Vegalsa-Eroski reforza o seu compromiso con Galicia e impulsa a sostibilidade dos seus produtores
A compañía de distribución galega lanza un programa que ten como obxectivo acompañar a súa rede de provedores locais na mellora das prácticas medioambientais, sociais e de goberno corporativo que aplican nas súas empresas
25 julio, 2023 05:00Contenido patrocinado
Vegalsa-Eroski pon en marcha un programa ao servizo da súa rede de provedores locais de Galicia que ten como obxectivo acompañalos na mellora das prácticas medioambientais, sociais e de goberno corporativo que aplican nas súas empresas, seguindo criterios ESG. Estas siglas -que responden en inglés ás palabras Environmental, Social e Governance– fan referencia ós factores que converten a unha compañía en sostible a través do seu compromiso social, ambiental e de bo goberno.
“En Vegalsa-Eroski damos un paso adiante no apoio a nosa rede de máis de 1.000 provedores locais a través dun programa pioneiro coma este, no que os convidamos a traballar xuntos en materia de sostibilidade social e medioambiental, unha inquietude compartida tamén co consumidor actual. As compañías de distribución somos unha peza clave na tracción do sector agroalimentario. Conscientes deste compromiso, en Vegalsa-Eroski reforzamos o noso apoio mediante o impulso das producións locais en materia de sostibilidade, un dos nosos eixos estratéxicos”, explica o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa.
Un programa con continuidade
O programa de acompañamento foi presentado recentemente a preto de 300 provedores galegos nun acto virtual que contou coa participación da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Sagrario Pérez Castellanos. Ademais, o proxecto foi presentado por directivos da compañía á vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, quen valorou de forma positiva esta iniciativa. En ambas presentacións déronse a coñecer os principais obxectivos que se perseguen con este plan, que son un maior coñecemento e compromiso coas empresas provedoras locais de Vegalsa-
Eroski e o seu entorno, proporcionar formación e apoio para unha mellora continua, acompañar e guiar cara unha maior calidade dos produto ademais dun mellor comportamento ambiental e social e acadar unha maior transparencia na cadea de suministro.
O proxecto atópase actualmente na súa primeira fase de diagnóstico, no que o obxectivo principal é identificar o estado de situación nos diferentes aspectos de calidade e sostibilidade dos produtores galegos para axudarlles na mellora continua. Para isto, enviouse xa ós 300 provedores un formulario online con cuestións sobre aspectos sociais e de bo goberno. Tras recibir a información, Vegalsa-Eroski porá en marcha a segunda fase, o informe de diagnóstico, co obxectivo de comunicar a cada produtor o seu estado de situación coa identificación de posibles áreas de mellora. Posteriormente, detectados estes puntos, a compañía de distribución levará a cabo a terceira fase, a de formación, a través de webinars, boletíns e xornadas para facilitar ós produtores a capacitación dos seus traballadores e o desenvolvemento de melloras nos seus produtos e procesos.
Este programa de acompañamento será de carácter continuado para dispor dun diagnóstico actualizado e proporcionar contidos de interese variados no tempo.
Compromiso cos produtores locais
Un dos eixes estratéxicos de Vegalsa-Eroski é o compromiso coa xeración de valor nas contornas nas que ten presenza, o que se traduce nunha grande aposta polos seus provedores locais. En 2022, a compañía traballou con 1.113 produtores de proximidade, o que supón que 1 de cada 2 provedores cos que que colabora é de ámbito local. A inversión en compras locais situouse en 455 millóns de euros, un 14% máis que en 2021, representando, aproximadamente, o 40% das súas compras.