Galicia consolídase en Fitur
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fai un balance da presenza da comunidade na feira internacional de turismo, onde se realizaron 54 presentacións nas que se puxeron en valor os recursos, produtos e iniciativas de calidade que ofrece esta terra aos visitantes
Gracias a participación de Galicia nesta nova edición de Fitur, a número 43, a nosa comunidade consolidouse como un dos maiores referentes do sector turístico español. A través do noso stand, amosamos que o destino Galicia está á vangarda do que actualmente esta a ser demandado. Amosamos a nosa comunidade como un exemplo de destino sostible, de calidade e con iniciativas turísticas de recoñecemento internacional, como ben amosa o outorgamento do premio Excelencias aos Concertos do Xacobeo e o premio da Feira de "Stand Sostible".
Así, nesta edición da Feira Internacional de Turismo levamos a cabo 54 presentacións mediante as cales demos a coñecer os recursos, produtos e novidades nos que traballamos tanto dende a administración autonómica como dende os concellos, deputacións e xeodestinos, visibilizando a través delas o mellor da nosa terra. Visibilizando a beleza e os recursos de Galicia.
Especial relevancia tivo, durante os cinco días de duración da feira, a calidade enogastronómica coa que contamos na nosa comunidade. Esta expúxose a través da presentación das iniciativas levadas a cabo dentro do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, que se desenvolverán no horizonte 2023-2025 para promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel.
Como directora de Turismo de Galicia síntome enormemente satisfeita dos resultados acadados durante a celebración de Fitur. Satisfeita de ter a capacidade de mostrar todo aquelo que tanto orgullo nos achega aos galegos. Orgullosa de, un ano máis, mostrar Galicia como un destino inigualable.