, dunha actuación, ou dun monólogo. De aí o espírito inicial.

Xa é case unha semana de festival, sempre foron tantos días?

A primeira que contamos empezou sendo unha noite: un sábado dentro das festas, que eran tres días. Fomos cambiando as orquestras por concertos, por actuacións... Mira que somos súper fans das verbenas, pero como todos fan iso, intentamos crear unha festa distinta, que foi crecendo e crecendo. 

Agora ten de todo, é como unha especie de campamento. 

É para todos os públicos: para nenos, para maiores... para a familia en xeral. Intentamos facer contidos para todo o mundo e que poida estar calquera. É verdade que ao mellor polas noites os espectáculos son máis gamberros -as cousas de noite- pero intentamos achegar a todo o mundo. Quero dicir, facer unha programación desde á mañá, con campamentos para os nenos para achegalos á natureza: ensinalos a plantar, estar con animais, impresións en tela, escultura, música... un pouco de todo.

Contades con actividades dende a mañá ata a noite, como é iso?

O único espazo onde nos quedaban cousas por facer era o mediodía. E este ano, a novidade é a sesión vermú. Convidamos a un cociñeiro dun restaurante afamado ou de varios restaurantes de toda Galicia, que son amigos case todos, coa idea de facer un vermú cada día cun grupo de música. Así o acompañaremos cunha tapa ou pincho que nos preparen estos amigos.

E se queres podes tirar todo o día alí, en que se basa a oferta?

Se queres facer o día enteiro, por semana, por exemplo, de luns a venres poderíamos dicir que desde as 14:00 da tarde ata as 00:00 da noite imos ter actividades sen parar, para que poidas pasar o día alí. Pola tarde empezan os contos de Castelo, que nace como un rolo de unión para darlle tamén voz á xente máis maior do pobo. De aí a tradición oral, a cultura rural, que nos conten como se facían antes as festas, a que xogaban, como se ligaba... Empezou sendo unha reunión, porque antes na aldea do rural esas cousas pasaban cando te xuntabas coa xente dos traballos, pois había que ir todos a coller as patacas, ao trigo ou a non sei que, e había eses tempos
de falar. En Castelo, en concreto, había un bar, a taberna era un lugar de reunión, que agora non existe.

Digamos que é unha mezcla entre os festivais de agora, pero recuperando as tradicións antigas.

É como un mostrario de todo, pero en pequeniño. Para disfrutar de Castelo durante unha semana e para facer unha festa distinta.

E por qué Castelo? 

Porque vivo alí. Os meus pais son de alí e fíxenme unha casa onde nacín. E porque Álvaro, que é o noso socio, desde chavaliño tamén estivo liado e asociado a todo o que se fai en Castelo. E por amizade e por ser próximo a nós fixemos algo rolo festas de pobo.

Pero Castelo non é só unha festa, vai máis alá.

Empezou sendo como as festas do teu pobo na que convidabas a todos os teus amigos. Primeiro a facer monólogos e agora convido a amigos que son músicos, que son tal, e agora é un festival.

A oferta cultural é moi variada, como o clasificarías?

É difícil de clasificar porque é un festival multisensorial e multicultural, nun sentido tamén de moitas expresións culturais distintas. Non é de cine, nin teatro, nin de música, é de todo. É como esas paellas do verán que vas botando cousas: arroz con cousas. Nos últimos anos lle demos un formato de programa de radio, ou especie de podcast, para que quede grabado e documentado. Liamos a compañeiros como Gayoso, Fandiño, Marta, e convertímolo un pouco en programa de tarde de radio no que tamén poida intervir xente maior, o incluso nenos. 

E falando de cifras, se espera que este ano supere o anterior?

Levounos moitos anos saber a medida na que está o festival, e xa estamos na que pode ser o máximo. Só podemos cambiar contidos e non perder a calidade e o nivel, pero de número de asistentes non podemos ir a máis. Un ano pasámonos de voltas e non é iso o Castelo. Creamos isto para que a xente que organiza, tamén disfrute a festa, que non esté traballando para outros. Facíamos festas de Panorama e París de Noia con 6.00 personas, e logo era todo correr: unha locura. A filosofía da festa cambiou porque imos disfrutar nós tamén.

Os anos anteriores medisteis ben?

O ano pasado foi todo perfecto, á medida. Cheo, pero o xusto. Hai moitas cousas que son sen entrada entón é máis difícil de calcular. Por exemplo, agora non sabemos o éxito que vai ter a sesión vermú.

As actuacións e os espectáculos que van por entradas xa están esgotadas. As primeiras 1.500 esgotáronse en menos de 48 horas.

Sí, o monólogo é o día grande, de onde nace todo.

De festas vas servido este verán, en cantas estiveches?

Este ano en moitas, pero cada vez en menos sitios porque son poucos os que me quedan. Estiven de pregonero por toda Galicia. Ao final a comedia acércate un montón á xente. Entón, ter un pregonero que poida facer que a xente se ría durante 20 minutos está ben, supoño que por iso me invitan.

Aquí con Lucas estiveches en dous, nas de Monelos e nas de María Pita.

O de Monelos foi culpa de Lucas, un día na cena da gala do deporte estábamos os dous coa presidenta da Asociación de Monelos e dixo: "Lucas tes que vir a dar o pregón, e Touriñán tamén". E Lucas dixo que si, que íamos todos.

E agora cada vez máis preto do Deportivo.

Si, a verdade que teño moi boa relación con varios xogadores do Deportivo. Dende fai tempo a manteño, un pouco menos agora quizais, pero sempre estuve alí. Eu son deportivista, e se podo botar unha man, pois encantado da vida, a min encántame. Lucas merece todo o que lle está vindo de volta. É un tipo cun corazón enorme, aínda que vaia con aires de campeón, é un tipo sensible. 

Como ves esta temporada?

Víñamos de moita euforia, e hai moitos equipos históricos e algúns que descenden de primeira división. Creo que vai ser complicado, pero pase que pase imos estar ahí.