Los humoristas y actores Touriñán y Carlos Blanco.

Los humoristas y actores Touriñán y Carlos Blanco. Quincemil

Cultura

Touriñán y Carlos Blanco: "Podes prescindir de moitas cousas, pero non de rir"

Publicada
Actualizada

Xosé Antonio Touriñán y Carlos Blanco, Mucha y Laureano Oubiña o los protagonistas de 'Somos Criminais', todas las combinaciones son correctas para presentar a estos dos populares actores y humoristas gallegos que profundizaron su relación al coincidir en la exitosa serie Fariña (basada en el libro sobre el narcotráfico gallego de Nacho Carretero) aunque ya se conocían previamente.

Blanco descubrió a Touri, como le conoce cariñosamente el público que le sigue, en un cásting que hizo para un latenight de la TVG que nunca se llegó a emitir. A pesar de eso, esa prueba le demostró al intérprete natural de Vilagarcía de Arousa que el de Castelo en Culleredo (A Coruña), valía para el humor y que además "era brillante", como él mismo califica al compañero con el que lleva años recorriendo mulitud de ciudades y pueblos gallegos con las entregas de su espectáculo conjunto 'Somos Criminais', al que entre medias se unió otro que crearon e interpretaron juntos como 'Unha noite na praia'.

El humor es el timón de sus vidas y los dos coinciden en que se puede vivir sin muchas cosas, pero no sin la risa. Su complicidad no solo se limita al escenario, que ya es como si fuera su propia casa y donde se suelen poner "trampas" improvisando en plena actuación para poner a prueba el otro, sino que también se ha extendido a lo personal.

Su estrecha relación es palpable y la complicidad salta a la vista, como pudimos comprobar en la entrevista que concedieron recientemente a Quincemil en la que hicieron un repaso de sus inicios, cómo ha evolucionado su trayectoria e incluso en la que revelaron manías personales que el público desconoce.

Esta semana en el teatro García Barbón de Vigo y la semana que viene en el Teatro Colón de A Coruña reafirmarán el éxito que llevan cosechando desde hace años por su buen hacer y su gracia natural, que como el mismo Carlos Blanco destaca, hacer reír "es un don" y ambos indudablemente lo poseen.

No es casualidad que en esta última función juntos (por el momento, porque ya avanzaron que probablemente en el futuro se de un trío cómico con David Perdomo) las entradas para las ocho sesiones en la ciudad herculina estén agotadas desde hace semanas y que en Vigo estén a punto de colgar el cartel de completo. 

Esto supone más de 25.000 espectadores en las distintas paradas que están haciendo en Galicia con 'Somos criminais e punto e final', función que gira sobre el argumento de que a pocas horas de acabarse el mundo como lo conocemos, la nave Arteixo II está a punto de despegar con unos pocos elegidos que empezarán una nueva vida en otro lugar del espacio.

Los capitanes de la nave, Blanco y Touriñán, deberán llenar una especie de Arca de Noé gallego en la que deben incluir todo el patrimonio humano, material e inmaterial más querido, para que haya otra Galicia posible.

Los detalles de este viaje interestelar y otras curiosidades los desvelan en una amena conversación en la que en numerosas ocasiones se han quitado la palabra para darse la razón o añadir anécdotas interesantes, pero donde sobre todo han reído y hecho reír:

¿Cómo foi o voso primeiro encontro?

CB: Cando nos tropezamos físicamente por primera vez foi nun casting que eu lle fixen a Xosé para un programa da TVG que nunca se chegou a facer, un late night. Presentáronse él e Perdomo e os dous me gustaron moito, pero ao final escollín a Xosé que fixo de cura que emborrachábase co viño que ía tomando en cada sitio. Pareceumne xa moi brillante nese momento e logo veu o éxito enorme de Mucha e Nucha e tropezámonos de novo traballando en Fariña. Foi alí onde lle propuxen traballar xuntos e aceptou. Pasamos varias noites xuntos en Noia durante a grabación, o culpable era Morris, éramos unha panda boa. 

T: Por gustos E por enerxía podíamos estar na mesma idade (risas), ambos somos viexóvenes. Nada máis acabar a rodaxe de Fariña puxémonos a traballar na nosa colaboración, non deixamos pasar o tempo. 

¿Cómo naceu o proxecto de 'Somos Criminais'? O éxito e indiscutible

CB: Fixen unha sección na radio fai tempo sobre que en Galicia somos unha potencia,  ironizando sobre que somos unha potetncia en crime absurdo, pasan cousas un pouco ridículas a veces, case de humor, e pareceunos material interesante para traballar. A Touriñán ocorréuselle o título, para él é moi fácil e a mín me custa máis. Temos unha boa combinación de caracteres, espontaneidade e veteranía.

A tranquilidade de Touri e eu que son un puro nervio, un fuxe, fuxe, son o primeiro que se marcha dos sitios, agóbiome rápido, mentres que Touriñán pode estar de sobremesa ata a hora que sexa e improvisar todo o improvisable do mundo, pero eu necesito ir polo libro. Esa mestura de impaciencia e paciencia, da necesidade de ter todo ben amarrado miña e o espíritu libre de Touri funcionan ben.

T: Improviso pero menos do que pensa a xente, o 95% do texto se repite igual en todas as funcións pero tamén van pasando cousas para que esté vivo o espectáculo e divertirnos nós. Intento meter en apuros a Carlos e él tamén improvisa, poñémonos a proba sobre o escenario para pasalo ben.

CB: O concepto final é xogar, o noso oficio é xogar, saír ao escenario a iso, a disfrutar, a pasalo ben, a saborealo. Quedan 19 funcións, 19 posibilidades que temos de saír a xogar, porque despois vou a estar tempo longo sen disfrutalo e sen un compañeiro que lle das a pelota e a mete pola escuadra. Hai que saír a saborear oito Colóns ata arriba, catro García Barbóns, son marabillas. O bonito é que a maior parte da xente pense que o espectáculo o inventamos no momento, porque iso é o difícil, que cando os actores dicimos un texto, como en Somos Criminais, o seu é que pareza que brota por primera vez, non memorizalo.

T: O espectáculo sempre queremos que dure entre hora e vinte e hora e media, pero nunca conseguimos menos de hhora e corenta e o noso equipo ri sempre por iso. O de Criminal para nós ten sentido positivo de eres a ostia, cómo se che ocurren as cousas etc...e nós extendímolo a tódolos galegos. Non é para nada algo malo.

CB: Para todo hai que ir con pés de plomo porque no primeiro espectáculo sen querelo ferimos a sensibilidade dunha persoa que veu ao teatro a raíz dunha noticia da prensa. Nós pretendemos facer un humor moi transversal para todos os públicos e os límites póñenos os espectadores e nós non queremos facer nada senón sacar partido cómico dunha determinada situación, se buscas a dor non é humor. Cando o público te devolve un sorriso ahí está o humor. De feito, neste espectáculo temos un sketch que xoga un poco co límite e todo o que no se pode facer, o que non se pode dicir, pasa no teatro. Xogamos ao extremo.

¿Qué queredes contar neste espectáculo de 'Somos criminais e punto e final' tan centrado noutra galaxia?

T: Remata o espectáculo, remata o mundo, temos un tempo limitado para irnos a outro planeta e o espectáculo vai de que necesitaríamos para volver a facer un planeta que fora dos galegos. 

CB: Eu levaría a Touri pero non a gatos porque non me gustan, non fan falta, son innecesarios, pero sobre todo levaría o humor.

T: E a familia tamén, moi importante.

"Na miña vida de neno non imaxinaba ser artista, humorista, cómico, actor.."

Xosé Antonio Touriñán

¿Cando a vosa cabeza fixo ese click de que o voso camiño estaba no humor?

CB: Eu creo que é un don, tes que nacer con iso, non se aprende. Fun consciente de moi rapaz disto tendo 4 ou 5 anos, cando contei uun chiste na parroquia e todo o mundo morreu de risa e chamoume a atención. Estou moi orgulloso da miña profesión, intentei durante moitos anos ser un actor serio e shakespiriano ata que me dixen que estaba facendo o idiota porque tiña un don natural para facer rir e tiña que sacarlle partido. Foi na radio cando decidín deixarme de parvadas e dedicarme a facer rir á xente. Quen non se quere rir? Nós terminamos o espectáculo diciendo iso, porque podes prescindir de moitas cousas, pero de rir non.

T: Na miña vida de neno non imaxinaba ser artista, humorista, cómico, actor...e na miña casa ata foi unha sorpresa que faga o que fago, ata para min. De donde sacas iso? preguntábame a xente, non era o gracioso da clase, era o liante para cousas ou o primeiro que organizaba, o delegado, pero non iso. Emepecei xogando con Marcos Pereiro cando fixemos no instituto teatro universitario na Laboral e no momento no que sintes un espectáculo ao terminar unha función de comedia e os agradecementos da xente sentes ese gusano, esa droga que che empeza a recorrer por dentro. Non era consciente de que este podería ser o meu oficio, nunca, ata que comenzaron a pagarme.

Chamábanme de tantos sitios que fixei a idea de que era o meu oficio, é unha profesión marabillosa e encántame actuar, pero tamén producir, dirixir, escribir...encántame integrar calqueira parte desta profesión. As personaxes de Mucha e Nucha creámolas nós de broma un día das Letras Galegas fai 22 anos e chamábamos de bares, cafeterías, teatros pequenos, asociacións de veciños...e logo en TVG estivemos no Supermartes e Luar e neste último foi o boom.

CB: O que fai escola é iniciarse nos bares, ese público esixente que como o aburras prefiere a caña que a ti, hai que facerlles que non estén pendentes do cubata senón ríndose contigo. No pub Atlántico de Compostela todos os luns había humor con personaxes destacados do panorama galego, primeiro a xente da narración oral e logo veu a stand up comedy que é algo máis moderno, o Clube da Comedia. Ademais son fanático e devoto de Gila, que era un tipo xenial, que facía monólogos cun teléfono. Segue sendo un referente e non foi superado aínda.

Agora estades afeitos a chear teatros, ¿pero isto era igual nos vosos inicios?

T: Recordo unha vez que actuei en Lugo cando empecei para cinco persoas ou seis durante dúas horas e aínda así foi dos mellores bolos da miña vida. Polo demais afortunadamente non recordo un fracaso, unha mala resposta do público.

CB: Lembro noites de volver para casa e dicir que non valía para isto e cando era máis ou menos coñecido Budiño e eu en Baiona tivemos cero espectadores. Chegamos, armamos o tinglado e non apareceu ninguén. Pasoume de todo, desde un tipo dun bar cheo pedirme que tardase unha hora en empezar para ir despachando bebidas e de chegar case ás mans ou xente que pedía descanso dunha hora para vender máis copas. 

T: Hai catedrais do humor como o Atlántico en Santiago, o Clavi en Lugo, o Aturuxo en Bueu, a Pousada das Ánimas en Ferrol. Son locales que respetan primeiro ao artista, non son só hosteleiros.

CB: A clave é pagar unha entrada, porque cando a xente fai iso pon atención e se pagan 5 euros poñen cinco euros de atención e se poñen 50, 50 de atención. Moitas veces eu fago actuacións para empresas e eventos privados e cambia por completo o público, hai sempre un 20% que se lle impuxo a túa presenza alí e ti estás molestando na sobremesa.

Por isto procuro non facer ese tipo de actuacións, aínda que ás veces non queda outra. Incluso ao longo dos anos conseguín que concellos que non tiñan nas súas ordenanzas municipais o de cobrar unha entrada se convenceran de que o que é gratis non se valora. Propuxen en ocasións pagar cinco euros solidarios e que logo fosen donados a asociacións que o precisen.

Son moitos anos de profesión, de chegar tarde a casa, non creo que haxa aldea de Galicia que non teña percorrido, se poño unha chincheta en cada concello non me queda case ningún sen actuar. Hai que respetar a veteranía, non pagas por kilómetro ou por tempo, pagas pola experiencia.

Touriñán y Carlos Blanco

Touriñán y Carlos Blanco

¿Seguides disfrutando coma o primeiro día do efecto chamada que producides?

T: Sempre pensamos no espectador, que quere divertirse, e a miña mentalidade é acudir aos sitios para facer a vida da xente un pouco máis feliz durante hora e media. A xente que vén a vernos quere disfrutar e o dos teatros cheos é verdade que case sempre o vivín e foi sensación extraña que algunhas cousas que fixen non chearon. Hai que ter presente que non é doado conseguilo con calquera cousa quie fagas.

O que vai pasar en Coruña de oito funcións seguidas cheas é unha pasada, non sei se haberá máis datas na cidade máis adiante pero é a ostia, é incrible e crer fixo que vas facer iso é de imbeciles. Hai que valorarlo porque é a ostia, unha pasada, hai que saborealo, non te podes acostumar.

CB: Non podemos esquecer que esas 800 persoas que están ahí fixeron o esforzo de acudir a verte e teñen a expectativa de que lles temos que facer rir, que van pasar unha tarde guay. Debemos facer camisetas coa frase "facía tempo que non me ría tanto" porque non hai mellor agradecemento. Touri e eu pasámonos un ano reuníndoos, mes e medio ensaiando e recorrendo Galicia, reventados, compaxinando isto con outros proxectos, sempre cun equipo de cinco persoas ao noso capricho, e todo é por iso.

Ver aos compañeiros do equipo tronchados de risa é moi bonito, chegan as 10 da mañá e marchan de madrugada despois de completar xornadas de 12 horas pero encantados e felices proque se nota. O espectáculo non facémolo sós, senón que tamén eles nos dan ideas porque ven os ensaios e a función 60 veces.

Segredos ou supersticións antes de saír ou sobre o escenario

T: Ás veces compartimos camerino e no lado de Carlos hai fruta, unhas améndoas e chocolate negro e no meu un paquete de donetes raiados brancos porque dixen que estaban bós e os tiña na miña mesa todos os días. Carlos estase cuidando moito, de feito fai ayuno.

CB: Somos moi mimados polos compañeiros e complácennos en todo, e moitas veces nos descansos entre funcións tráennos de comer. Xosé é moi sibarita e adora o pan, é super esixente co pan, por ser de Carral non lle vale calquera, para él co pan non se xoga. Eu son de chegar 10 minutos antes e Touri 10 minutos despois. Él é tranquilo,  por iso chega así.

T: Carlos deixou de fumar pero antes a dous minutos de empezar siempre apuraba un pitillo e incluso ía lavar os dentes. Tamén no escenario que pasen cousas sempre é bo e intentamos que o público nóteo e xogar con iso. Un exemplo é que falle o micro ou cambiamos os textos sobre a marcha, segundo o día, non vamos a pé.

Incluso nesta última función o día da estrea cando comezamos aparece un vídeo e temos tres minutos para cambiarnos. Nese intre comentamos entre os dous que notábamos que non fluía o espectáculo co público e mirámonos e dixemos "imos a levantar isto". Afortunadamente nunca pasou máis e foi ben, pero comezaramos tan ideal no día anterior que queríamos conseguir o mesmo, esas risas grandes en determinadas partes do espectáculo. 

"A gran maioría do público pensa que na nosa vida normal somos coma no escenario e sorprendentemente Touri nunca o verás facer a mona salvo en confianza"

Carlos Blanco 

Límites entre o personaxe e a persoa

CB: A gran maioría do público pensa que na nosa vida normal somos coma no escenario e sorprendentemente Touri nunca o verás facer a mona salvo en confianza. Podemos estar nunha mesa 12 comendo e esta calado, non necesita ser o centro de atención nin levar o peso da conversación, escoita moito e non o esperas como secundario na vida persoal despois de velo no escenario.

T: Eu sí que noto que a xente pensa que serei moi gracioso e simpático nunha comida e a xente invitate a cousas e tal e pensa que vai ser guay, pero son unha persoa normal, ata sosa, porque prefiero escoitar que é como máis aprendo. A cear invito a que se faga con Carlos.

Planes profesionais de 2025

CB: Non teño ningún proxecto á vista, que é unha frase que debemos dicir os actores de vez en cando. Neste momento non teño ninguna oferta de traballo, nin serie, nin película e non me preocupa o máis mínimo. Teño un proxecto dun espectáculo para 2026, pero levo moitos anos traballando moitisimo e se de repente vén 2025 con tempo para min, para viaxar, para descansar, para ler... que sexa benvido. Aínda que se Xosé di que lle damos a volta a un espectáculo sabe que vou dicirlle que sí, porque con él son feliz e o espectáculo quedou redondo.

T: Temos produtora audiovisual e andamos seguido inventando, tamén teño pensado volver a traballar con Perdomo no teatro e incluso no futuro traballar os tres, saír cun espectáculo coa premisa de que nin nós saberemos o que vai pasar, improvisar. Ademais, sairá a segunda temporada dunha serie de Netflix na que participo, en resumo, vou ter lío e cousas, é a miña rutina, pero teño que organizarme mellor para ter pausas e tempos.

Xa teño en mente tres ou catro lugares para viaxar coa familia e o resto vou a estar currando seguido porque gústame moito. As produtoras están empezando a medrar con proxectos audiovisuais para público infantil na TVG, productos audiovisuais onde non se necesita a Touri desde a productora, pero en cambio sí a miña presenza no teatro.